Identifying Data 2022/23
Subject (*) Medieval Galician and Portuguese Literature Code 613G02023
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Eirin García, Leticia
E-mail
leticia.eirin@udc.es
Lecturers
Eirin García, Leticia
E-mail
leticia.eirin@udc.es
Web
General description Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Aplicar a análise e o comentario críticos a textos e discursos literarios e non literarios, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B1
B7
Identificar os problemas e temas de investigación do ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
A15
A16
A17
A18
B3
B6
Aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A1
A2
A7
A11
A14
A15
A16
A17
A18
B1
B3
B6
B7
C1
C8
Interiorizar e aplicar un coñecemento avanzado da literatura galega e portuguesa. A1
A17
A18
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. A1
A2
A14
A15
A16
A17
A18
B1
B3
C1
C6

Contents
Topic Sub-topic
I. Cuestións introdutorias 1. A Idade Media e a literatura medieval galego-portuguesa
II. A poesía profana galego-portuguesa 2. Xénese, cronoloxía e axentes do trobadorismo galego-portugués
3. Os textos manuscritos conservados e o corpus lírico
4. Poética e retórica trobadorescas
5. A cantiga de amor
6. A cantiga de amigo
7. A cantiga de escarnho e maldizer
8. Xéneros ou modalidades xenéricas pouco representadas
9. As prolongacións da escola trobadoresca
III. A poesía relixiosa galego-portuguesa 10. As Cantigas de Santa Maria
IV. A prosa literaria e historiográfica 11. Cuestións previas. As materias narrativas: a materia de Bretaña e a materia de Roma
12. A historiografía e a prosa xacobea

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A7 B1 B3 C1 C8 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A7 A11 A17 A18 B7 21 1 22
Document analysis A2 A11 A15 B7 10 10 20
Seminar A2 A11 A14 A15 B1 B7 C6 C8 10 10 20
Glossary A2 A7 A15 A17 B1 B3 B6 1 9 10
Workbook A2 A7 B6 B7 C1 C6 1 37 38
Oral presentation A2 A11 A14 A15 A17 A18 B1 B3 B7 C1 C8 2 12 14
ICT practicals B1 B3 C6 C8 2 0 2
Mixed objective/subjective test A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 2 20 22
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas.
Document analysis Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía.
Seminar Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado.
Glossary O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataforma contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír a definición e exemplos dos termos fixados pola profesora e dos que eventualmente poidan aparecer nas aulas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema (Poética e retórica trobadorescas) 4 e completado con frecuencia semanal.
Workbook Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Oral presentation Consistirá na exposición dunha lectura sobre a Idade Media, previamente acordada coa profesora.
ICT practicals Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas.
Mixed objective/subjective test Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Personalized attention
Methodologies
Workbook
Mixed objective/subjective test
Glossary
Oral presentation
Description
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria. A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: proba mixta (50%), lecturas (30%), presentación oral (20%).
As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A2 A7 B6 B7 C1 C6 As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas dos grupos de docencia interactiva.
A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións e na elaboración de dous comentarios, que deberán seguir as pautas indicadas pola profesora.
30
Mixed objective/subjective test A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
Glossary A2 A7 A15 A17 B1 B3 B6 Será valorada a correcta definición e exemplificación das entradas introducidas por cada alumno/a. 10
Oral presentation A2 A11 A14 A15 A17 A18 B1 B3 B7 C1 C8 Cada alumno/a deberá realizar unha lectura sobre a Idade Media, previo acordo coa profesora, que deberá presentar de xeito oral ante os seus compañeiros e compañeiras.
Serán valoradas a comprensión da lectura, a capacidade de análise e síntese, así como os medios empregados para a presentación.
20
 
Assessment comments

Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas.

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse realizar ou presentar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO/A

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta.

3. DISPENSA ACADÉMICA E MATRÍCULA PARCIAL

As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación:

- Proba mixta (50%).
- Lecturas (30%). Para concretar as características dos comentarios, o/a estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 30 de setembro. 
- Presentación oral (20%).

As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE POR RAZÓNS HORARIAS OU LABORAIS

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo á profesora a través dun correo electrónico antes do 30 de setembro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica.

5. APOIO Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC ou no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía a través do correo electrónico pat.filoloxia@udc.gal).

6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega da recensión bibliográfica fixada na guía docente (40%).















Sources of information
Basic Brea, Mercedes & Lorenzo Gradín, Pilar (1998). A cantiga de amigo. Vigo: Xerais
Beltrán, Vicenç (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais
Gutiérrez, Santiago & Lorenzo Gradín, Pilar (2001). A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media. Santiago de Compostela: Universidade
Polín, Ricardo (1994). A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Universidade
Tavani, Giuseppe (1991). A poesía lírica galego-portuguesa (3ª ed.). Vigo: Galaxia
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (1995). As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais
Fidalgo, Elvira (2002). As Cantigas de Santa María. Vigo: Xerais
Lopes, Graça Videira & Ferreira, Manuel Pedro et alii (2011-). Cantigas Medievais Galego-Portuguesas <http://cantigas.fcsh.unl.pt>. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais / FCSH / NOVA
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (orgs. e coords.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho
Brea, Mercedes (coord.) (2000). Galicia. Literatura. Tomo XXX. A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones
Corral, Esther (coord.) (2010). Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Corral, Esther & Pichel, Ricardo (coords.) (2020). Guía para o estudo da prosa galega medieval. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Dias, Aida Fernanda (1998). História Crítica da Literatura Portuguesa. Idade Média. Volume I. Lisboa / São Paulo: Editorial Verbo
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1953. Vigo: Galaxia
Lapa, Manuel Rodrigues (1955). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval. Coimbra: Coimbra Editora
Buescu, Mª Leonor Carvalhão (1990). Literatura Portuguesa Medieval. Lisboa: Universidade Aberta
Oliveira, António Resende de (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa: Notícias Editorial
Oliveira, António Resende de (1995). Trobadores e Xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-). Universo Cantigas <http://universocantigas.gal>. A Coruña: Universidade

Obras de lectura obrigada:

- Arias Freixedo, Xosé Bieito (2003).&nbsp;Antoloxía da lírica galego-portuguesa.&nbsp;Vigo: Xerais.

- [SELECCIÓN DE TEXTOS] Ferreiro, Manuel &amp; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (1996).&nbsp;Cantigas de Santa María. Afonso X (Antoloxía).&nbsp;Vigo: A Nosa Terra &amp; AS-PG.

- [SELECCIÓN DE TEXTOS] Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1996).&nbsp;Prosa literaria medieval (Antoloxía).&nbsp;Vigo: A Nosa Terra &amp; AS-PG.

- Lectura individual acordada coa profesora e que o alumnado terá de expor nas aulas.

Complementary

Proporcionaranse outros recursos bibliográficos específicos e en liña para os temas tratados nesta materia a través do Campus Virtual.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Literatura Galega/613G02012

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Editing and Commentary of Galician and Portuguese Texts/613G02028

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.