Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua e Sociedade Código 613G01048
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio da interacción entre lingua e sociedade en diversos niveis, con especial atención ao estudo das situacións de contacto de lenguas e á incidencia de factores sociais na configuración das actitudes e das ideoloxías lingüísticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o panorama histórico, teórico e metodolóxico da Sociolingüística A1
A2
A3
A4
A5
A9
A11
A20
A21
A22
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
Coñecer diversas situacións de contacto de linguas A1
A2
A4
A5
A9
A20
A21
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C1
Coñecer a relación entre a diversidade lingüística e distintos factores sociais A1
A2
A4
A5
A9
A20
A21
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C1
Coñecer como afectan diversos factores sociais ás actitudes e ás ideoloxías lingüísticas A1
A2
A4
A5
A9
A14
A15
A20
A21
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C1
Organizar e expor contidos propios do campo sociolingüístico de forma adecuada e eficiente, adoptando unha perspectiva interdisciplinar ampla e crítica, en constante revisión. A4
A5
A8
A9
A11
A23
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Algúns conceptos básicos. Lingua, dialecto, sociolecto, rexistro, comunidade de fala, repertorio lingüístico, competencia comunicativa etc.
Delimitación teórica e histórica da Sociolingüística. Ámbito da Sociolingüística. Diversidade de enfoques. Orixes.
Distribución espacial e social da diversidade lingüística e diversas configuracións que adopta. Solucións comunicativas nos espazos tradicionalmente multilingües.
A estandarización das linguas como técnica e como ideoloxía.
As linguas internacionais.
A constitución dun sistema lingüístico e comunicativo mundial.
As situaciones de diglosia.
As peculiaridades dos pidgins e crioulos etc.
Estudo específico do bilingüismo nas súas dimensións individual e social. Dimensións do bilingüismo. A conduta bilingüe.
Factores que inflúen no mantemento e na substitución das linguas. Revisión crítica dos factores que hipoteticamente inciden no mantemento e substitución das linguas. Análise crítica do discurso sobre este tema.
A morte das linguas: revisión dos prognósticos efectuados para este século e análise dalgúns casos de revitalización. Análise crítica do discurso sobre a "morte" das linguas. Estudo dalgúns casos de revitalización.
Usos lingüísticos na comunidade plurilingüe. Interferencias, alternancia de códigos, interlingua, fala estranxeira etc.
Actitudes e ideoloxías lingüísticas. Que son, como se manifestan, como inflúen e como se investigan.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A11 A14 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C6 C7 14 9.5 23.5
Lecturas A1 A2 A3 A11 A14 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C6 C7 0 28 28
Recensión bilbiográfica A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 1 18 19
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 1 14 15
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 1 0 1
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 14 8 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia, e resolverá as dúbidas que os estudantes teñan sobre os contidos das lecturas encomendadas.
Lecturas As lecturas proporcionarán ao estudante a maior parte dos contidos do curso. O primeiro día de clase entregarase a relación de lecturas obrigatorias. As lecturas poden estar en diversos idiomas, fundamentalmente galego, castelán e inglés (bastantes lecturas estarán en inglés.) O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración. Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Recensión bilbiográfica O estudante deberá realizar informes de lectura ou recensións bibliográficas. Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas.
Traballos tutelados O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento do traballo.
Proba mixta É unha proba de tipo teórico e aplicado que se realizará ao final de curso. Só a poderán facer os estudantes que cursen a materia por segunda o máis veces, ou que conten con dispensa académica; non a farán todos os estudantes. Véxase o apartado de "Observacións" á avaliación.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos...: todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias. Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación"; ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas."

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Obradoiro
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
O profesor fará un seguimento personalizado do/a estudante, observando fundamentalmente a súa participación, desempeño e integración no traballo colaborativo do grupo.
Atenderá personalizadamente ao estudante nas titorías, sobre todo para a realización do traballo tutelado, os informes de lectura (ou recensións bibliográficas) e a proba mixta. Tanto o/a estudante como o profesor poderán propor unha titoría individualizada cando o consideren necesario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar informes de lectura (recensións bibliográficas). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos... Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación" (10%); ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) poderán avaliarse especificamente no apartado de actividades realizadas (ata un 60%). 34
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. Ademais, se as circunstancias o permiten, deberá expoñelo e defendelo. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 Só realizarán esta proba os estudantes que conten cunha dispensa académica oficial ou cursen a materia por segunda ou máis veces. Nestes dous casos, a cualificación da proba mixta substitúe parte da do apartado de recensións e actividades (60%) e a de asistencia e participación (10%). De consideralo conveniente o profesor, tamén substitúe a do apartado "Traballo tutelado" (30%). Terá un valor, polo tanto, do 30-70%. 1
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño 2019) responderá á seguinte distribución porcentual:

1.1. Un 60% responderá a recensións bibliográficas e actividades realizadas dentro e fóra da aula, grupais e/ou individuais, no marco dos obradoiros. Este apartado comprenderá 4 tarefas como moito, que entregarán no lugar, data e co formato que se indiquen.

1.2. Un 30% responderá ao traballo tutelado que o/a estudante realizará sobre un tema determinado polo profesor, incluíndo a súa posible exposición e defensa, así como os materiais desenvolvidos para a transmisión dos contidos aos restantes participantes no curso.

1.3. Un 10% responderá á asistencia e participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

1.4. Quen teña unha dispensa académica oficial ou curse a materia por segunda ou máis veces, realizará unha proba mixta na data e hora oficiais establecidas polo centro ao final do segundo cuadrimestre. Esta cualificación substituirá parte da do apartado 1.1 (aquelas actividades que non podan realizarse estando ausente da aula) e a do 1.3; de consideralo conveniente o profesor, tamén substituirá a do 1.2 (representará entre o 40 e o 70% da cualificación final).

1.5. Recibirá a cualificación final de Non Presentado quen entregue menos do 50% das tarefas do apartado 1.1 (ou, de ser o caso, non realizara a proba mixta); ademais, deberá non ter realizado o traballo tutelado (ou, de ser o caso, a proba mixta).

1.6. Os traballos, actividades ou informes/recensións nos que se detecte copia total
ou parcial serán cualificados
con cero puntos, e mesmo poderán supoñer o suspenso global na materia. Os entregados fóra de prazo sufrirán unha redución
considerable na cualificación ou mesmo serán computados na 2.ª oportunidade
de xullo.

1.7. Superará a materia quen obteña unha cualificación mínima global de 5.00, sempre que realizara o traballo tutelado (ou a proba mixta) e entregara polo menos a metade dos informes/recensións e das actividades (ou a proba mixta).

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2019).

2.1. O
reparto porcentual será idéntico ao da 1.ª oportunidade, e conservaranse as cualificacións de aprobado obtidas nela. Os
estudantes deberán realizar as actividades, informes/recensións e traballos
encargados (ou os que os substitúan) que non realizaran ou superaran no seu momento.

2.2. Quen debera realizar a proba mixta e non a superara, deberá facelo na data de xullo establecida polo centro.

2.3. Quen recibira unha cualificación inferior a 5.00 no apartado de "Asistencia e participación", recibirá un 40% polo traballo titorizado.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2018).

3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns
poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a
documentación pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a
avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación. Recoméndase que o/a estudante contacte o antes posible co profesor se desexa presentarse a esta oportunidade.

4. USO DE FERRAMENTAS ANTIPLAXIO.

O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación algunha polo traballo afectado ou a cualificación de suspenso na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica


Manuais

Appel, René & Pieter Muysken (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix.: Language Contact and Bilingualism. London: Edward Arnold, 1987.]

Bell, Allan (2014). The Guidebook to Sociolinguistics. Malden, MA & Oxford: Wiley Blackwell.

Blas Arroyo, José Luis (2005). Sociolingüística del español: desarrollos y perspectivas en el estudio de la lengua española en contexto social. Madrid: Cátedra.

Chambers, J.K. (20032). Sociolinguistic Theory: Linguistic Variation and its Social Significance (= Language in society; 22). Oxford: Blackwell.

Coulmas, Florian (2005). Sociolinguistics: The study of speaker's choices. Cambridge: Cambridge University Press.

Fasold, Ralph (1996[1984]). La sociolingüística de la sociedad. Madrid: Visor.

Holmes, Janet & Nick Wilson (20175). An Introduction to Sociolinguistics (= Learning about language). Harlow, Essex: Pearson Education - Longman.

López Morales, Humberto (20043). Sociolingüística. Madrid: Gredos.

Mesthrie, Rajend (ed.) (2011). The Cambridge Handbook of Sociolinguistics (= Cambridge Handbooks in Language and Linguistics). Cambridge: Cambridge University Press.

Mesthrie, Rajend, Joan Swann, Andrea Deumert & William L. Leap (20092). Introducing Sociolinguistics. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Meyerhoff, Miriam (2006). Introducing Sociolinguistics. London & New York: Routledge.

Meyerhoff, Miriam & Erik Schleef (eds.) (2010). The Routledge Sociolinguistics Reader. London & New York: Routledge.

Moreno Fernández, Francisco (20094). Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje (= Ariel Letras). Barcelona: Ariel.

Romaine, Suzanne (1996). El lenguaje en la sociedad: una introducción a la sociolingüística. Barcelona: Ariel [Orix. inglés: Language in Society: An Introduction to Sociolinguistics. Oxfod: Oxford University Press 1994. Hay 2.ª edición en inglés.]

Silva-Corvalán, Carmen (1989). Sociolingüística: teoría y análisis. Madrid: Alhambra.

Stockwell, Peter (2002). Sociolinguistics: A Resource Book for Students (= Routledge English Language Introductions Series). London / New York: Routledge.

Wardhaugh, Ronald & Janet M. Fuller (20157). An Introduction to Sociolinguistics (= Blackwell Textbooks in Linguistics; 4). John Wiley & Sons. [Hay versión en gallego de la primera edición.]


Metodoloxías e técnicas de investigación

Heller, Monica, Sari Pietikäinen & Joan Pujolar (2018). Critical Sociolinguistic Research Methods: Studying Language Issues That Matter. London & New York: Routledge.

Hernández Campoy, Juan Manuel & Manuel Almeida (2005). Metodología de la investigación sociolingüística [prólogo de Peter Trudgill] (= Estudios de Lengua Inglesa; 12). Málaga: Editorial Comares.

Holmes, Janet & Kirk Hazen (eds.) (2014). Research Methods in Sociolinguistics: A Practical Guide (= Guides to Research Methods in Language and Linguistics; 5). Malden, MA & Oxford: Wiley Blackwell.

Krug, Manfred & Julia Schluter (eds.) (2013). Research Methods in Language Variation and Change. New York: Cambridge University Press.

Lawson, Robert & Dave Sayers (eds.) (2016). Sociolinguistic Research. Application and Impact. London: Routledge.

López Morales, Humberto (1994). Métodos de investigación lingüística (= Biblioteca filológica; 1). Salamanca: Colegio de España.

Mallinson, Christine, Becky Childs & Gerard van Herk (eds.) (20182). Data Collection in Sociolinguistics: Methods and Applications. London & New York: Routledge.

Meyerhoff, Miriam, Erik Schleef & Laurel MacKenzie (eds.) (2015). Doing sociolinguistics: A practical guide to data collection and analysis. London & New York: Routledge.


Outras obras

Aitchison, Jean (1993). El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel, 1993. [Orix. Inglés: Language Change: Progress or Decay? London: Fontana, 1981.]

Amorós Negre, Carla (2014). Las lenguas en la sociedad (= Claves de la lingüística). Madrid: Síntesis.

Aronin, Larissa (2012). Multilingualism. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.

Bernárdez, Enrique (1999). ¿Qué son las lenguas? (= Filología y Lingüística. Ensayo). Madrid: Alianza Editorial.

Blommaert, Jan (2010). The sociolinguistics of globalization. New York: Cambridge University Press.

Calvet, Louis-Jean (2004[1999]). Por unha ecoloxía das linguas do mundo. Ames: Laiovento. [Orixinal en francés: 1999].

Coupland, Nikolas (ed.) (2010). The Handbook of Language and Globalization. Malden, MA: Wiley-Blackwell.

Del Valle, José (ed.) (2007). La lengua ¿patria común? Ideas e ideologías del español. Frankfurt / Madrid: Iberoamericana / Vervuert.

Edwards, John (2010). Minority Languages and Group Identity: Cases and Categories. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.

Garrett, Peter (2010). Language Attitudes. New York: Cambridge University Press.

Hall, Christopher, Patrick H. Smith & Rachel Wicaksono (2011). Mapping Applied Linguistics: A Guide for Students and Practitioners. London / New York: Routledge.

Halliday, M. A. K. (2009). Language and Society. London: Continuum.

Hickey, Raymond (ed.) (2010). The Handbook of Language Contact (= Blackwell Handbooks in Linguistics). Malden, MA & Oxford: Wiley-Blackwell.

Mesthrie, Rajend (ed.) (2001). Concise Encyclopedia of Sociolinguistics. Amsterdam: Elsevier Science Ltd.

Martin-Jones, Marilyn et al. (eds.) (2011). The Routledge handbook of multilingualism. New York: Routledge.

Milroy, Lesley & Matthew Gordon (2003). Sociolinguistics: Method and Interpretation (= Language in Society; 34). Oxford & Malden, MA: Blackwell Publishing.

Milroy, Lesley (1989). Language and Social Networks. Oxford: Basil Blackwell.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2016). Multilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Síntesis.

Paulston, Christina Bratt & G. Richard Tucker (2003). Sociolinguistics: The Essential Readings. London: Blackwell.

Swaan, Abram de (2001). Words of the world: The global language system. Cambridge: Polity Press.

Swann, Joan et al. (2004). A dictionary of Sociolinguistics. Tuscaloosa: University of Alabama Press.

Wei, Li & Melissa G. Moyer (eds.) (2008). The Blackwell Guide to Research Methods in Bilingualism and Multilingualism. Malden, MA: Blackwell.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao profesor para aclarar calquera cuestión ao respecto. Para que o estudante aproveite mellor esta materia, é importante que:

1. Realice puntualmente as lecturas, recensións e actividades encomendadas; estas deben entregarse no día fixado.

2. Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos/as outros/as estudantes. Traballe colaborativamente cos seus compañeiros/as.

3. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos.

4. Nas exposicións escritas, débense ter moi en conta a corrección ortográfica, o estilo e a adecuación expositiva. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías