Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A15
|
B7
|
C1
|
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) |
A2 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. |
A7 A11 A14 A17
|
B3 B8
|
C6
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. |
A11
|
B1 B3
|
C6
|
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. A literatura galega |
1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas. |
2. Literatura medieval galego-portuguesa. |
2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval. |
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. |
3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega? |
4. O século XIX. O Rexurdimento. |
4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A poesía. Eduardo Pondal. Manuel Curros Enríquez.
4.4 A prosa e o teatro. Período Intersecular. |
5. O século XX. |
5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 Grupo Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo. Afonso Daniel R. Castelao.
5.1.2 As Vangardas. Manuel Antonio.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.2.1 Luís Seoane.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa. Eduardo Blanco-Amor.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores. Álvaro Cunqueiro.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa. Xosé Luís Méndez Ferrín.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
B5 |
1 |
0 |
1 |
Document analysis |
A1 A2 A4 B1 B7 |
11 |
11 |
22 |
Workbook |
A7 A11 A17 B9 B10 |
0 |
40 |
40 |
ICT practicals |
B1 B3 B5 B6 C6 |
1 |
1 |
2 |
Guest lecture / keynote speech |
A7 A11 B7 |
30 |
21 |
51 |
Oral presentation |
A4 A15 B4 B7 C1 |
10 |
10 |
20 |
Seminar |
A11 A15 B4 B7 |
12 |
10 |
22 |
Events academic / information |
A7 A11 B3 B5 B8 |
2 |
2 |
4 |
Supervised projects |
A9 A11 A14 B1 B3 B5 B6 C1 |
2 |
20 |
22 |
Mixed objective/subjective test |
A2 A7 A11 C1 |
4 |
35 |
39 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis. |
Document analysis |
Léctura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). |
Workbook |
Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado. |
ICT practicals |
Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía. |
Guest lecture / keynote speech |
Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. |
Oral presentation |
Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Seminar |
Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario. |
Events academic / information |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Supervised projects |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado. |
Mixed objective/subjective test |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Seminar |
Document analysis |
|
Description |
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A9 A11 A14 B1 B3 B5 B6 C1 |
O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle. |
20 |
Workbook |
A7 A11 A17 B9 B10 |
As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido.
A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións e a elaboración de dous comentarios, un por cuadrimestre, que deberán seguir as pautas indicadas polo profesorado. |
20 |
Events academic / information |
A7 A11 B3 B5 B8 |
Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma moodle. |
10 |
Mixed objective/subjective test |
A2 A7 A11 C1 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
50 |
|
Assessment comments |
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. O alumnado terá de entregar os traballos e as actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 1. Requisitos para superar a materia Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final a obtida na proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar). 2. Non presentado/a Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A. 3. Segunda oportunidade O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 4. Dispensa académica O/a estudante que teña concedida dispensa académica deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de setembro. 5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro. 6. Convocatoria adiantada de decembro Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.
|
Sources of information |
Basic
|
|
Obras de lectura: Selección de textos medievais. Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Afonso Daniel R. Castelao, Cousas. Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa. Rafael Dieste, A fiestra valdeira. Luís Seoane, A soldadeira. Mª Xosé Queizán, A orella no buraco. Manuel Forcadela (ed.), Poesía de posguerra. Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe. Unha obra do século XXI asignada polo profesorado entre tres propostas por cada estudante. Cando for preciso, o profesorado indicará as edicións recomendadas para a lectura. |
Complementary
|
|
O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes: Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981. Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997. Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña. Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Vilavedra, Dolores (coord.), Dicionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000. Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999. VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols. E os recursos en liña: Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura:http://www.poesiagalega.org/ Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de recursos virtuais:http://www.aelg.org Biblioteca virtual de prensa histórica:http://prensahistorica.mcu.es/es/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña:http://bvg.udc.es/index.jsp Centro Ramón Piñeiro:dicionario de termos literarios, base de datos da lírica profana galego-portuguesa, informes de literatura: http://www.cirp.es Fundación Curros Enríquez:http://www.currosenriquez.es/ Fundación Rosalía:http://www.rosaliadecastro.org Galiciana. Biblioteca de Galicia:http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion http://www.culturagalega.org/lg3 (portal da lingua do Consello da Cultura Galega) Mediateca do Consello da Cultura Galega:http://consellodacultura.org/mediateca/index.php Plataforma open access de revistas científicas electrónicas españolas e latinoamericanas:http://www.erevistas.csic.es/directorio.php?idClas=6 Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa:http://cantigas.fcsh.unl.pt Real Academia Galega, hemeroteca e biblioteca virtual:http://academia.gal Repositorio institucional da Universidade da Coruña:http://ruc.udc.es/dspace/ Sección Letras Galegas da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:http://www.cervantesvirtual.com/areas/letras?galegas?0/ |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía. Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, a plataforma moodle e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado. |
|