Identifying Data 2019/20
Subject (*) Galician Language and Oral Communication Code 613G02021
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Freixeiro Mato, Xose Ramon
E-mail
ramon.freixeiro@udc.es
Lecturers
Freixeiro Mato, Xose Ramon
E-mail
ramon.freixeiro@udc.es
Web
General description Estudo aplicado de aspectos gramaticais, especialmente fonéticos e pragmáticos, con incidencia na comunicación oral da lingua galega.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise lingüistica textual. A1
A2
A4
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A3
A4
A9
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega. A9
A21
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica, avaliando criticamente o estilo dun texto e formulando alternativas e correccións. A10
A15
Dominar a gramática da lingua galega. A25
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. B1
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B3
Adquirir capacidade de autoformación. B3
B4
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
B5
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
B6
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
B7
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
C3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. B2
C3
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contents
Topic Sub-topic
1. Lingua e comunicación 1.1. A comunicación oral
1.2.Caracterización da linguaxe humana
1.3. A produción da fala: o aparello fonador
2. Fonética e Fonoloxía 2.1. Definición e relacións; o son e o fonema
2.2. As vogais e as consoantes
2.3. A ortografía: letras e dígrafos
3. Descrición do sistema fonético-fonolóxico da lingua galega 3.1. O sistema vocálico
3.2. O sistema consonántico
3.3. Rendibilidade expresiva: a fonoestilística
4. Trazos prosódicos da lingua galega 4.1. A cadea falada. Fonética sintáctica
4.2. A sílaba
4.3. O acento e a entoación
4.4. Dicción e locución
5. Aspectos pragmáticos da comunicación 5.1. A comunicación oral e as súas modalidades
5.2. A comunicación espontánea. A análise da conversación
5.3. A comunicación oral formal

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A3 A4 A25 B4 B5 B7 C6 20 30 50
Workshop A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 15 30 45
Workbook A2 A4 A9 A21 B1 B2 B3 B6 B7 C6 1 30 31
Supervised projects A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 1 10 11
Oral presentation A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 1 6 7
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 1 4 5
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Workbook Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor. Delas derivaranse resumos e recensións orais por parrte do alumnado nas aulas e ocasionalmente tamén por escrito.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral.
Oral presentation Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro".
Mixed objective/subjective test Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.).

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 Avaliarase a realización correcta das actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). 10
Supervised projects A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma, o grao de consecución das destrezas propias da materia, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 20
Oral presentation A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 Serán valorados a calidade lingüística, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. 20
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 Valoraranse os contidos, a clareza e o rigor expositivo, ben como a calidade lingüística das respostas. 40
Workbook A2 A4 A9 A21 B1 B2 B3 B6 B7 C6 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor; será avaliada a través dos correspondentes resumos e recensións na aula e tamén mediante unha pregunta na proba mixta. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva e a calidade lingüística. 10
 
Assessment comments

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente,







todas as
actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo
o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado
pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorvendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral"); c) o alumno ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación oral").


Sources of information
Basic Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Lecturas obrigatorias

Álvarez Blanco, R. (1988)

Bagno, M. (2001), pp. 95-126

Barroso, H. (1999): pp. 43-63

Fernández Rei, F. (2001): pp. 39-53 e 189-214

Freixeiro Mato, X. R. (2006): pp. 142-159

Regueira, X. L. (2013): "Estándar oral..."

Studer, J. (2000): pp. 125-139
Complementary Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60
Obras para facer a recensión 

(unha por persoa):

Bagno, M. (2001)

Kerbrat-Orecchioni, C. (2006)

Morales, C. J. (2001)

Regueira, X. L. (2012)

Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014)

Studer, J. (2000)

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Galega 2/613G02014

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.