Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lingua Galega e Comunicación Oral Código 613G02021
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo aplicado de aspectos gramaticais, especialmente fonéticos e pragmáticos, con incidencia na comunicación oral da lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado deberá saber diferenciar, na teoría e na práctica oral, os fonemas vocálicos e consonánticos galegos, ben como as súas realizacións. A4
A15
B3
B4
C1
O alumnado deberá demostrar coñecementos avanzados en prosodia e fonética sintáctica da lingua galega. A4
A9
A15
A21
B3
O alumnado deberá ser capaz de realizar enunciados orais espontáneos en lingua galega con calidade fonética e prosódica, ben como de locutar textos formais escritos. A4
A9
A10
A15
B4
C3
C6
O alumnado deberá ser capaz de recoñecer variedades diafásicas orais da lingua galega e de transitar por elas na súa práctica oral. A4
A15
A21
B3
C1
O alumnado deberá recoñecer o valor da diversidade oral da lingua galega e ser quen de superar na súa práctica oral os prexuízos relativos á fonética patrimonial e aos diferentes sotaques (incluído o dos neofalantes). A23
A25
B8
B10
C4
C6
O alumnado deberá saber analizar a calidade fonética, prosódica e fonoestilística dun texto oral galego e presentar resultados por escrito de maneira organizada, sintética e dentro dos estándares da redacción académica. A1
A2
A10
A15
A21
B1
B2
B6
B7
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Comunicación e lingua oral 1.1. Comunicación e linguaxe
1.2. Comunicación oral. Situación comunicativa, actos de fala e funcións lingüísticas
1.3. Lingua oral. Análise da comunicación oral espontánea e formal
1.4. Estratexias e xestión da comunicación oral
2. Fonética e Fonoloxía 2.1. Perspectiva histórica da distinción Fonética-Fonoloxía
2.2. Fonética. Fonética articulatoria (o aparello fonador), acústica e auditiva. Os sons e os alófonos
2.3. Fonoloxía. Os fonemas: definición e delimitación, conmutación, oposición, neutralización e arquifonema
2.4. A transcrición fonética, fonolóxica e do discurso oral
3. Sistema fonético-fonolóxico da lingua galega 3.1. O sistema vocálico. Fenómenos de alteración vocálica
3.2. O sistema consonántico. Fenómenos de alteración consonántica
3.3. A sílaba
3.4. Rendibilidade expresiva: a fonoestilística
4. Trazos prosódicos da lingua galega 4.1. A cadea falada. Fonética sintáctica
4.2. O acento e a entoación
4.3. Dicción e locución

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A10 A25 B7 C6 21 10 31
Obradoiro A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 27 22 49
Lecturas A4 B1 B3 B6 B7 C6 0 10 10
Traballos tutelados A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 1 30 31
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A15 A21 B4 C1 0 20 20
Presentación oral A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 1 7 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral.
Proba mixta Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades teóricas, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.).
Presentación oral Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro".

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización dos "Traballos Tutelados". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 Avaliarase a realización correcta das actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). 10
Traballos tutelados A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma, o grao de consecución das destrezas propias da materia, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 Serán valorados a calidade fonética, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. 20
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A15 A21 B4 C1 Valoraranse os contidos, a clareza e rigor expositivo e mais a calidade lingüística, así como a resolución acertada dos exercicios prácticos. 50
 
Observacións avaliación

Cuestións
xerais
:

1. Para superar a materia,
o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a
5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 valores
sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar
os traballos no prazo fixado e deberán seguir as pautas marcadas en cada caso,
polo que os traballos entregados fóra de prazo ou que non cumpran as pautas non
serán obxecto de avaliación. Así mesmo, todos os traballos deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de
corrección lingüística
(aprobado pola Sección Departamental de
Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial
e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante estudantado. Se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do
correo electrónico.

4. Na 2.ª oportunidade o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que as
actividades prácticas derivadas do "Obradoiro" presencial pasarán a
ser substituídas por outras similares que se entregarán nos prazos marcados
polo profesor. Antes da data oficial do exame ten de ser entregado o
"Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral",
marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de
decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na 2.ª
oportunidade.

5. A cualificación de NON
PRESENTADO/A será considerada cando o alumnado non se presentar á
"Proba mixta" e non entregar ningunha das actividades contempladas na
avaliación.

6. A materia poderá ser adaptada
ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre
académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no
seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

 

Aviso
importante
: Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin,
ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados
nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se
producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas
contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña
(artigo
14.4).

 


Fontes de información
Bibliografía básica Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega

Bibliografía complementaria Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60

Fornerase bibliografía específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Galega 2/613G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías