Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Estruturas e Variedades do Latín Código 613G01034
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos sistemas fonético-fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico do latín e caracterización das súas variedades diacrónicas, diatópicas, diastráticas e estilísticas a través dos textos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística ao estudo sincrónico e diacrónico da lingua latina. A1
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A2
A12
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e o seu desenvolvemento no campo da lingua latina. A3
Coñecer a lingua latina tanto en sincronía como no seu carácter de antecedente das linguas romances. A13
Ser capaz de levar os coñecementos lingüísticos e literarios á súa aplicación práctica no estudo da lingua latina. A15
Ter coñecementos sobre a evolución terminolóxica e sobre os procedementos de creación léxica tanto na lingua latina como nos periodos antigos das linguas romances. A23
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información relativos á lingua latina. B1
Adquirir capacidade de autoformación no estudo sincrónico e diacrónico da lingua latina. B3
Relacionar os coñecementos sobre lingua e literatura latinas cos de outras áreas e disciplinas, en particular con aquelas mais directamente derivadas do mundo clásico. B5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma, enriquecendo a capacidade expresiva por medio da aplicación do aprendido no ámbito da lingua latina e do mundo cultural antigo. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico na lectura e valoración de documentos escritos en lingua latina. B7
B8
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade da lingua latina en sincronía e en diacronía. B8

Contidos
Temas Subtemas
1. O sistema fonético e fonolóxico do latín, e a súa representación gráfica. Principais liñas de evolución. 1.1. Descrición do sistema vocálico; variedades e evolución
1.2 Descrición do sistema consonántico; variedades e evolución
1.3 Orixe e evolución do alfabeto latino
2. Morfosintaxe do latín. 2.1 A flexión nominal e a súa evolución
2.2 Morfoloxía verbal e a súa evolución
2.3 Organización sintáctica da oración simple; a súa evolución.
2.4 Organización sintáctica da oración complexa; a súa evolución
3. O léxico latino: mecanismos para a súa creación, organización e renovación. 3.1 Caracterización xeral do léxico patrimonial latino
3.2 Derivación
3.3 Composición
3.4 Préstamos, con atención preferente aos helenismos
4. Variedades do latín. 4.1 As variedades diacrónicas
4.2 A cuestión das variedades diatópicas do latín
4.3 Variedades diastráticas, con atención preferente ao chamado latín cristián.
4.4 O problema do chamado latín vulgar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A13 A15 16 32 48
Sesión maxistral A3 A12 A13 B5 16 0 16
Lecturas A3 A23 B1 B3 B6 B7 0 20 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A13 A15 A23 B1 B5 B8 C3 0 12 12
Traballos tutelados A1 A2 A13 A15 A23 B3 B4 B6 B7 C1 0 12.5 12.5
Proba mixta A1 A3 A12 A13 A15 A23 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Lecturas Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise de textos relativos aos contidos da asignatura que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Os textos indicaranse ao longo do curso.
Traballos tutelados Dous traballos individuais onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta.
Proba mixta Proba que integra preguntas de tipo teórico e exercicios de tipo práctico sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, reseñas de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos tanto na actividade na aula coma durante o horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A12 A13 A15 A23 C1 Consistirá nunha proba escrita con cuestións a desenvolver sobre o temario desarrollado na aula. Poderá conter preguntas de índole teórica (explicación teórica dunha ou de varias cuestións do temario explicado) e exercicios de tipo práctico (comentario e explicación de textos). A proba terá lugar na data que figura no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade. Para superala, e para superar a materia, deberá alcanzarse na proba escrita unha calificación mínima de 5 puntos. 50
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A13 A15 Asistencia de maneira regular ás aulas, participación activa nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 25
Traballos tutelados A1 A2 A13 A15 A23 B3 B4 B6 B7 C1 Os traballos tutelados, que o alumno terá que desenvolver coa supervisión do profesor, estarán relacionados preferentemente coa actividade desenvolvida na aula, pero poderán ser tamén complementarios da mesma. Valorarase o seu contido e a súa correcta presentación. 25
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación na convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos ca os establecidos para a convocatoria do mes de maio.

Os estudantes que, por teren dispensa académica, non asistan ás aulas, deberán preparar pola súa conta os traballos e actividades programados, que suporán un 50% da cualificación global


Fontes de información
Bibliografía básica Fontán, A.-Moure Casas, A., (1987). Antología de latín medieval. Madrid
Díaz y Díaz, M. C. (1981 (reimpr.)). Antología del latín vulgar. Madrid
Hermann, J., (2001). El latín vulgar. Barcelona
Monteil, P. (2003). Elementos de fonética y morfología del latín. Sevilla
Rubio, L., (1984 (2ª ed.)). Introducción a la sintaxis estructural del latín. Barcelona
Palmer, R. L. (1988 (2ª ed.)). Introducción al latín. Barcelona
García de la Fuente, O. (1990). Introducción al latín bíblico y cristiano. Madrid
Väänänen, V. (1985 (reimpr.)). Introducción al latín vulgar. Madrid
Löfstedt, E. (1959). Late Latin [trad. it. con apéndice de G. Orlandi: Il latino tardo. Aspetti e problemi, Brescia, 1980]. Aschehoug
Blaise, A. (1955). Manuel du latin chrêtien. Strasbourg
Mantello, F. A. C.-Rigg, A. G. (1999 (reimpr.)). Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide. Washington
Sidwell, K., (1995). Reading Medieval Latin. Cambridge
Ernout, A. (1956 (2ª ed.)). Recueil de textes latines archaïques. Paris
Molina Yévenes, J. (1996). Sintaxis de los casos. Retroversión y comentario de textos. Barcelona
Ernout, A.-Thomas, F. (1964). Syntaxe latine. Paris
Pisani, V. (1975). Testi latini arcaici e volgari con commento glottologico. Torino
Adams, J. N. (2007). The Regional Diversification of Latin 200 BC - AD 600. Cambridge

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria indicarase en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías