Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Lingua e Cultura Clásica Código 613G02006
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
j.c.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da lingua latina, da literatura romana e doutros aspectos da cultura da Antigüidade, con especial atención á súa influencia sobre a civilización occidental.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina A29
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A1
A2
B5
B8
C1
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental A13
B1
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos A11
A13
B7
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información, adquirindo capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos B1
B2
B3
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia da literatura galega A14
B5
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva A14
B6
C6
Apreciar a diversidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos de historia da lingua latina 1.1 O latín, lingua indoeuropea
1.2 Etapas da historia da lingua latina
1.3 Linguas en contacto co latín
4. O paso do latín ás linguas romances
2. Sistema fonético do latín e a súa evolución ás linguas romances 2.1 Vocalismo e acentuación
2.2 Consonantismo
2.3 Principais liñas de evolución fonética ás linguas romances
3. Sistema morfolóxico do latín e a súa evolución ás linguas romances 3.1. O sistema verbal e a súa evolución
3.2 O sistema nominal e a súa evolución
3.3 Os pronomes: do latín ás linguas romances
4. Procedementos de organización sintáctica 4.1 Funcións e usos dos casos; a súa evolución e perda
4.2 As preposicións; a súa evolución
4.3 Principais procedementos de coordinación e subordinación
5. O contexto social e cultural da literatura latina antiga 5.1. Relacións entre a literatura romana e a grega
5.2 Funcións e usos da literatura
5.3. Oa autores e o público
5.4. As etapas da historia da literatura latina antiga
6. Caracterización xeral dos xéneros poéticos non teatrais 6.1 poesía narrativa e didáctica
6.2 elexía
6.3 lírica
6.4 epigrama
6.5 bucólica
6.6 sátira
6.7 epístola poética
7. Caracterización xeral dos xéneros teatrais 7.1 Orixes e evolución do teatro en Roma
7.2. A comedia: palliata e togata
7.3. A traxedia; cothurnata e praetexta
7.4. O teatro popular: satura, fabula atellana, mimo
8. Transmisión e recepción dos textos 8.1. Transmisión manuscrita: volumes, códices, epigrafía
8.2. Transmisión impresa
8.3. Marcos da recepción literaria: lecturas públicas, espectáculos, escola, bibliotecas etc
Practicum: as Metamorfoses de Ovidio 1. Contextualización: autor e época
2 A cuestión do xénero poético
3 O contido: materia mitográfica, sentido da composición
4 A recepción das Metamorfoses na literatura e nas artes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 A29 B5 30 0 30
Lecturas A13 B3 B6 B7 B8 C3 0 25 25
Solución de problemas A1 A2 A11 A14 B1 B2 C1 30 60 90
Proba obxectiva A2 A13 C1 C6 5 0 5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Lecturas Lectura por conta do/a estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito.
Solución de problemas Exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfosintáctica etc) ou ben de comentario literario de textos, que se elaborarán durante as sesións interactivas. O alumnado que goce de dispensa académica traballará de xeito autónomo e presentará os exercicios a través do campus virtual
Proba obxectiva Proba 1 de carácter teórico-práctico, sobre cuestións de fonética, gramática e historia da lingua latina
Proba 2, sobre cuestións de literatura latina (en forma de test)

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Todos os estudantes poderán asistir, por iniciativa propia, a titorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas.
O profesor tamén poderá convocar a calquera estudante a titorías individuais en caso de consideralo oportuno.
Os estudantes con dispensa académica ou matrícula a tempo parcial terán as mesmas condicións de avaliación que os restantes. Únicamente se recomenda para eles unha maior frecuencia de sesións de titoría individual a través de Temas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A11 A14 B1 B2 C1 O alumnado resolverá tres exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfolóxica e sintáctica) durante as sesións interactivas. Os/as estudantes con dispensa académica presentarán estes exercicios a través do campus virtual.
O valor total desta metodoloxía a efectos de avaliación será o 25% da cualificación global, á que se sumará un 10% reservado para a asistencia e participación activas nas aulas expositivas e interactivas (ponderada por medio dun control de asistencia diario).
35
Lecturas A13 B3 B6 B7 B8 C3 O/a estudante dará conta das lecturas obrigatorias que consten no programa, tanto as realizadas durante as sesións interactivas como as efectuadas por conta propia, mediante un control de lectura que se efectuará a final de curso. 15
Proba obxectiva A2 A13 C1 C6 O estudante efectuará dúas probas de carácter teórico práctico a final de curso, unha sobre cuestións de lingua, e outra sobre cuestións de literatura. 50
 
Observacións avaliación

a) De non realizar as probas obxectivas previstas o/a estudante será cualificado como Non Presentado.

b) Para superar a materia en calquera das dúas oportunidades, o/a estudante deberá obter unha cualificación mínima de 4 na media das probas obxectivas.

c) A asistencia e participación nas aulas, tanto expositivas como interactivas, suporá un 10% da cualificación total. A tal efecto, levarase un control de asistencia diario.

d) As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. 

e) Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir: utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica.

f) Os/as estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente

g) Na oportunidade adiantada de novembro/decembro, os/as estudantes farán unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura.

h) Aos/ás estudantes con dispensa académica non se lles aplicará o 10% da porcentaxe da cualificación reservado para asistencia e participación. Ese 10% acumularase coa porcentaxe prevista para as probas obxectivas. 

i) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise de adaptación de medidas encamiladas ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie(ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filologia@udc.gal)


Fontes de información
Bibliografía básica Irene Vallejo (2020). El Infinito en un junco : la invención de los libros en el mundo antiguo. Madrid, Siruela
Stroh, Wilfried (2013). El latín ha muerto, ¡viva el latín! Breve historia de una gran lengua. Barcelona
Reynolds, Leighton D. & Wilson, Nigel G. (1986). Copistas y filólogos. Las vías de transmisión de las literaturas griega y latina. Madrid. Gredos
LLoyd, Paul M. (1987). Del latín al español. Fonología y morfología históricas de la lengua española. Madrid. Gredos
Hacquard, George (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid. Palas Atenea
Codoñer, Carmen (ed.) (1997). Historia de la literatura latina. Madrid. Cátedra
Molina Yévenes, José (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona. Univ. de Barcelona
Ovidio (2004). Metamorfoses. Santiago, Xunta de Galicia
Ovidio (2001). Metamorfosis. Madrid, Cátedra
González Rolán, Tomás & Rubio, Lisardo (1985). Nueva gramática latina. Madrid. Coloquio
Rubio, Lisardo (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones Clásicas

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Bibliotheca Augustana

https://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 Analecta Malacitana (Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm 

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

 Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías