Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa Código 613G02027
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Marques da Silva Cunha França, Patrícia das Dores
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
patricia.cunhafranca@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos aspectos xeográficos, históricos, culturais, lingüísticos e identitarios das comunidades de lingua portuguesa

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Demostrar capacidade de analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A1
A2
A10
Ter capacidade para avaliar, analisar e sintetizar criticamente información especializada A11
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os diferentes aspectos destes estudos. A14
Demostrar un coñecemento avanzado das literaturas de lingua portuguesa A18
Saber utilizar os recursos bibliográficos, as bases de dados e as ferramentas de procura de información B1
Adquirir capacidade de autoformación e de autoorganización no traballo B3
B6
Demostrar capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecimento e de exercer o pensamento crítico B7
Demostrar atitudes positivas cara a diversidade e comportarse ética, profisional e responsabelmente, exercendo cidadanía. B8
B10
Valorizar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade B9
Ser capaz de utilizar as ferramentas básicas propias das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da vida C3
Valorizar e relacionar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas con que deben enfrontarse B5
C6
Ser capaz de aplicar métodos e técnicas de análise lingüística e literaria A1
Demostrar coñecer a historia, a cultura e a variedade lingüística das comunidades lusófonas A20
A26
Ter capacidade para se comunicar de maneira efectiva en calquera contorno B4

Contidos
Temas Subtemas
1. CUESTIÓNS XERAIS E METODOLÓXICAS 1.1. Procesos de construción sistémica (e identitaria)
1.2. A lingua portuguesa como norma (inter)sistémica
1.3. Espaços lusófonos: histórias, culturas, sociedades.
1.4. Relacións e institucións culturais na Lusofonia/ Galeguía
1.5. Políticas lingüísticas e culturais na Lusofonia/ Galeguía
2. PRODUCIÓN E PROCESOS DE CANONIZACIÓN NAS LUSOFONÍAS 2.1. Repertorios culturais lusófonos: Saudosismo, (luso)tropicalismo, negritude.
2.2. Aproximación da construción do cánone português
2.3. Aproximación da construción do cánone brasileiro
2.4. A presença cultural lusófona na Ásia: Timor Lorosae e Macau.
3. LITERATURAS E CULTURAS DOS PALOP 3.1. Materiais identitarios nos PALOP:
- lusografia/ portugués/ crioulo(s)
- oratura/ literatura
- ilhas/ arquipélagos/ continente
3.2. Aproximación da construción do(s) cánone(s) dos PALOP: manuais e historias literarias
3.3. Internacionalização da produção literaria e cultural dos PALOP: Mia Couto e Cesária Évora

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A11 A14 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 6 25 31
Lecturas A1 A2 A10 B7 2 10 12
Presentación oral A11 B4 2 10 12
Proba mixta A11 A18 A20 A26 B7 2.5 12 14.5
Recensión bilbiográfica A1 B3 B5 B8 C6 1 4 5
Estudo de casos A1 B1 B4 B7 B10 C3 C6 7 8 15
Sesión maxistral A11 A14 A20 B5 B7 B8 C6 14 7 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará individualmente ou en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a elaboración de proxectos) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a eventual composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Lecturas Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. O número destas lecturas será inferior a seis por alumno/a e, delas, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un libro da recensión bibliográfica.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o coxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos.
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará unha "Recensión bibliográfica" individual dunha lectura (en formato libro) seleccionada entre a listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. A correspondente recensión será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia e ás destrezas que é esperado desenvolver.
Sesión maxistral Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante ou grupo reducido asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A14 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 30
Presentación oral A11 B4 Para alén da utilidade da presentación para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 10
Proba mixta A11 A18 A20 A26 B7 Será obxecto de avaliación a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados na materia, tanto nas sesións maxistrais e presentacións orais como nas lecturas realizadas e nos estudos de caso analisados. Será tamén levada en conta a capacidade de análise crítica, a corrección lingüística e a clareza expositiva. 40
Recensión bilbiográfica A1 B3 B5 B8 C6 Na recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Estudo de casos A1 B1 B4 B7 B10 C3 C6 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 10
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá porse en contacto co profesorado a través do correo electrónico.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas escritas ou que non presentar ningunha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica THIESSE, Anne-Marie (1999). A criação das identidades nacionais. Lisboa: Temas e Debates
CASAS, Arturo (2002). A Teoría crítica dacultura e a planificación dos estudos socioculturais (para lerGonzález-Millán). Anuario de estudiosliterarios galegos, pp. 29-38
NATÁRIO, M. Celeste et al (2008). Actas do III Colóquio Luso-Galaico sobre a Saudade. Sintra: Zéfiro
PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em comparatismo nas lusofonias. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora
PETROV, Petar et al (ed.) (2012). Avanços em literatura e cultura brasileiras. Século XX. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora (vol.1 e vol.2)
PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em literaturas e culturas africanas e em literatura e cultura galegas . Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora
FREYRE, Gilberto (1943). Casa Grande & sanzala . Lisboa: Livros do Brasil
MARTINS, Moisés de Lemos; Helena Sousa e Rosa Babecinhas (eds.) (2006). Comunicação e Lusofonia. Para uma abordagem crítica da cultura e dos media. Lisboa: Campo das Letras
TORGAL, Luís Reis et al (2008). Comunidades imaginadas: nação e nacionalismos em África. Coimbra: Universidade de Coimbra
BOSI, Alfredo (org.) (1987). Cultura brasileira: temas e situações. São Paulo: Ática
BOSI, Alfredo (1992). Dialética da colonização. São Paulo: Ática
CRISTÓVÃO, Fernando (dir.) (2005). Dicionário temático da Lusofonia. Lisboa: Texto Editores
SALINAS PORTUGAL, Francisco (1990). Entre Próspero e Caliban. Compostela: Laiovento
ENDERS, Armelle (1997). História da África Lusófona. Lisboa: Inquérito
MATTOSO, José (). História de Portugal. Lisboa: Círculo de Leitores (vols. V-VIII)
YURKIEVICH, Saúl (1986). Identidad cultural de iberoamerica en su literatura.. Madrid: Editorial Alhambra
MOTA, Carlos Guillerme (1977). Ideologia da Cultura Brasileira. São Paulo: Ática
ANDERSON, B. (1983). Imagined Communities. Reflections on the Origin and Spread of Nationalism. London: Verso
SALINAS PORTUGAL, Francisco (2005). Literaturas Africanas en lengua portuguesa. Madrid: Síntesis
CABRAL, Amílcar (1999). Nacionalismo e cultura. Santiago de Compostela: Laiovento
LOURENÇO, Eduardo (1992). O Labirinto da Saudade. Lisboa: Dom Quixote
LEITE, Ana Mafalda (1998). Oralidade & escritsa nas literaturas africanas. Lisboa: Colibri
REIS, Roberto (1995). Os retos da diferença. Anotações sobre o discurso cultural brasileiro. Rio de Janeiro: Eds UERJ, pp 59-86
EVEN-ZOHAR, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv, Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
UNIVERSIDAD DE CADIZ (). Periférica. Revista para el análisis de la cultura y el territorio. http://www.uca.es/web/actividades/periferica/index_html
MATA, Inocência (2010). Polifonias insulares. Cultura e literatura de São Tomé e Príncipe. Lisboa: Colibri
ROSAS, Fernando (1998). Portugal na viragem de século - Língua portuguesa: a herança comum. Lisboa: Pavilhão de Portugal - Expo 98 e Assírio e Alvim
MEDINA, JOÃO (2006). Portuguesismo(s). Lisboa: Centro de História-Univ. de Lisboa
BUARQUE DE HOLANDA, Sérgio (1995). Raízes do Brasil. São Paulo: Companhia das Letras
SALINAS PORTUGAL, Francisco (1994). Rosto negro. O contexto das literaturas africanas. Santiago de Compostela: Laiovento
SODRÉ, Nelson Werneck (1996). Síntese de História da Cultura Brasileira. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira

O profesor fornecerá ao longo do curso material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada asunto focado.

As leituras obrigatorias son as seguintes:

1) Xosé Lois García (ed.): Floriram cravos vermelhos: antologia poética de expressão portuguesa em África e Ásia. Corunha: Espiral Maior, 1993.

2) Amílcar Cabral: Nacionalismo e cultura. Santiago de Compostela: Laiovento, 1999.


3) Francisco Salinas Portugal: Entre Próspero e Caliban literaturas africanas de lingua portuguesa. Santiago de Compostela: Laiovento, 1999.
Bibliografía complementaria SARAIVA, António José (1996). A Cultura em Portugal. Lisboa: Gradiva (vols.I-II)
PETROV, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em ciências da linguagem. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora
MARTINHO, Ana M. Mão-de-Ferro (2001). Cânones literários e educação. Os casos angolano e moçambicano. Lisboa: Fundação Calouste-Gulbenkian
VENÂNCIO, José Carlos (1996). Colonialismo, antropologia e lusofonias repensando a presença portuguesa nos trópicos. Lisboa: Vega
FEATHERSTONE, M (1995). Cultura de consumo e pós-modernismo. São Paulo: Studio Nobel
PRADO JUNIOR, Caio (1999). Formação do Brasil Contemporâneo. Rio de Janeiro: Brasiliense
CARNEIRO, R. et al (2000). Indústria de conteúdos culturais em Portugal. Lisboa: Grupo Forum-Ministério de Economia
BENDASSOLI, Pedro (coord.) et al (2009). Indústrias criativas no Brasil. São Paulo: Atlas
LOPEZ, Vítor (). Língua (vidas em português). http://www.youtube.com/watch?v=b7cIiiHmFI8
RED BULL MUSIC ACADEMY (2006). Lusofonia, a (R)Evolução. http://www.youtube.com/watch?v=h9hyOBypsBw
BARRETO, António (coord.) e PONTES, Joana (realização)) (2007). Portugal, um Retrato Social. Lisboa: RTP (vols. I-VII)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías