Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Lingua Inglesa 3 Código 613G02015
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
luis.pcastelo@udc.es
Profesorado
Fowlie , James Alexander
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
james.fowlie@udc.es
luis.pcastelo@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía e profundiza os coñecementos da lingua inglesa, consolidando as competencias de B2 e cubrindo unha parte das competencias de C1 nas catro habilidades básicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudantado debe expresarse dunha maneira creativa, orixinal e imaxinativa en textos orais e escritos de lingua inglesa. A6
A9
A15
B1
B3
B4
B5
B6
C2
O estudantado debe tomar parte activa en debates orais sobre asuntos de interese cotiáns e xerais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando unha linguaxe apropiada. A1
A6
A9
B3
B4
B5
B10
C2
O estudantado debe poder expoñer con claridade a súa opinión sobre diferentes temas e textos, explicando claramente e destacando os puntos principais do seu argumentario, debatindo de xeito axeitado, procurando convencer os demais e respondendo ás cuestións e dúbidas que poidan xurdir. A1
A6
A9
A10
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C2
C4
O estudantado debe poder seguir os discursos de textos orais dos medios de comunicación, sempre que se fale un nivel de lingua estándar, pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
B3
B4
B8
B10
C2
C4
O estudantado debe ser capaz de expresarse en inglés escrito con claridade e fluidez, dunha forma coherente e ben organizada, usando conectores de maneira apropiada. Deben usar vocabulario e estruturas que matizan e expresan modalidade: graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade/improbabilidade, usando parágrafos e puntuación correctamente. A1
A6
A9
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C2
C4
O estudantado debe ter a capacidade de entender as principais ideas da maioría dos textos orais ou escritos en inglés, seguir liñas argumentais complexas e identificar as principais conclusións ás que chegou o falante, sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A1
A6
B4
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Gramática 1.1. Usos de it
1.2. Usos de wish e outras construcións para expresar a irrealidade.
1.3. Expresión da énfase: Oracións cleft e semicleft, inversión, extraposición...
1.4. Adverbiais
1.5. Clases de palabras e formación de palabras
2. Vocabulario 2.1. A cidade e as vilas
2.2. Os lugares nos que vivimos
2.3. Política e regulacións
2.4. O medio ambiente
2.5. Diversidade e discriminación
3. Writing 3.1. Expresar a opinión propia e convencer os demais
3.1.1. Críticas
3.1.2. Informes
3.2. Cartas
3.2.1. Cartas formais e informais
3.2.2. Cartas de reclamación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C2 2 0 2
Sesión maxistral A6 A15 B3 B10 C4 C2 22 16 38
Portafolios do alumno A1 A6 A9 A10 A15 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C2 C4 5 17 22
Seminario A1 A6 A10 B6 C2 15 15 30
Discusión dirixida A1 A6 A9 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 14 0 14
Proba oral A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 1 8 9
Proba obxectiva A6 B3 B6 C2 0 34 34
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que as actividades teñen como fin a obtención de información sobre o nivel de competencia do estudantado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e prácticos, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos do estudantado da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Portafolios do alumno Conxunto de tarefas de redacción encomendadas durante o cuadrimestre.
Seminario Son sesións prácticas nas que se traballan as habilidades básicas en relación co programa, e nomeadamente, o speaking, o listening e o reading.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento do profesor, nos que se poñen en práctica as habilidades do estudantado, e nos que poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Todos os estudantes realizarán unha presentación oral ao final do cuatrimestre, na cal deberán amosar a súa competencia comunicativa en inglés. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou como un vlog.
Proba obxectiva Exame escrito. Permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas e basearase nos materiais utilizados ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O profesor corrixirá ao longo do curso varias redaccións de cada estudante.

O estudantado deberá ter en conta os seus erros e as correccións e comentarios para futuras ocasións. Poderán e deberían consultar co profesorado sobre a maneira de mellorar o seu rendemento, e usar o tempo dedicado á auto-aprendizaxe para corrixir erros.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B3 B6 C2 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais presentados na clase. Incluirá varios tipos de exercicios. Deste 60% da materia, 40% corresponderá a un exame escrito de gramática e vocabulario, 100% a unha comprensión de texto escrito (reading) e 10% a unha comprensión de texto oral (listening). 60
Seminario A1 A6 A10 B6 C2 No seminario avaliarase o conxunto de tarefas de comprensión escrita (reading) e oral (listening) realizadas durante o curso. 10
Proba oral A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 Todo o estudantado realizará unha presentación oral ao final do cuadrimestre, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas orais en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronunciación e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticais. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou coma un vlog. 15
Portafolios do alumno A1 A6 A9 A10 A15 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C2 C4 Avaliaranse varias redaccións (writing). As características de cada unha serán explicadas polo profesor na aula. 15
 
Observacións avaliación
  • Superación da materia

Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as seguintes dúas condicións:

A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.

B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba oral", "proba obxectiva" e "portafolios do alumno".

No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.

  • Entrega de traballos:

Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos 10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.


  • Cualificación de Non Presentado (NP):

Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin a Proba oral.

  • OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das diferentes actividades de avaliación mais na que os traballos de Seminario e Portafolios serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán ser repetidas na oportunidade de xullo. 

  • DISPENSA ACADÉMICA:

O estudantado con dispensa académica oficialmente recoñecida será avaliado segundo as indicacións  para a oportunidade de xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña coñecemento da mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica Quirk, Randolph & Sidney Greenbaum (1985). A University Grammar of English. London: Longman
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. London: MacMillan
Mann, Malcolm (2008). Destination C1 and C2: grammar and vocabulary. London: MacMillan
Tims, Nicholas et al. (2014). Face2face Advanced Workbook. Cambridge: CUP
Burgess, Sally & Amanda Thomas (2014). Gold Advanced Coursebook. Harlow: Pearson
Edwards, Lynda & Jacky Newbrook (2014). Gold Advanced. Maximiser with key.. Harlow: Pearson
Jones, Leo (2001). New Cambridge Advanced English. Cambridge: CUP
Swan, Michael (1996). Practical English Usage. Oxford: OUP

Bibliografía complementaria Thomson, Audrey Jean & Agnes V. Martinet (1993). A Practical English Grammar. Oxford: OUP
Collie, Joanne & Stephen Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Listening 3 (and 4). Cambridge: CUP
Greenall, Simon & Diana Pye (1993). Cambridge Skills for Fluency: Reading 3 (and 4). Cambridge: CUP
Collie, Joanne & Stephen Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3 (and 4). Cambridge: CUP
Littlejohn, Andrew (1993). Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: CUP
Greenall, Simon & Michael Swan (1986). Effective Reading. Cambridge: CUP
Hewings, Martin (1999). English Grammar in Use. Advanced.. Cambridge: CUP
McCarthy, Michael & Felicity O’Dell (1996). English Vocabulary in Use.(Advanced). Cambridge: CUP
O’Connell, Sue (1992). Focus on Advanced English. London: Nelson
Side, Richard & Guy Wellman (2000). Grammar and Vocabulary for CAE and CPE. London: Longman
Beaumont, Digby & Colin Granger (1991). Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann
Swan, Michael & Catherine Walter (1997). How English Works. Oxford: OUP
Allsop, Jake & Peter Watcyn-Jones (1990). Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin
Allsop, Jake & Peter Watcyn-Jones (1990). Test Your Prepositions. London: Penguin


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 2/613G01008
Lingua Inglesa 1/613G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa 4/613G01019

Observacións
<ul>
  • <b>Medidas de apoio á diversidade</b>
  • </ul><p>A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).</p><p><ul>
  • <b>Medidas de apoio á igualdade</b>
  • </ul></p><p>Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)</p><p>Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.</p><p>Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.</p>


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías