Identifying Data 2019/20
Subject (*) History of the Galician and Portuguese Languages Code 613G02020
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Ferreiro Fernandez, Manuel
E-mail
manuel.ferreiro@udc.es
Lecturers
Ferreiro Fernandez, Manuel
E-mail
manuel.ferreiro@udc.es
Web
General description Estudo histórico da lingua galega e portuguesa: evolución externa e interna.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A22 Dominar a gramática da lingua portuguesa.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A24 Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber analizar e comentar textos de diverso tipo (antigos e modernos, escritos e orais, literarios e non literarios etc.) A1
A2
A9
A11
A16
B5
B8
Ter un dominio avanzado oral e escrito da lingua galega e portuguesa. A4
A9
A21
A22
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e aplicar os coñecementos lingüísticos á análise diacrónica A11
A14
A15
Coñecer a historia e a cultura de Galiza e dos países de expresión portuguesa e mais a súa situación sociolingüística A19
A20
A23
A24
Coñecer a variación lingüística nos territorios galegófonos e lusófono, e apreciar a diversidade lingüística, social, cultural etc. A25
A26
B8
B10
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega e portuguesa, desde a Gallaecia e Lusitania (latín) á actualidade. A13
A27
A28
Utilizar recursos bibliográficos de tipoloxía variada e ferramentas tecnolóxicas acaídas para a investigación lingüística e a autoformación. A14
B1
B2
B3
B6
C3
C6
Integrar e relacionar os coñecementos con outras áreas e disciplinas máis ou menos afíns B3
B4
B5
B7
B8
C1
C2
C6
Exercer o pensamento crítico, con capacidade de análise e de síntese, orientado a comprender a importancia do coñecemento como motor do avance social e garantía dunha sociedade libre B7
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución á historia da lingua e á diacronía lingüística. 1.1. Historia e constitución como disciplina científica. Métodos de análise.
1.2. A mudanza das linguas.
1.3. A importancia da diacronía nos estudos lingüísticos.
2. O nacemento da lingua galego-portuguesa. 2.1. Contexto histórico. O latín galaico, os substratos e os superestratos.
2.2. Do latín ao galego-portugués.
3. O galego-portugués medieval. 3.1. Contexto histórico, social e cultural.
3.2. Características lingüísticas e evolutivas desde o latín.
4. A diversificación do sistema lingüístico. 4.1. O galego: evolución sociohistórica e transformacións lingüísticas.
4.2. O portugués continental: contexto sociohistórico, periodización e mudanzas lingüísticas.
4.3. O portugués do Brasil: contexto e evolución lingüística.
4.4. Outras variedades do portugués.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A11 A13 A19 A20 A25 A26 A27 A28 B5 20 30 50
Workshop A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 15 30 45
Workbook A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 1 30 31
Supervised projects A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 1 10 11
Oral presentation A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 1 6 7
Mixed objective/subjective test A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 1 4 5
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos antigos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Workbook Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor, coa correspondente entrega, por parte do alumnado, de resumos e/ou recensións.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Oral presentation Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Mixed objective/subjective test Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Workshop A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 20
Workbook A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor: será avaliada a través das correspondentes recensións e/u comentarios críticos entregados. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. 15
Mixed objective/subjective test A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
Supervised projects A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 15
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.

Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo.


Sources of information
Basic Nogueira, Camilo (2008 [2001]). A memoria da nación: o reino da Gallaecia. Vigo: Xerais
Castro, Ivo (1991). Curso de História da Língua Portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
Cunha, Antônio Geraldo da (1997). Dicionário Etimológico Nova Fronteira da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira
Rivas Quintas, Eligio (2015). Dicionario Etimolóxico da Lingua Galega. Santiago: Tórculo
Mariño Paz, Ramón (2017). Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega. Vigo: Xerais
Ferreiro, Manuel (1999). Gramática histórica galega. Vol. I. Fonética e morfosintaxe. Santiago: Laiovento
Ferreiro, Manuel (2001). Gramática histórica galega. Vol. II. Lexicoloxía. Santiago: Laiovento
Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
Spina, Segismundo (coord.) (2011). História da Língua Portuguesa. São Paulo: Ateliê Editorial
Teyssier, Paul (1995). História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Maia, Clarinda de Azevedo (1997). História do Galego-Português. Estado Linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o Século XIII ao Século XVI . Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian / JNICT
Câmara Jr., José Mattoso (1991). História e Estrutura da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Padrão-Livraria Editora Ltda.
Monteagudo, Henrique (1999). História social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Castro, Ivo (2006). Introdução à História do Português. Lisboa: Colibri
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
Labow, William (2006). Principio del cambio lingüístico, 2 vols.. Madrid: Gredos
Brocardo, Maria Teresa (2014). Tópicos de História da Língua Portuguesa. Lisboa: Colibri
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.