Identifying Data 2019/20
Subject (*) Tecnoloxías da Información e da Comunicación Code 613G02007
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Computación
Coordinador
Rodriguez Brisaboa, Nieves
E-mail
nieves.brisaboa@udc.es
Lecturers
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Novo Bujan, Jorge
Ortega Hortas, Marcos
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Rouco Maseda, Jose
E-mail
alejandro.cortinas@udc.es
j.novo@udc.es
m.ortega@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
jose.rouco@udc.es
Web
General description Esta materia pretende dar a coñecer aos/ás estudantes as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no eido dos estudos lingüísticos e literarios; así como axudarlles a desenvolver un conxunto elemental de competencias - de carácter eminentemente práctico - como base para o uso de todo tipo de ferramentas TIC.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios C3
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información A1
A15
B1
C3
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario A1
B2
B4
C3
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas B2
B3
B4
B9
C3
C7
C8
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas B2
B3
B4
B5
C3

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución aos conceptos básicos de informática 1.1 Conceptos básicos de Computadores, Hardware, Software, Redes, Internet.
1.2 Aplicacións das TIC aos estudos lingüísticos e literarios
2. Multimedia. Imaxe, video, son. Produción e distribución. 2.1 Representación de imaxe, vídeo e son
2.2 Xeración de contidos multimedia
2.3 RSS.
3. Ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario 3.1 Introdución aos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD)
3.2 Bases de datos documentais. Linguaxes de consulta sobre BDs documentais
4. Bibliotecas Dixitais e Recuperación de Información 4.1 Bases de datos Documentais.
4.2 Catálogos informatizados e Bibliotecas Dixitais.
4.3 Tipoloxías de Bibliotecas Dixitais.
4.4 Recuperación de Información: Precisión e Recuperación.
5. Didáctica 5.1 Aplicacións didácticas. Estándares e-learning
5.2 Exercicios interactivos. Autoaprendizaxe.
6. Ferramentas para o tratamento e busca de información na sociedade do coñecemento 6.1 Linguaxes e estándares: HTML, XML
6.2 Ferramentas de tratamento e busca de información
7. Ferramentas básicas de produción, xestión e exposición de contidos 7.1 Procesadores de texto
7.2 Aplicacións de presentación

8. Ferramentas de traballo colaborativo 8.1 Web 2.0
8.2 Blogs e wikis
8.3 Ofimática en web

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 21 42 63
Supervised projects A15 B1 B2 B3 B4 7 21 28
ICT practicals B2 13 39 52
Introductory activities B1 B3 B4 1 2 3
Mixed objective/subjective test B4 2 0 2
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición, por parte dos docentes, de contidos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC
Supervised projects Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
ICT practicals Realización de pequenas actividades na aula informatizada, para a adquisición de competencias no uso de diferentes ferramentas TIC
Introductory activities Introdución ao manexo de ferramentas básicas necesarias durante o curso.
Mixed objective/subjective test Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Supervised projects
Description
Asistencia a pé de aula durante a realización das actividades propostas.
Resolución de dúbidas en horario de titorías.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test B4 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
Guest lecture / keynote speech A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de unha clase para a seguinte 5
ICT practicals B2 Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 25
Supervised projects A15 B1 B2 B3 B4 Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 20
 
Assessment comments

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática.
  • O 25% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso.

  • Finalmente outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Aqueles alumnos que se presentan ao examen extraordinario (ou adiantado) de decembro, examinaranse segundo o especificado na segunda oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas informáticas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.


Sources of information
Basic Fernández Pérez-Sanjulián, C.; Saavedra Places, A. (2004). As bibliotecas dixitais. Laiovento
Prieto Espinosa, A.; Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Abiteboul, Serge; Buneman, Peter; Suciu, Dan (2000). Data on the Web: from relations to semistructured Data and XML. Morgan Kaufmann Publishers
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos, 5ª Edición. Addison-Wesley
Peña, Rosalía; Baeza-Yates, Ricardo; Rodríguez, José V. (2002). Gestión digital de la información. De bits a bibliotecas digitales y la web. Ra-Ma (Madrid)
Dans Álvarez de Sotomayor, Pedro (2010). Guía práctica. Internet. Edición 2010. Anaya Multimedia
Prieto Espinosa, A.; Lloris Ruiz, A.; Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. McGraw Hill
Baeza-Yates, R.; Ribeiro-Neto, B (1999). Modern information retrieval . Addison-Wesley and ACM Press
Marchal, Benoit (2001). XML con ejemplos. Pearson Educación

Complementary De Miguel, A.; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M.; Cuadra, D.; Iglesias, A.M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Ra-Ma
(). Dokuwiki en español. http://www.dokuwiki.org/es:dokuwiki
Abaitua, J. (). Edición y publicación electrónica. http://paginaspersonales.deusto.es/abaitua/konzeptu/ht.htm
(). Ferramenta de validación de DTDs. http://www.validome.org/grammar/
(). Ferramenta de validación de XML con DTD . http://www.stg.brown.edu/service/xmlvalid/
(). Ferramenta para comprobar se un documento XML está ben formado. http://www.xml.com/pub/a/tools/ruwf/check.html
Blecua, José Manuel (et al. eds.) (1999). Filología e informática. Nuevas tecnologías en los estudios filológicos. Milenio e Universitade Autónoma de Barcelona
(). Google Docs. http://docs.google.com/
Powell, Thomas A. (2001). HTML 4: manual de referencia. McGraw-Hill
(1999). Informix Excalibur Text Search DataBlade Module - User's Guide. Informix Press
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson Educación
Holzner, Steven (2007). Los secretos de RSS. Anaya Multimedia
(). Manuales de Moodle. http://docs.moodle.org/es/Manuales_de_Moodle
Delgado Cabrera, J.M. (2007). Microsoft Office 2007. Anaya Multimedia
(). Páxina oficial de BSCW. http://public.bscw.de/
Tenorio, Iván (2008). Podcast : manual del podcaster . Marcombo
Martí Antonin, M.A. (coord.) (2003). Tecnologías del lenguaje. UOC
Austerberry, David (2005). The technology of video and audio streaming. Elsevier Science
Nafría, I. (2008). Web 2.0 : el usuario, el nuevo rey de internet. Gestión 2000
(). Webquest.org. http://www.webquest.org/


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.