Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 613G02023
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise e o comentario críticos a textos e discursos literarios e non literarios, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
Identificar os problemas e temas de investigación do ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
A15
A16
A17
A18
B3
B6
Aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A1
A2
A7
A11
A14
A15
A16
A17
A18
B3
B7
Interiorizar e aplicar un coñecemento avanzado da literatura galega e portuguesa. A1
A17
A18
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. A1
A2
B1
B3

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura medieval e a Idade Media. Nocións preliminares.
A literatura galego-portuguesa medieval: definición, delimitación e contextualización.
2. A poesía profana e relixiosa galego-portuguesa medieval. Ámbitos, cronoloxía e periodización.
A tradición manuscrita e a lingua lírica.
A poética: xéneros, retórica, métrica e música.
Autores e intérpretes.
3. A poesía profana. A cantiga de amor.
A cantiga de amigo.
As cantigas satíricas.
Outros xéneros.
4. A poesía relixiosa: as Cantigas de Santa María. Autoría, transmisión manuscrita e fontes.
Estrutura e clasificación tipológica.
5. A prosa galego-portuguesa medieval. A Historiografía.
As materias narrativas: a Materia de Bretaña e a Materia de Roma.
A prosa relixiosa e didáctica.
Fernam Lopez e a produción cronística.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A17 A18 20 30 50
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 22 33 55
Lecturas A2 A7 B6 B7 1 30 31
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 2 11 13
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC ou o estudo de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, atópase a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A7 B6 B7 Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
20
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 50
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá
obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos
avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo
fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico.
























A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a
non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades
contempladas inferior ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Brea, M. / Lorenzo, P. (1998). A cantiga de amigo. Vigo: Xerais
Beltrán, V. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais
Gutiérrez, S. / Lorenzo, P. (2001). A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago
Polín, R. (1994). A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Servicio de publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiag
Tavani, G. (1990). A Poesia Lírica Galego-Portuguesa. Lisboa: Comunicação
Lanciani, G. / Tavani, G. (1995). As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais
Fidalgo, E. (2002). As Cantigas de Santa María. Vigo: Xerais
Projeto Littera (). Cantigas Medievais Galego-Portuguesas http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp.
Lanciani, G. / Tavani, G. (orgs.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho
Brea, M. (coord.) (2000). Galicia. Literatura. A Idade Media. XXX.. A Coruña: Hércules de Ediciones
Dias, A. F. (1998). História Crítica da Literatura Portuguesa. Idade Média. Lisboa / São Paulo: Verbo
Pena, X. R. (2002). Historia da Literatura Medieval Galego-Portuguesa.. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Lapa, M. Rodrigues (1981). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval.. Coimbra: Coimbra Editora
Buescu, Mª L. Carvalhão (1990). Literatura portuguesa medieval. Lisboa: Universidade Aberta
Oliveira, A. Resende de (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa: Notícias
Oliveira, A. Resende de (1995). Trobadores e Xograres (Contexto Histórico). Vigo: Xerais

Obras de lectura obrigatoria:

- Arias Freixedo, X. B. (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa (Vigo: Xerais).

- Ferreiro, M. / Martínez Pereiro, C. P. (1996): Cantigas de Santa María. Afonso X (Antoloxía) (Vigo: A Nosa Terra / AS-PG).

- Freixeiro Mato, X. R. (1996): Prosa literaria medieval (Antoloxía) (Vigo: A Nosa Terra / AS-PG).

- Lopes, F. (1993): Crónicas de Fernão Lopes (Selecção, introdução e notas por Maria Ema Tarracha Ferreira) (Lisboa: Ulisseia) [unicamente é de lectura obrigatoria a parte da Crónica de D. João I].

Bibliografía complementaria Marques, A. H. Oliveira (1981). A Sociedade Medieval Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Martins, M. (1980). Estudos de Cultura Medieval. Lisboa: Brotéria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías