Identifying Data 2020/21
Subject (*) Modern Language: Portuguese Code 613G01051
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourenzo Modia, Cilla
E-mail
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Lecturers
Lourenzo Modia, Cilla
E-mail
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
General description Esta materia fornece formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita.
O alumnado debe adquirir todas as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no "Marco común europeo de referencia para as linguas".
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron modificacións nos contidos da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas: lecturas, obradoiro, prácticas a través de TIC, proba obxectiva, presentación oral, sesión maxistral e traballos tutelados.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes e o seu peso na avaliación; porén, en varias delas múdase o modo de realización.
Así, a sesión maxistral e o obradoiro (correspondente ás aulas en grupo grande, intermedio e pequeno) daranse a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase de maneira asíncrona a través de Moodle e a presentación oral consistirá nun vídeo breve en que o alumnado desenvolverá oralmente un tema prefixado e que enviará a través de e-mail.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías levaranse a cabo por Teams previa cita (que se concertará por e-mail como mínimo con un día de antelación).

4. Modificacións na avaliación
A proba obxectiva levarase a cabo de maneira asíncrona a través de Moodle no día e na hora marcadas no calendario académico para a súa realización.
O traballo tutelado entregarase por Moodle.
A proba oral consistirá nun vídeo breve en que se desenvolverá oralmente un tema prefixado e que se entregará por Moodle.

*Observacións de avaliación:
Para aprobar a materia, a cualificación mínimada proba obxectiva deberá ser de 5 puntos sobre 10.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contents
Topic Sub-topic
1. Apresentar-(se) e despedir(-se). Cumprimentar. Dar informações pessoais. 1.1. Alfabeto. Artigo. Pronome pessoal tónico. Substantivo e adjetivo. Interrogativo. Presente do Indicativo dos verbos regulares e irregulares (I). Numeral cardinal.
1.2. Dados pessoais (morada, estado civil, profissão, nacionalidade). Formas de tratamento.
2. Localizar e descrever lugares. Pedir informações. Indicar direções. 2.1. Preposição e locução prepositiva. Contração. Demonstrativo. Presente do Indicativo dos verbos com alternância vocálica e dos verbos reflexos. Advérbio e locução adverbial de lugar.
2.2. Casa. Cidade. Universidade.
3. Relatar ações quotidianas. Fazer compras, reservas e pedidos. Perguntar e dizer as horas. 3.1. Acentuação. Pronome pessoal átono de CI. Presente do Indicativo dos verbos irregulares (II). Construção perifrástica. Advérbio e locução adverbial de tempo.
3.2. Dia-a-dia. Tempo cronológico. Alimentação. Lojas. Transporte. Hotel.
4. Fazer planos. Convidar, aceitar e recusar convites. Expressar gostos e preferências. Escrever cartas. Falar sobre o tempo. 4.1. Comparativo e superlativo. Posessivo. Numeral ordinal. Conjunção e locução conjuntiva.
4.2. Lazer. Épocas festivas. Desportos. Telefonemas, mensagens e cartas. Tempo climatérico.
5. Descrever pessoas e objetos. Aconselhar. Dar instruções. 5.1. Imperativo. Relativo.
5.2. Corpo humano. Saúde. Cores. Vestuário. Família.
6. Relatar acontecimentos passados. Defender pontos de vista. 6.1. Pretérito Imperfeito, Pretérito Perfeito Simples e Pretérito Mais-Que-Perfeito do Indicativo. Indefinido. Advérbio e locução adverbial de modo.
6.2. Festas e tradições. Falsos amigos.
7. Apresentar caraterísticas profissionais. Elaborar um Curriculum Vitae. Enfrentar uma entrevista. Fazer inquéritos. Relatar acontecimentos futuros. 7.1. Pronome pessoal átono de CD. Futuro do Indicativo. Marcador do discurso.
7.2. Vida profissional. Expressões idiomáticas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A8 A10 A15 B1 B3 B5 B7 B8 C2 C4 0 15 15
Workshop A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 14 22 36
ICT practicals A8 B1 B3 0 14 14
Objective test A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 3 20 23
Oral presentation A8 A15 B3 B4 C2 C4 1 3 4
Guest lecture / keynote speech A8 A15 B1 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 10 25 35
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 0 20 20
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que cada estudante terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Workshop Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción e interacción orais (monólogos, diálogos, debates etc.).
Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.
ICT practicals O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Objective test A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas.
Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Oral presentation Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións.
Na proba oral poderán empregarse textos, imaxes ou materiais audiovisuais como apoio.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; realizaranse actividades centradas na produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos); resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica.
Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Supervised projects Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, o alumnado levará a cabo diversas actividades, ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que cada estudante informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades, co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, cada alumno/a poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento, quer por medio do correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 Os traballos non presenciais (individuais e grupais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final. Concederase especial relevancia á aprendizaxe colaborativa.
20
Oral presentation A8 A15 B3 B4 C2 C4 Cada estudante terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Objective test A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Workshop A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 10
 
Assessment comments

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que subirá á plataforma moodle. 

1.2. Para superar a materia, a cualificación mínima da proba obxectiva deberá ser de 5 puntos sobre 10.

1.3. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado
en formato "rúbrica" nas aulas ou a través
de moodle. O / A docente achegará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

1.4. Os traballos tutelados entregaranse na  aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.5. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das
actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada. Alén diso, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso na
actividade.

1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

1.7. Tanto as actividades como as probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias
mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de
Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.8. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

 

2. CUALIFICACIÓN  NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e
superar tamén aquelas probas (orais e / ou escritas) fixadas polo
profesorado da materia.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)

3.1.
Será considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non
compareza á proba escrita ou que non entregue ningunha das actividades.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará
ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente
co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante (os traballos relativos ao obradoiro solicitaránselle por e-mail) e, se non puidese asistir ás titorías,
deberá contactar cos / coas docentes a través do correo
electrónico.


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

5.1. O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados (30 %).


Sources of information
Basic Coelho, J. (2015). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Matos, M. (2013). Dicionário Ilustrado de Português. Lisboa: Lidel
Coelho, L. / Oliveira, C. (2014). Gramática Aplicada Português Língua Estrangeira -A1/A2/B1. Lisboa: Texto Editora
Malcata, H. (2011). Guia Prático de Fonética. Acentuação e Pontuação. Lisboa: Lidel
Ventura, H. / Caseiro, M. (2011). Guia Prático de Verbos com Preposições. Lisboa: Lidel
Monteiro, D. / Pessoa, B. (). Guia Prático dos Verbos Portugueses. Lisboa: Lidel
Arruda, L. (2016). SOS Português! Língua não materna. Gramática A1/B1. Porto: Porto Editora
Arruda, L. (2013). SOS Português! Língua não materna. Vocabulário A1/B1. Porto: Porto Editora

Complementary Coelho, L. / Oliveira, C. (2006). Aprender Português 1. A1-A2 . Lisboa: Texto Editores
Lemos, H. (2003). Comunicar em português . Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2013). Dialogar em português. Lisboa: Lidel
Dias, A. C. (2012). Entre nós 1. Método de português para hispano-falantes. A1/A2. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2012). Gramática Ativa 1. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2011). Novo português sem fronteiras 1. Lisboa: Lidel
Kuzka, R. / Pascoal, J. (2014). Passaporte para português 1. Lisboa: Lidel
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalantes . Vigo: Xerais
Pinheiro, M. C. (2007). Português ao vivo. Textos e exercícios. Nível 1 . Lisboa: Lidel
Silva, M. (2011). Português atual 1. Lisboa: Lidel
Coelho, L. / Oliveira, C. (2015). Português em foco 1. Lisboa: Lidel
Pinto, L. P. (2002). Português lúdico . Lisboa: Lidel
Tavares, A. (2014). Português XXI - 2 . Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2013). Praticar português. Nível elementar . Lisboa. Lidel
Rosa, L. M. (2011). Vamos lá começar! Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa. Lidel

RECURSOS WEB

Dicionários e recursos lingüísticos

Ciberdúvidas: http://ciberduvidas.sapo.pt/

Conjuga-me Net: http://www.conjuga-me.net

Corpus do português: http://www.corpusdoportugues.org/x.asp

Dicionário Michaelis: http://michaelis.uol.com.brDicionários da Porto Editora: http://www.infopedia.pt/

Dicionário Priberam: http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx

Dicionário Universal da Língua Portuguesa: http://www.universal.pt/

Moderno Dicionário Michaelis: http://www2.uol.com.br/michaellis/

 

Ferramentas de pronunciação

Forvo: https://pt.forvo.com/languages/pt/

Prontuário sonoro RTP: http://www.rtp.pt/wportal/sites/prontuario/index.php. 

SitePal: http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal

Somosfonia: http://somosfonia.com

 

Ferramentas de tradução

http://www.opentrad.com//

 

Imprensa

Blitz (revista de música): http://blitz.sapo.pt

Diretório de imprensa escrita em Portugal: http://www.prensaescrita.com/portugal.php

 

Sites para a aprendizagem da língua

Centro Virtual Camões: http://www.instituto-camoes.pt/cvc/aprender.html

Omniglot: http://www.omniglot.com/writing/portuguese.htm

CiberEscola da Língua Portuguesa: http://www.ciberescola.com

Ensina RTP: http://ensina.rtp.pt

Espaço Língua Portuguesa (Porto Editora): http://www.portoeditora.pt/espacolinguaportuguesa/duvidas-da-lingua-portuguesa/destaque-duvidas-lp/

Programa “Bom Português”: http://ensina.rtp.pt/dossie/como-se-escreve-em-bom-portugues/

 


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.