Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Historia Código 613G02009
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Vázquez Lijó, José Manuel
Correo electrónico
j.m.vlijo@udc.es
Profesorado
Romero Portilla, Paz
Vázquez Lijó, José Manuel
Correo electrónico
paz.romero.portilla@udc.es
j.m.vlijo@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Historia da historiografía occidental, dende a Antigüidade á Idade Contemporánea. O curso centrarase nas fontes historiográficas, de carácter literario, non só analizando as preferencias temáticas e as orientacións ideolóxicas dos cronistas e historiadores, senón tamén (ao ser unha Facultade de Filoloxía) facendo unha especial énfase nas relacións deses autores cos xéneros literarios concorrentes na representación do pasado, nomeadamente a épica e a novela. Polo demáis, a explicación do contexto histórico constituirá unha conditio sine qua non pra profundar nos autores en cuestión.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar e comentar textos e discursos históricos utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Ter e saber aplicar os coñecementos básicos que permitan reflexionar sobre a disciplina histórica A2
B3
C4
Coñecer o uso que dos conceptos fundamentais tratados se ten feito polos propios historiadores A23
B3
C4
Coñecer a aportación da historia, a literatura e a memoria para a representación do pasado A2
B1
C1
Saber que os conceptos, as escrituras e a investigación histórica estan en permanente construcción A2
A23
B1
B3
C1
C6
Utilizar os coñecementos e técnicas propias da historia no ámbito doutras disciplinas, nomeadamente as relacionadas coa linguaxe como a lingüística e a literatura. A1
A2
A3
A23
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Consideracións xerais acerca da Historia 1.1. Conceito de Historia
1.2. Obxecto e suxeito da Historia
1.3. Método e Teoría
1.4. O espazo e o tempo na Historia
2. O discurso histórico na Antiguidade 2.1. Os precedentes do Exipto, Mesopotamia e outras altas culturas urbanas
2.2. Da historiografía grega ás interpretacións proféticas do cristianismo
3. Da teocracia medieval ao racionalismo da Ilustración 3.1. A teoría das "tres ordes" do feudalismo
3.2. As crónicas medievais
3.3 A singularidade das historiografias non cristiás. Ibn Jaldun; a historiografía chinesa.
3.4. A crítica renacentista
3.4. A racionalidade ilustrada
4. Revolución francesa e liberalismo: o salto cara a construción da Historia como ciencia 4.1. O nacemento da historiografía moderna.
4.2. Discurso histórico e nacionalización do pasado
4.3. As variantes do discurso histórico: liberalismo, romantismo, positivismo e historicismo alemán
4.4 A literatura histórica: literaturas nacionais e sistemas literarios
4.5 Alguns estudos de caso
5. As multitudes na Historia 5.1. A renovación dos "Annales" e a Historia Económica
5.2. O materialismo histórico
6. A crise do discurso histórico nos finais do século XX. 6.1. A destrución da Historia como ciencia
6.2 A volta á narración e outras alternativas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 2 50 52
Obradoiro A1 A2 A10 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 16 0 16
Lecturas A23 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 0 15 15
Sesión maxistral A3 B5 B6 B7 B8 C7 C8 30 0 30
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 12 23 35
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos estudados no curso e recollidos no temario da asignatura.
Obradoiro Debate na aula na base do libro Os Pazos de Ulloa, dos capítulos previamente indicados ao alumnado e lidos por este con anterioridade, en horas non presenciais. A profesora encargada do obradoiro dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos matriculados (agás aqueles con dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores). Valorizaranse as intervencións de cada alumno ao longo do obradoiro.
No apartado de Avaliación (Observacións 3.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia a estas clases no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Lecturas Lecturas complementarias, por conta do alumnado, do material bibliográfico recomendado polo profesor e relacionado coas leccións do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da materia. O seguimento das sesións maxistrais constitúe unha conditio sine qua non pra debater de maneira axeitada nas clases interactivas.
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente indicados polo profesor e lidos polo alumnado en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
No que atinxe á proba obxectiva o profesor clarexará a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización de cada pergunta.

Na discusión dirixida o profesor intervirá pra resolver as dúbidas que cada alumno poda presentar ao longo dos debates.



A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais previamente distribuídos (con preferencia, textos) polo profesor e traballados polo alumno en horas non presenciais. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Observacións indícase o traballo que substitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
20
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Proba escrita (tipo tes) para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia. 50
Obradoiro A1 A2 A10 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito substitutivo que se indica no apartado Observacións á avaliación 30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e
forma as actividades que computan na avaliación. 

2. As actividades e probas que computan para a nota
final e que fosen aprobadas na primeira oportunidade son liberatorias, é dicir,
non se repiten. Por ex., se o estudante suspende na nota final, pero 
acada un 5 ou superior puntuación na proba tipo test, non terá que voltar
examinarse dela. Deberá recuperar soamente a interactividade e/ou taller,
suspensos.

3. Serán cualificados cun Non Presentado (PN) os
alumnos que non asistan ao exame final escrito (proba obxectiva).

4. As faltas de ortografía e/ou
incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

5. Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos
os repetidores e os de dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa
con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e
consigna das súas actividades na aula ou fóra dela. 

6. A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)

7. Os alumnos en situación de matrícula a tempo
parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao
obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario
persoal ao final, da novela Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo
Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor
coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá as seguintes
características: 7 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 5 serán de
resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co
nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado
1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023. Este
traballo substitutivo computará o 20% da nota final. 

 

8. Os alumnos en situación de matrícula a tempo
parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non poidan asistir ás
clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión
bibliográfica do seguinte libro: ÁLVAREZ JUNCO, José e FUENTE MONGE,
Gregorio de la (2017), El relato nacional: historia de la historia de
España
, Madrid, Taurus. O traballo, presentado en papel (NON
dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá
estas características: 8 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 6
serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do
traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12;
interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de
2023.  Este traballo substitutivo computará o 30% da nota final.

 

9. Posibilidades ofrecidas ao alumnado para RECUPERAR
partes suspensas

9.1. Proba obxectiva: todos os estudantes (incluidos
os de dispensa académica e os repetidores) deberán superar un novo exame tipo
test a realizar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade:
xullo) 

9.2. Interactividade (clases dos mércores)

9.2.1. Presentar na data fixada no calendario
académico (2ª oportunidade: xullo) a recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas
mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

9.2.2. No caso de  alumnos con dispensa académica
ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril)
ou mellorar a devandita recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas
características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

9.3. Obradoiro (clases dos venres)

9.3.1. Presentar na data fixada no calendario
académico (2ª oportunidade: xullo) o resumo-comentario persoal da obra Los
Pazos de Ulloa
, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7
destas Observacións

9.3.2.  No caso de  alumnos con dispensa
académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15
de abril) ou mellorar o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de
Ulloa
, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas
Observacións

10. Os alumnos presentados á convocatoria
extraordinaria de decembro concorren nas mesmas condicións sinaladas para a
segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Kelley, Donald (1998). Faces of History. Historical Inquiry from Herodotus to Herder. Yale University
Burrows, John (2007). Historia de las Historias. Barcelona, Crítica

O historiador que ten a achega máis sobranceira á historia da historiografía occidental ata o século XX é, con diferenza, Arnaldo Momigliano (1908-1987). A súa traxectoria investigadora non se pode exemplificar nun libro en particular, aínda que os seus sparsa collecta nos Contributi alla storia degli studi classici (10 vols., Milano 1955-2012) constitúen o título más recoñecido, tanto pola súa amplitude cronolóxica como pola variedade de contidos. 

Bibliografía complementaria Fernández Pérez-Sanjulián, C. (2003). A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. Concello de Pontevedra e Fundación Caixa Galicia
Ferreira da Cunha, C. M. (2002). A construçäo do discurso da história literária na literatura portuguesa do século XIX.. Universidade do Minho. Centro de Estudos Humanísticos
Hobsbawm, E. e Ranger, T. (1984). A invençäo de tradiçöes. Rio de Janeiro, Paz e Terra
Thompson, J. (2009). As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galicia contemporánea.. Vigo, Galaxia
Velasco Souto, C. F. (2011). Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza. http://illa.udc.es/novelahistoricagalega/estudos/estudos.html
Salinas Portugal, F. (2003). Emerxencia literaria e construción nacional: o romance fundacional. A Tavares (0rg.):Estudos Galego Brasileiros. Rio de Janeiro
González -Stephan, B. (2002). Fundaciones: canon, historia y cultura nacional. La historiografía literaria del liberalismo hispanoamericano del siglo XIX.. París/Frankfort, Iberoamericana-Vervuert.
Vega, Mª J. (2003). Imperios de papel. Introducción a la crítica postcolonial. Barcelona, Crítica
Ainsa, F. (1997). Intervención literaria y reconstrucción"histórica en la nueva narrativa latinoamericana.. K. Kohut (ed.): La invención del pasado. La novela histórica en el marco de la posmodernidad. Frankf
Thiesse, A. M. (2010). La creación de las identidades nacionales. Madrid, Ezaro
Casanova, P. (2001). La República mundial de las letras.. Barcelona, Anagrama
Moradiellos, E. (2002). Las caras de Clío. Introducción a la historia. Madrid, Siglo XXI editores
Velasco Souto, C. F. (2011). Memoria histórica, identidade nacional e discurso literário na Galiza. Helena Rebelo (org.): Lusofonia. Tempo de reciprocidades. Porto, Ed. Afrontamento
LLorens, I. (1998). Nacionalismo y literatura. Constitución e institucionalización de la república de las letras cubanas". Universitat de LLeida
Bermejo Barrera, J. C. (2000). Pensa-la Historia. Ensaios de Historia teórica. Vigo, Ir Indo
Hernández Sandioca, E. (2004). Tendencias historiográficas actuales. Madrid, Akal
Carr, E. H. (2003). ¿Qué es la historia?. Barcelona, Ariel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesor recomenda para un desenvolvemento satisfactorio da materia: - Seguemento puntual das aulas - Realización das lecturas obrigatorias - Mantemento dunha actitude autocrítica co traballo realizado, sempre na procura dunha mellora constante - Recorrer ao profesor no momento en que ao aluno se lle apresentaren dúbidas e problemas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías