Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Lingua Inglesa 2 Código 613G02008
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Descrición e uso da lingua inglesa nun nivel intermedio alto (B2.2)

Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia (B2.1)

Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade. A6
B4
C2
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
B4
C2
Comprender casi todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuales ou películas sempre que se fale un nivel de lingua estándar. A6
B3
B4
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. A6
A15
B1
B3
C2
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A15
B3
B5
C2
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas diversos, transmitindo información ou propoñendo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto. A6
A9
A15
B3
B4
B5
B6
C3
Redactar o curriculum vitae, cartas solicitando traballo ou informes sinxelos con corrección. A6
A9
A15
B3
B4
B6
C2
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. A6
B3
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Gramática 1.1. Uso das cláusulas de relativo
1.2. Uso do estilo indirecto
1.3. Uso dos verbos modais
1.4. Uso das oracións condicionais
1.5. Uso dos verbos con partícula e frases idiomáticas
2. Vocabulario 2.1. Saúde e estado de forma
2.2. Arte e entretemento
2.3. Compras e diñeiro
2.4. Educación
2.5. Ciencia e tecnoloxía
3. Escritura 3.1. O proceso de escritura
3.1.1. Aspectos básicos
3.1.2. Esquematización e edición
3.2. Do parágrafo ao ensaio
3.2.1. Estrutura do ensaio
3.2.2. Coherencia e cohesión
3.3. O ensaio en profundidade
3.3.1. Tipos de ensaio
3.3.2. Ensaio descritivo
3.3.3. Ensaio comparativo
3.3.4. Ensaio argumentativo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 B4 C3 4 0 4
Sesión maxistral A6 A15 B3 28 14 42
Seminario B1 B5 B6 2 3 5
Discusión dirixida B4 B5 C2 10 0 10
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 4 10 14
Lecturas A6 2 20 22
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 3 22 25
Proba práctica A6 A9 A15 B3 B6 5 16 21
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B6 2 4 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos , coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. O alumnado terá tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Lecturas Todo o material que o estudantado terá que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de comprensión lectora así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos encarecidamente.

Proba mixta Proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas.

Proba práctica Tarefas prácticas encomendadas polo profesorado durante o cuadrimestre.
Aprendizaxe colaborativa Traballo presencial e non presencial a través de TICs en pequenos grupos co fin de compartir información e habilidades e optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
Proporcionaranse consellos prácticos e fontes de información.

Ofrecerase atención personalizada durante as horas de titoría semanais para resolver problemas e proporcionar suxestións. Fóra destas horas, tamén se pode contactar co docente por correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A9 A15 B3 B6 O alumnado realizará diferentes tarefas prácticas ao longo do semestre. 25
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 No exame oficial de maio-xuño, o alumnado deberá realizar unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. 60
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final.
15
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: 

Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba oral, proba mixta e proba práctica) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO

No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, deberase repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba oral (15%), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (25%). 

O alumnado que se presente á convocatoria adiada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Atención á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras, e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Thomson, A.J. & Martinet, A.V (1993). A Practical English Grammar. OUP
Brook-Hart, G. (2008). Complete First Certificate. CUP
Mann, M.&S. Taylore-Knowles (2006). Destination B2. MacMillan Publishers
Murphy, R (1990). English Grammar in Use. CUP
Carter, R. et al (2011). English Grammar Today. CUP
McCarthy, M & F. O'Dell (2002). English Vocabulary in Use. CUP
Vince, M (2009). First Certificate Language Pracice.. MacMillan Publishers
Thomas B., et al. (2015). Grammar and Vocabulary for First. . CUP
Woolard, G (2004). Key Words for Fluency. Thomson ELT
Swan, Michael (1996). Practical English Usage.. OUP
Simon, P. (2016). The Grammaring Guide to Eglish Grammar . My E-Book Publishing House

Recommended Websites for autonomous learning:

– http://dictionary.cambridge.org/grammar/british-grammar/ (based on English Grammar Today)

– http://www.grammaring.com/the-grammaring-guide-to-english-grammar (based on The Grammaring Guide to English Grammar)

– https://www.engvid.com/ (free English video lessons on grammar, vocabulary, speaking and pronunciation, listening and writing)

– https://www.ted.com/topics

Bibliografía complementaria

. Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin.

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin.

· Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P

· Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías