Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura e Cultura Código 613G01049
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo comparado da literatura e a cultura. A materia céntrase na cultura da memoria e ocúpase dun estudo de caso e traballo de campo sobre a literatura da memoria histórica da guerra civil e o franquismo na contorna da Coruña.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno debe coñecer os principios da Semiótica da Cultura e teorías afíns que insiren os estudos literarios nun ámbito superior e complexo como é o da cultura A1
A2
A3
A11
A14
B1
B2
B3
B5
B8
B9
C3
C6
O alumno debe ser capaz de aplicar a investigación en literatura comparada con la realidad de su ámbito vital, histórico y artístico A1
A2
A3
A11
A15
A21
A22
A23
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
C1
C6
C8
O alumno debe ser capaz de valorar a memoria sociohistórica da súa contorna vital e de poñela en relación con outros ámbitos distantes no tempo e no espazo para acadar unha interpretación universal dos casos de estudo comparado aos que se enfronta A11
A14
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C6
C8
O alumno debe coñecer as linguas e literaturas castelá, galega, portuguesa e inglesa, así como posuír algúns coñecementos doutras linguas e culturas para poder investigar no campo da literatura comparada A7
A13
A15
A16
A17
A18
A19
A20
C1
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura e literatura como obxectos de estudo das ciencias
humanas.


1.1 Introdución epistemolóxica
1.2. A Semiótica da Cultura de Iuri Lotman.
1.3. Paul Ricoeur e T. Todorov: usos da memoria e do
esquecemento


2. Cultura e literatura da "memoria histórica"

2.1 O papel da memoria na formación das culturas. O
rexistro da memoria.
2.2. A memoria e o esquecemento como fenómenos
individuais e colectivos.
2.3. O discurso da memoria histórica
2.4. A literatura da memoria histórica.
3. Estudo de caso: Santiago Casares Quiroga

3.1. O estudo de caso como método de investigación:
realidade próxima e traballo de campo.
3.2. Caso Santiago Casares Quiroga
3.2.1. Contextualización socio-histórica e política.
3.2.2. Lugares da memoria.
3.3.3. Memoria e trauma: a actriz francesa María Casares.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 16 14 30
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 1 5 6
Estudo de casos A2 A7 A13 A14 7 33 40
Proba mixta A3 A15 B1 B2 B3 B4 2 20.5 22.5
Obradoiro A11 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B7 B9 B10 C8 6 6 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O docente explicará na aula os contidos principais da materia. Inclúense dúas sesións máis sobre a orientación teórica do método chamado "estudo de caso", que servirán como introdución á práctica comparatista.
Presentación oral Os alumnos presentarán na aula os traballos realizados
Estudo de casos Para aplicar á práctica o estudo comparado da cultura e a literatura, se centrarán os estudantes en analizar casos reais e ficticios de fenómenos ou sucesos concretos. Para o estudo de caso acudirán a todo tipo de documentación e ferramentas de análise.
Proba mixta Proba final escrita que constará dunha serie de respostas a determinadas cuestións teóricas e dun apartado onde o estudante exporá ou resolverá casos prácticos concretos
Obradoiro Aplicarase aos traballos de investigación a metodoloxía comparatista Literatura-Cultura da memoria
Para o estudo de caso, algunhas das clases prácticas serán levadas a cabo na Coruña e arredores, nos "lugares da memoria" relacionados con Santiago Casares Quiroga. Comunicarase ao decanato o programa de saídas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O profesor atenderá na aula e nos horarios de titorías ao estudante

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 Valoraráse a asistencia ás clases, tanto nas sesións expositivas como nos talleres. 5
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 40
Obradoiro A11 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B7 B9 B10 C8 O traballo final será o resultado da aplicación dos coñecementos adquiridos. Valorarase la orixinalidad, a metodoloxía, e a presentación. 5
Proba mixta A3 A15 B1 B2 B3 B4 O día señalado no calendario oficial da facultade, os alumnos realizarán un examen no que demostrarán os coñecementos teórico-prácticos adquiridos 50
 
Observacións avaliación

Na aula especificarase os pormenores da realización do traballo. 

A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.

O alumno deberá obter unha nota mínima de 4 na proba mixta para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.

As faltas de ortografía, así como os graves fallos de redacción e coherencia discursiva,  suporán unha redución da cualificación da proba mixta: exactamente de medio punto por cada erro.

O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica deberá realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria


Fontes de información
Bibliografía básica Lopo, María (ed.) (2008). Cartas no exilio: correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949). A Coruña: Baía
Aróstegui, J. / Godicheau, F. (eds.) (2006). Guerra civil. Mito y memoria.. Madrid: Marcial Pons
Ricoeur, Paul (2003). La memoria, la historia, el olvido. Madrid, Trotta,
Winter, Ulrich (ed.) (2006). Lugares de memoria de la Guerra Civil y el franquismo. Representaciones literarias y visuales. Madrid-Frankfurt: Iberoamericana-Vervuert
Todorov, Tzvetan (2005). Memoria del mal, tentación del bien. Indagación sobre el siglo XX. Barcelona, Península
Pérez Garzón, Juan Sisinio (2010). Memoria histórica . Madrid, C.S.I.C.
Fernández, Carlos (2000). Casares Quiroga, una pasión republicana. O Castro/Sada: Ediciós do Castro
Espinosa Mestre, Francisco (2006). Contra el olvido. Historia y memoria de la guerra civil. Barcelona: Crítica
Casares, María (2009). Residente privilexiada, . Oleiros/A Coruña, Trifolium
Grandío Seoane, Emilio / Rodero, Joaquín (eds.) (2011). Santiago Casares Quiroga, la forja de un líder. Madrid: Eneida
Jurij M. / Escuela de Tartu (1971). Semiótica de la cultura. Madrid: Cátedra

Parte do traballo do alumnado é a procura de recursos bibliográficos (documentación en bases de datos e bibliotecas en liña). Por esta razón, completarase a bibliografía fundamental con algunhas referencias complementarias indicadas abaixo, sen pretensión de exhaustividade.

Por outra banda, queda a criterio do docente a escolla de lecturas literarias relacionadas co tema.

Bibliografía complementaria Flory, Jean (2005). (2005): Galicia bajo la bota de Franco. Episodios sobre el terror blanco acaecidos en las provincias de Galicia, contados por quienes los han vivido [Reedición en castellano a partir de la tradución . Santiago de Compostela: Alvarellos
Alonso Montero, Xesús /Villar, Miro (eds.) (2006). Guerra civil e literatura galega (1936-1939). Vigo: Xerais
Carballido Reboredo, Silvia (2001). (2001). Novela en pé de guerra(a guerra civil vista por los novelistas gallegos en castelán). O Castro/Sada: Ediciós do Castro
Halbwachs, Maurice (1950) (2004). , La memoria colectiva. Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza
“Flory,Jean” (1938). La Galice sous la botte de Franco. Épisodes de laterreur blanche dans les provinces de Galice, rapportés par ceux qui les ont vécus. Paris: Jean Flory
Acuña, Ana (ed.) (2013). Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega. Berlin: Frank & Timme
Juana López, Jesús de / Prada Rodríguez,Julio (coords.) (2006). Lo que han hecho en Galicia. Violencia, represión y exilio, 1936-1939. Barcelona, Crítica
Aguilar Fernández, Paloma (1996). Memoria y olvido de la guerra civil española . Madrid, Alianza
Godinho,Paula (coord.) (2012). Usos da memória epráticas do património. Lisboa: Colibri

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Asistir a clase



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías