Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua Portuguesa 1 Código 613G02022
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e no uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe adquirir todas as competencias do usuario básico (A2), ben como se iniciar na adquisición de competencias do usuario independente, encadrado no nivel soleira (B1), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A22 Dominar a gramática da lingua portuguesa.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar a lingua galega na oralidade e na escrita a nivel avanzado. A4
A8
A15
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A1
A2
A10
A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B2
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. A26
B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade A20
B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. A12
A20
A21
A22
C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Apresentar-se e despedir-se. Cumprimentar e dar informações pessoais. 1.1. Presente do Indicativo. Artigos. Nome (género e número). Pronomes pessoais. Formas de tratamento. Numeração. Interrogativos. Possessivos.
1.2. Dados pessoais. Profissões.
1.3. Aspetos geográficos relacionados com Portugal.
2. Localizar e descrever lugares. Pedir informações e indicar direções. 2.1. Demonstrativos. Advérbios de lugar. Imperfeito de cortesia. Imperativo.
2.2. Fórmulas sociais. Léxico espacial.
2.3. Aspetos sócio-culturais relacionados com a vida quotidiana em Portugal.
3. Descrever objetos, pessoas e estados climatéricos. 3.1. Graus dos adjetivos.
3.2. Corpo humano; cores; cidade e campo; familia; clima; saúde.
3.3. Funcionamento do serviço básico de saúde em Portugal.
4. Relatar ações quotidianas. Fazer reservas e pedidos. Escrever cartas. Reclamar. Expressar gostos e preferências. 4.1. "Costumar" + infinitivo; "poder" + infinitivo.
4.2. Horas; dias; meses e estações; épocas festivas; dia a dia; alimentação; transporte; vestuário; falsos amigos.
4.3. Pratos típicos portugueses e hábitos alimentares.
5. Fazer planos. Convidar, aceitar e recursar convites. 5.1. "Ter de"/"ter que"; "precisar de"; "dever". Estruturas frásicas com "ainda" e "já".
5.2. Trabalho e lazer.
5.3. Festividades importantes.
6. Relatar acontecimentos passados. 6.1. Pretérito Perfeito Simples e Pretérito Imperfeito do Indicativo. Desde e há. CD, CI e CC. Maiúsculas e minúsculas.
6.2. Noticia e história(s). Ações habituais no passado.
6.2. Personalidades destacadas de Portugal.
7. Fazer reconto de eventos. Estabelecer comparações. 7.1. Particípio Passado. Pretérito Mais-que-Perfeito Composto do Indicativo. Indefinidos. "Tão" e "tanto". Derivação. Consoantes mudas.
7.2. Meios de comunicação social e eventos culturais.
7.3. Aspetos práticos relacionados com o trabalho em Portugal.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A8 A15 B1 B7 B8 C2 C4 0 11 11
Obradoiro A2 A8 A10 A12 A15 B4 B5 B7 C2 C4 14 14 28
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 1 0 1
Prácticas a través de TIC A8 B1 B2 B3 C2 0 10 10
Resumo A8 A11 A15 B3 B6 B7 C2 0 15 15
Sesión maxistral A8 A15 A21 B4 B5 B8 C2 C4 15 16 31
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 0 20 20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 B1 B3 B5 B6 B7 C2 3 0 3
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 14 14 28
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o estudantado a terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, co obxectivo de facilitaren unha correcta comprensión.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. En tales sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, cada estudante levará a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Discusión dirixida Enténdese por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do profesor ou da profesora. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o alumno ou a alumna informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, cada estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento, quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 B1 B3 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 10
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba obxectiva deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva.

6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e traballos tutelados (30 %).


Fontes de información
Bibliografía básica Frías Conde, X. (2014). Compêndio de gramática portuguesa elementar. s.l.: Ianua Editora
Casteleiro, J. M.(coord.) (2001). Dicionário da Língua Portuguesa. Lisboa: Verbo.
Coelho, J. (2015). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Ventura, H.; Caseiro, M. (2011). Guia prático de verbos com preposições . Lisboa: Lidel
Monteiro, D.; Pessoa, B. (2011). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel
Cintra, L.; Cunha, C. (2013). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Figueirinhas
Bergström, M.; Reis, N. (2011). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Alfragide: Casa das Letras

 

Bibliografía complementaria Coelho, L.; Oliveira, C. (2008). Aprender Português 1 - Compreensão Oral Níveis A1/A2 - Inicial (Livro + Cd). Lisboa: Texto Editora
Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Aprender Português 1, 2 (Manual e caderno de exercícios). Lisboa: Texto Editora
Mascarenhas, L. (2014). Cultura e História de Portugal - Volume 1 - Níveis A2/B1. Porto: Porto Editora
Lemos, H. (2013). Dialogar em Português. Lisboa: Lidel
S/A (2011). Dicionário Ilustrado - Português Dicionário de Português Língua Não Materna. Porto: Porto Editora
Matos, M. (2013). Dicionário ilustrado de Português. Lisboa: Lidel
Pascoal, J.; Oliveira, T. (2013). Exames de Português A2 - B2 CAPLE-UL - CIPLE, DEPLE, DIPLE + CD Áudio . Lisboa: Lidel
Rente, S. (2013). Expressões idiomáticas ilustradas. Lisboa: Lidel
Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Gramática Aplicada Português Língua Estrangeira - A1/A2/B1. Lisboa: Texto Editora
Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2011). Gramática Ativa 1. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2012). Gramática Ativa 2. Lisboa: Lidel
Arruda, L. (2014). Gramática de Português Língua Não Materna. Porto: Porto Editora
Vázquez Cuesta, P. (2004). O que um falante de português deve saber sobre o galego. Lisboa: Colibri
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalantes. Vigo: Xerais
Silva, M. (2011). Português atual 1 . Lisboa: Lidel
Malcata, H. (2013). Português atual 2. Lisboa: Lidel
Freitas, F.; Henriques, T. (2011). Qual é a dúvida?. Lisboa: Lidel
S/A (2014). SOS Português! - Língua Não Materna - Gramática A1 - B1. Porto: Porto Editora
S/A (2009). SOS Português! - Língua Não Materna - Vocabulário A1 - B1. Porto: Porto Editora
Rosa, L. (2004). Vamos lá Começar! Exercícios de vocabulário. Lisboa: Lidel
Rosa, L. (2011). Vamos Lá Começar! Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa: Lidel
Rosa, L. (2011). Vamos Lá Continuar! - Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa: Lidel
Ruela, I. (2015). Vocabulário temático. Lisboa: Lidel

RECURSOS DISPONÍVEIS NA INTERNET

Documentos orientadores:

Sítios institucionais:

Dicionários e recursos linguísticos:

Sites e manuais para a aprendizagem da língua:

Ferramentas de pronúncia:

Ferramentas de tradução:

Cultura:

Imprensa:


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Galega 1/613G02002

Materias que continúan o temario
Lingua Portuguesa 2/613G02035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías