Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua Galega e Sociedade Código 613G02025
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo e análise da situación sociolingüística da lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística A1
A9
A25
A27
B7
C6
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
A14
B1
B6
B9
C7
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
B7
C8
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A15
A19
A23
A27
B8
C4
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. A2
A23
B3
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á sociolingüística 1.1. Lingua e sociedade
1.2. A sociolingüística e a socioloxía da lingua
1.3. A sociolingüística sobre o galego
2. Sistema e código 2.1. A introdución do castelán na Galiza
2.2. A xénese do conflito lingüístico e a súa evolución histórica
2.3. O proceso de erosión interna da lingua galega
3. As categorías sociolingüísticas básicas e a súa aplicación ao galego 3.1. Monolingüismo e plurilingüismo
3.2. Bilingüismo e diglosia
3.3. A asimilación lingüística
4. A situación actual da lingua galega 4.1. O galego, lingua ameazada
4.2. Distribución sociodemográfica e sectorial da lingua galega
4.3. Principais mudanzas e tendencias
5. Os discursos sobre a lingua na Galiza 5.1. Actitudes e ideoloxías lingüísticas presentes na sociedade galega
5.2. Os preconceptos lingüísticos no mundo
5.3. Os preconceptos a respecto do galego
6. Perspectivas de futuro para a lingua galega 6.1. Lingua nacional /vs/ globalización.
6.2. Normalización /vs/ subtitución.
7.3. A posición do galego no seu sistema lingüístico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 16 32 48
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 1 10 11
Presentación oral A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 1 5 6
Lecturas A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 1.5 22.5 24
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 2 8 10
Sesión maxistral A1 A11 A14 A15 A19 A23 A25 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 20 30 50
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Lecturas
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Obradoiro A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 15
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 50
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia,
o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10,
para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O
alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto coa profesora a
través do correo electrónico.

Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Terán tamén que realizar unha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
A cualificación de Non Presentado/a existirá cando a alumna ou o alumno non asistir, ao menos, ao 50% das sesións presenciais e non realizar, ao menos, o 50% das probas-actividades previstas.



Fontes de información
Bibliografía básica Rei-Doval, G. (2007). A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística. Vigo. Xerais
Freitas Juvino, M. P. (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo. Xerais
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Santiago de Compostela, Laiovento
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo. Galaxia
Ninyoles, R. L. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela. Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Linga e futuro. Santiago de Compostela. Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela, Laiovento
Phillipson, R, (1992). Linguistic Imperialism. Oxford. Oxford University Press
González González, M. (dir.) (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña. Real Academia Galega
González González, M. (dir.) (2008). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 2: Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña. Real Academia Galega
Rodríguez Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Radiografia de umha regeneraçom inconclusa. Santiago de Compostela. Laiovento
Garcia Negro, M. P. (2000). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra. Edicións do Cumio
González González, M. (dir.) (2003). O galego segundo a mocidade. Unha achega ás actitudes e discursos sociais baseada en técnicas experimentais e cualitativas. A Coruña. Real Academia Galega
Garcia Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías