Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías da Información e da Comunicación Código 613G02007
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
nieves.brisaboa@udc.es
Profesorado
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Novo Bujan, Jorge
Ortega Hortas, Marcos
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Rouco Maseda, Jose
Correo electrónico
alejandro.cortinas@udc.es
j.novo@udc.es
m.ortega@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
jose.rouco@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dar a coñecer aos/ás estudantes as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no eido dos estudos lingüísticos e literarios; así como axudarlles a desenvolver un conxunto elemental de competencias - de carácter eminentemente práctico - como base para o uso de todo tipo de ferramentas TIC.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios C3
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información A1
A15
B1
C3
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario A1
B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas B2
B3
B4
B9
C3
C7
C8
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas B2
B3
B4
B5
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución aos conceptos básicos de informática 1.1 Conceptos básicos de Computadores, Hardware, Software, Redes, Internet.
1.2 Aplicacións das TIC aos estudos lingüísticos e literarios
2. Multimedia. Imaxe, video, son. Produción e distribución. 2.1 Representación de imaxe, vídeo e son
2.2 Xeración de contidos multimedia
2.3 RSS.
3. Ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario 3.1 Introdución aos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD)
3.2 Bases de datos documentais. Linguaxes de consulta sobre BDs documentais
4. Bibliotecas Dixitais e Recuperación de Información 4.1 Bases de datos Documentais.
4.2 Catálogos informatizados e Bibliotecas Dixitais.
4.3 Tipoloxías de Bibliotecas Dixitais.
4.4 Recuperación de Información: Precisión e Recuperación.
5. Didáctica 5.1 Aplicacións didácticas. Estándares e-learning
5.2 Exercicios interactivos. Autoaprendizaxe.
6. Ferramentas para o tratamento e busca de información na sociedade do coñecemento 6.1 Linguaxes e estándares: HTML, XML
6.2 Ferramentas de tratamento e busca de información
7. Ferramentas básicas de produción, xestión e exposición de contidos 7.1 Procesadores de texto
7.2 Aplicacións de presentación

8. Ferramentas de traballo colaborativo 8.1 Web 2.0
8.2 Blogs e wikis
8.3 Ofimática en web

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 21 42 63
Traballos tutelados A15 B1 B2 B3 B4 7 21 28
Prácticas a través de TIC B2 13 39 52
Actividades iniciais B1 B3 B4 1 2 3
Proba mixta B4 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte dos docentes, de contidos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
Prácticas a través de TIC Realización de pequenas actividades na aula informatizada, para a adquisición de competencias no uso de diferentes ferramentas TIC
Actividades iniciais Introdución ao manexo de ferramentas básicas necesarias durante o curso.
Proba mixta Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Asistencia a pé de aula durante a realización das actividades propostas.
Resolución de dúbidas en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B4 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
Sesión maxistral A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de unha clase para a seguinte 5
Prácticas a través de TIC B2 Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 25
Traballos tutelados A15 B1 B2 B3 B4 Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática.
  • O 25% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso.

  • Finalmente outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Aqueles alumnos que se presentan ao examen extraordinario (ou adiantado) de decembro, examinaranse segundo o especificado na segunda oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas informáticas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Pérez-Sanjulián, C.; Saavedra Places, A. (2004). As bibliotecas dixitais. Laiovento
Prieto Espinosa, A.; Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Abiteboul, Serge; Buneman, Peter; Suciu, Dan (2000). Data on the Web: from relations to semistructured Data and XML. Morgan Kaufmann Publishers
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos, 5ª Edición. Addison-Wesley
Peña, Rosalía; Baeza-Yates, Ricardo; Rodríguez, José V. (2002). Gestión digital de la información. De bits a bibliotecas digitales y la web. Ra-Ma (Madrid)
Dans Álvarez de Sotomayor, Pedro (2010). Guía práctica. Internet. Edición 2010. Anaya Multimedia
Prieto Espinosa, A.; Lloris Ruiz, A.; Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. McGraw Hill
Baeza-Yates, R.; Ribeiro-Neto, B (1999). Modern information retrieval . Addison-Wesley and ACM Press
Marchal, Benoit (2001). XML con ejemplos. Pearson Educación

Bibliografía complementaria De Miguel, A.; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M.; Cuadra, D.; Iglesias, A.M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Ra-Ma
(). Dokuwiki en español. http://www.dokuwiki.org/es:dokuwiki
Abaitua, J. (). Edición y publicación electrónica. http://paginaspersonales.deusto.es/abaitua/konzeptu/ht.htm
(). Ferramenta de validación de DTDs. http://www.validome.org/grammar/
(). Ferramenta de validación de XML con DTD . http://www.stg.brown.edu/service/xmlvalid/
(). Ferramenta para comprobar se un documento XML está ben formado. http://www.xml.com/pub/a/tools/ruwf/check.html
Blecua, José Manuel (et al. eds.) (1999). Filología e informática. Nuevas tecnologías en los estudios filológicos. Milenio e Universitade Autónoma de Barcelona
(). Google Docs. http://docs.google.com/
Powell, Thomas A. (2001). HTML 4: manual de referencia. McGraw-Hill
(1999). Informix Excalibur Text Search DataBlade Module - User's Guide. Informix Press
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson Educación
Holzner, Steven (2007). Los secretos de RSS. Anaya Multimedia
(). Manuales de Moodle. http://docs.moodle.org/es/Manuales_de_Moodle
Delgado Cabrera, J.M. (2007). Microsoft Office 2007. Anaya Multimedia
(). Páxina oficial de BSCW. http://public.bscw.de/
Tenorio, Iván (2008). Podcast : manual del podcaster . Marcombo
Martí Antonin, M.A. (coord.) (2003). Tecnologías del lenguaje. UOC
Austerberry, David (2005). The technology of video and audio streaming. Elsevier Science
Nafría, I. (2008). Web 2.0 : el usuario, el nuevo rey de internet. Gestión 2000
(). Webquest.org. http://www.webquest.org/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías