Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua Inglesa 2 Código 613G01008
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Profesorado
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia ofrece formación teórico-práctica na descrición e uso da lingua inglesa de maneira que se garanta un dominio práctico da mesma a un nivel intermedio-alto. O alumnado debería conseguir consolidar –unha vez que se cubran os contidos da materia– moitas das competencias do nivel B2 dentro dos seis niveis que se distiguen no Marco Europeo de Referencia. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade. A6
B4
C2
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
B4
C2
Comprender casi todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuales ou películas sempre que se fale un nivel de lingua estándar. A6
B3
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. A6
A15
B5
C2
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A9
A15
B3
B4
B5
B6
C3
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas diversos, transmitindo información ou propoñendo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto. A6
A9
A15
B3
B4
B6
C2
Redactar o curriculum vitae, cartas solicitando traballo ou informes sinxelos con corrección. A6
A15
B1
B3
C2
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. A6
B3
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Gramática 1.1. Condicionais
1.2. Frases de relativo
1.3. Cláusulas non finitas
1.4. Estilo indirecto
1.5. Frases adverbiais
1.6. Preposicións e conxuncións
1.7. Verbos compostos
1.8. Formación de palabras
1.9. Frases idiomáticas
2. Vocabulario 2.1. Traballo e finanzas
2.2. Arte e entretemento
2.3. Medios
2.4. Saúde e estado de forma
2.5. Ciencia e tecnoloxía
2.6. Lei e criminalidade
3. Comprensión lectora Faranse lecturas de relatos e usaranse textos variados de distintas fontes para introducir ou expoñer algúns dos temas, para consolidar o vocabulario dos estudantes e como base para exercicios de comprensión lectora, tanto dentro como fóra da aula.
4. Expresión escrita


O estudantado terá que entregar varias tarefas de expresión escrita durante o cuadrimestre relacionadas cos temas de gramática e vocabulario traballados na aula.Daranse instruccións específicas para cada tarefa.
5. Comprensión auditiva

Esta parte do curso centrarase na práctica de exercicios de comprensión auditiva ou audiovisual, extraídos de libros de texto ou de materiais auténticos. Faranse na aula ou fóra dela como parte do proceso de autoaprendizaxe.
6. Expresión oral Practicarase na aula mediante a participación durante as sesións pero principalmente en grupos pequenos a través de actividades comunicativas propostas polo profesorado ou o alumnado. Ademáis o inglés será o vehículo de comunicación habitual entre alumnado e profesorado dentro da aula.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 2 0 2
Sesión maxistral A6 10 15 25
Seminario C3 13 14 27
Discusión dirixida B5 C2 7 3 10
Traballos tutelados B1 4 15 19
Proba obxectiva A15 C2 0 11 11
Proba oral A15 B4 0 6 6
Portafolios do alumno B3 2 18 20
Lecturas A6 0 10 10
Aprendizaxe colaborativa B6 4 15 19
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora así como a aprendizaxe colaborativa. O "project" exporase en clase e entregarase tamén unha versión escrita súa.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. en todas as destrezas.Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, entre outras.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas pola profesora, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. Na nosa materia deberán incluirse no portafolios todas as redaccións realizadas ao longo do curso coas correccións e comentarios das profesoras e a posterior versión revisada, así como todo o traballo persoal voluntario que o alumno desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia.
Lecturas Nesta materia chamarémoslle lecturas a todo o material que o estudantado terán que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de reading comprehension así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos desde o primeiro día de clase.
Aprendizaxe colaborativa A elaboración do "project" fomentará a aprendizaxe colaborativa do alumnado posto que traballarán de forma presencial e non-presencial en pequenos grupos de xeito conxunto, compartindo información e habilidades, e dirixidos pola profesora que optimizará a aprendizaxe de todos os membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para a realización do "Project" é fundamental que o estudantado informe ao profesorado ao longo do trimestre dos avances que vai facendo o grupo. Con ese fin, o grupo terá que entregar dúas fichas antes do traballo final e comentar o contido das fichas co profesorado.

O profesorado corrixirá ao longo do curso un máximo de catro redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta os seus erros ou carencias e comentalos co profesorado antes de reescribir os traballos. Asemade, poderán facer todo tipo de consultas ou peticións de orientación sobre o material de autoaprendizaxe que queiran manexar.

Para a realización do traballo tutelado é fundamental que o estudantado informe ao profesorado ao longo do trimestre dos avances que vai facendo na aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario C3 A avaliación das competencias de compresión auditiva que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través de dous exercicios de listening comprehension (15 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre OU na data oficial no período de avaliación.

A asistencia e participación activa nas distintas partes da materia poderá supor ata un 5% da nota.
20
Traballos tutelados B1 O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva A15 C2 Ao longo do curso o alumnado terá que realizar dúas probas obxectivas de "Use of English" que avaliarán todo o traballo feito nas aulas (30%). Se non acadan máis dun 5, deberán realizar a proba final de Use of English na data oficial de xuño. 30
Proba oral A15 B4 Todo o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa.

Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 6 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final.
10
Portafolios do alumno B3 No portafolios avaliaremos as "writing tasks" (un mínimo de tres) realizadas ao longo do curso. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a implicación persoal e a transversalidade. 15
Lecturas A6 Será obrigatorio ler unha ou dúas narracións breve(s) en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela(s) por escrito (5%)

Ademais, se realizará unha proba en clase nas últimas semanas do cuadrimestre OU na data oficial no período de avaliación na que o alumnado deberá contestar a certas preguntas sobre un texto que se suministrará no momento da proba. (10%)
15
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de Use of English feitas ao longo do cuadrimestre estarán exentos do exame de Use of English na proba obxectiva de xuño. 

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, podrá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

OPORTUNIDADE DE XULLO: As/Os estudantes que non superen a materia en xuño ou aqueles que teñan menos dun 4 nalguna das partes –aínda que a notal total sexa superio a 5– deberán ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que desmostrar ter alcanzado as competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas coa seguinte distribución de porcentaxes: comprensión auditiva (15%), redaccións sustitutorias das feitas na aula (15%), comprensión lectora (15%), entrevista oral (10%), project (10%), e proba mixta (35%). 

DISPENSA ACADÉMICA: O alumnado matriculado a tempo parcial que teña concedida a dispensa académica será avaliado en calquera das duas oportunidades, tal e como establece a normativa da UDC, seguindo os mesmos criterios que a oportunidade de xullo.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: Se aplicarán as normas de avaliación da oportunidade de xullo.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: A ADI é unha oficina especializada na atención ós membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria. O alumnado que desexe máis información pode falar coa profesora Ana Veleiro, ir a http://www.udc.es/cufie/uadi/, ou poñerse directamente en contacto coa ADI no teléfono 981 16 70 00, ext 5622 oun na dirección de correo electrónico adi@udc.es.



Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía recomendada:

Mann, M. & S. Taylore-Knowles. 2006. Destination B2. Grammar and Vocabulary. MacMillan Publishers (WITH KEY).

Thomas B., Louise Hashemi and Laura Matthews. 2015. Grammar and Vocabulary for First. Cambridge: CUP.

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin.

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin.

· Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann.

· Brook-Hart, G. 2008. Complete First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P

· Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Littlejohn, A. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: C.U.P.

· McCarthy, M. & F. O’Dell. 2002. English Vocabulary in Use. Cambridge: C.U.P.

· Murphy, R. 1990. English Grammar in Use. Intermediate. 1985. Cambridge: C.U.P.

· Prodromou, L. 1999. Grammar and Vocabulary for First Certificate. Harlow: Longman.

· Redston, C. & G. Cunningham. 2007. Face2Face Upper-intermediate. Cambridge: Cambridge University Press.

· Swan, M. & C. Walter. 1997. How English Works. Oxford: O.U.P.

· Swan, M. 1996. Practical English Usage. Oxford: O.U.P.

· Thomson, A.J. & A.V. Martinet. 1993. A Practical English Grammar. Oxford: O.U.P. (4th edition; this grammar is supplemented with two exercise books with answer key).

· Vince, Michael. 2009. First Certificate Language Practice. English Grammar and Vocabulary. MacMillan Publishers. (WITH KEY)


Bibliografía complementaria

Ao principio do curso se facilitará unha bibliografía complementaria e un listado de materiais de e-larning.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías