Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura e Cultura Código 613G01049
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo comparado da literatura e a cultura. A materia céntrase na cultura da memoria e ocúpase dun estudo de caso e traballo de campo (A "Fundación Wenceslao Fernández Flórez" ou a "Casa-Museo Emilia Pardo Bazán", etc.) para coñecer a función social das Casas-Museo dos escritores e escritoras como lugares de memoria literaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno debe coñecer os principios da Semiótica da Cultura e teorías afíns que insiren os estudos literarios nun ámbito superior e complexo como é o da cultura A1
A2
A3
A11
A14
B1
B2
B3
B5
B8
B9
C3
C6
O alumno debe ser capaz de aplicar a investigación en literatura comparada con la realidad de su ámbito vital, histórico y artístico A1
A2
A3
A11
A15
A21
A22
A23
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
C1
C6
C8
O alumno debe ser capaz de valorar a memoria sociohistórica e literaria da súa contorna vital e de poñela en relación con outros ámbitos distantes no tempo e no espazo para acadar unha interpretación universal dos casos de estudo comparado aos que se enfronta A11
A14
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C6
C8
O alumno debe coñecer as linguas e literaturas castelá, galega, portuguesa e inglesa, así como posuír algúns coñecementos doutras linguas e culturas para poder investigar no campo da literatura comparada A7
A13
A15
A16
A17
A18
A19
A20
C1
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura e literatura como obxectos de estudo das ciencias
humanas.


1.1. Os estudos literarios
1.2. A Literatura como Institución social.
1.3. O sistema literario como parte da cultura.




2. Cultura, memoria e literatura

2.1 O papel da memoria na formación das culturas.
2.2. A memoria e o esquecemento como fenómenos
individuais e colectivos.
2.3. Os lugares da memoria
2.4. Tradición e ruptura na memoria do sistema literario.
3. Estudo de caso: Fundación ou Casa-Museo de autor ou autora

3.1. O estudo de caso como método de investigación:
realidade próxima e traballo de campo.
3.1.1. O local e o universal: A contextualización socio-literaria.
3.1.2. Análise do caso escollido: un lugar de memoria literaria.
3.2. Conclusións. A función social da memoria literaria hoxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A11 B3 B5 B8 C1 C6 12 24 36
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 4 8 12
Estudo de casos A2 A7 A13 A14 3 6 9
Análise de fontes documentais A3 A7 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B9 C3 C6 4 22 26
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A11 A23 B3 B4 B5 C1 C6 2 2 4
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A11 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 2 1.5 3.5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 C6 C8 4 16 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O docente explicará na aula os contidos principais da materia. Inclúense dúas sesións máis sobre a orientación teórica do método chamado "estudo de caso", que servirán como introdución á práctica comparatista.
Presentación oral Os alumnos presentarán na aula os traballos realizados
Estudo de casos Para aplicar á práctica o estudo comparado da cultura e a literatura, se centrarán os estudantes en analizar casos reais e achegados, para o cal se realizarán visitas á Casa-Museo ou Fundación elixida para cursar a materia. Para o estudo de caso acudirán a todo tipo de documentación e ferramentas de análise.
Análise de fontes documentais Realizar procuras bibliográficas a traves das redes, busacar fontes orais (entrevistas) e documentais de procesos culturais da actualidade.
Obradoiro Traballo na aula, seguido e orientado polo docente
Aprendizaxe colaborativa O método de traballo na aula conleva ese tipo de aprendizaxe
Traballos tutelados
Os estudantes realizarán na aula e fóra dela, como tarefa autónoma, un traballo no que irán aplicando o aprendido durante o curso, valorando o que é cientificamente pertinente er manexando a tecnoloxía necesaria para ordenar a información.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor atenderá na aula e nos horarios de titorías ao estudante

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A11 B3 B5 B8 C1 C6 Valorarase a asistencia, atención e participación nestas clases. 20
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 C6 C8 Valorarase a elaboración continuada do traballo, a comunicación ao docente das dificultades e avances ao longo do proceso, o uso de axeitadas fontes de documentación e o tratamento coherente da información. 50
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) realizarase nos últimos días do curso. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega dese traballo tutelado, axeitadamente deseñado e impreso. Será considerado NP o alumno que non o entregue. 

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro), deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Os traballos deben expoñerse e redactarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Ricoeur, Paul (2003). La memoria, la historia, el olvido. Madrid: Trotta,
Pujante, David (2003). Manual de retórica . Madrid: Castalia
Yates, Francis A. (1966). El arte de la memoria. Madrid: Siruela. 2ª ed., 2011
Fernández Flórez, Wenceslao (1943). El bosque animado. Madrid: Espasa-Calpe
Fernández Flórez, Wenceslao (1932). El hombre que compró un automóvil. Madrid: Anaya, 1985 e ss.
Halbwachs, Maurice ( 1950). La memoria colectiva. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2004
Fernández Flórez, Wenceslao (1927). O ilustre Cardona (1º ed. cast., 1923). A Cruña: Colección LAR novela curta
Jurij M. / Escuela de Tartu (1971). Semiótica de la cultura. Madrid: Cátedra
Fernández Flórez, Wenceslao (1923). Visiones de neurastenia. Zaragoza: Librería General
Fernández Flórez, Wenceslao (1917). Volvoreta. Madrid: Cátedra, 1980 e ss.

Parte do traballo do alumnado é a procura de recursos bibliográficos (documentación en bases de datos e bibliotecas en liña). Por esta razón, completarase a bibliografía fundamental con algunhas referencias que o docente indicará ao comezo do curso.

Por outra banda, queda a criterio do docente a escolla de lecturas literarias relacionadas co tema (en primeiro lugar, obras de Wenceslao Fernández Flórez ou de Emilia Pardo Bazán). 

Bibliografía complementaria Pardo Bazán, Emilia (1888). "Marineda", en De mi tierra. Vigo: Xerais, 1984
Moretti, Franco (1999). Atlas de la novela europea (1800-1900). Madrid: Siglo XXI
Pardo Bazán, Emilia (1892). Cuentos de Marineda. Obras completas. Biblioteca Castro, tomo VII
Halbwachs, Maurice (1950) (2004). La memoria colectiva. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza
Pardo Bazán, Emilia (1891). La piedra angular. Obras completas. Biblioteca Castro, tomo III
Pardo Bazán, Emilia (1905). La Quimera. Obras completas. Biblioteca Castro, tomo V
Pardo Bazán, Emilia (1896). Memorias de un solterón. Obras completas. Biblioteca Castro, tomo III
Godinho,Paula (coord.) (2012). Usos da memória e práticas do património. Lisboa: Colibri

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Asistir a clase é a recomendación final.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías