Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea 1 Código 613G02024
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.gal/filo
Descrición xeral Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XIX.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. A1
A3
A4
A10
A11
A15
B3
B7
C1
C6
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma A1
A7
A11
A14
A17
A19
A23
A27
B5
B8
B9
B10
C1
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos A1
A2
A4
A10
A11
A14
A15
A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
C1
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués A4
A7
A11
A14
A17
A19
A23
A27
B2
B5
B8
B10
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega no século XIX. Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas.
2. O Prerrexurdimento. Prosa, poesía, teatro. Caracterización xeral. A poesía. O teatro.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.

3. O Rexurdimento. Caracterización xeral. Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
4. O Rexurdimento. Xéneros e autores. A poesía como xénero predominante.
Rosalía de Castro.
Manuel Curros Enríquez.
Eduardo Pondal.
A narrativa.
O teatro.
5. O rexionalismo e a transición ao século XX. Elementos definidores. As iniciativas editoriais: prensa e coleccións editoriais.
A consolidación institucional do rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Prosa e narrativa.
O teatro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A2 A4 A11 A14 A15 B1 B4 C1 6 6 12
Lecturas A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 1 20 21
Sesión maxistral A1 A2 A7 A14 A17 A19 A23 A27 B1 B5 B7 B10 C1 C6 21 25 46
Presentación oral A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 1 0 1
Proba mixta A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 2 20 22
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 A19 B3 B5 B8 0 2 2
Traballos tutelados A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 1 20 21
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 10 12 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán.
Lecturas Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño.
Presentación oral Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a algún dos eventos científicos e divulgativos indicados pola profesora.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutorizado pola profesora segundo as indicacións que se proporcionarán no inicio do cuadrimestre.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Proba mixta
Sesión maxistral
Lecturas
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 Realización dunha proba escrita relativa aos contidos e ás lecturas da materia. 40
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 Realización das lecturas indicadas pola profesora (textos críticos, historiográficos, xornalísticos, literarios etc.) e o seu comentario e análise nas aulas.
A profesora poderá asignar lecturas específicas a cada estudante para a súa presentación nas aulas.
20
Traballos tutelados A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 Realización dun traballo titorizado sobre o asunto que se definirá conxuntamente coa profesora ao inicio do período lectivo. O traballo será entregado por escrito e poderá ser obxecto de presentación oral nas aulas. 30
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 A19 B3 B5 B8 Asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Proba mixta (50%).
2. Traballo titorizado (40%). Para concretar as características do traballo titorizado, o estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 28 de febreiro. 
3. Eventos (10%).

4. ALUMNADO REPETIDOR E ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. 

Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica.

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral que versará sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación).


Fontes de información
Bibliografía básica Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento . Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación. Vilaboa: Edicións do Cumio

Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es

Cronoloxía da literatura galega (1801-1900): http://croliga.udc.es

Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion

Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: http://academia.gal/hemeroteca-virtual

Monografías do século XIX (Real Academia Galega): http://academia.gal/biblioteca-virtual-monografias#inicio.do?current_page=7

As referencias anteriores son de materiais e de obras de consulta de carácter xeral. Na aula proporcionarase bibliografía específica para cada tema.

Obras de lectura:

A casamenteira de Antonio B. Fandiño.

Selección de textos d'A gaita gallega de J. M. Pintos.

"Conto gallego" de Rosalía de Castro.

Follas novas de Rosalía de Castro.

O divino sainete de Manuel Curros Enríquez.

Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal.

O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro.

Esta selección completarase con outras lecturas indicadas pola profesora.

Bibliografía complementaria

Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, Vigo, 2007.

Davies, Catherine, Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987.

Forcadela, Manuel, A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995.

Freire Lestón, Xosé V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997.

Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992.

Pociña, Andrés e López, Aurora, Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000.

Rodríguez, Francisco, Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011.

Esta selección completarase con bibliografía específica que a profesora proporcionará na aula.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Galega/613G02012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036

Observacións

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.gal.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías