Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses Código 613G02028
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución teórico-práctica á edición e comentario de textos literarios galegos e portugueses.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En maior ou menor medida, mantéñense todas, cos cambios derivados dunha situación de non presencialidade.

*Metodoloxías docentes que se modifican
–Sesión maxistral: é substituída polo envío a cada un(ha) dos estudantes de materiais a través de medios telemáticos (e-mail, moodle) e/ou por explicación directa a través de Teams.
–Obradoiro: as actividades de Obradoiro pasan a se realizar por medios telemáticos (e-mail, moodle, Teams).
–Lecturas obrigatorias xa previamente fixadas: mantense a lectura obrigatoria da obra indicada na guía e o seu control será realizado a través do resumo/recensión (8-10 páxinas) que será entregada (por e-mail) conforme o calendario inicial e as normas de presentación fixadas no inicio do curso.
–Traballo tutelado: mantense segundo a programación inicial (estrutura, extensión, data de entrega), mais as consultas co profesor realizaranse exclusivamente a través de medios telemáticos.
–Proba mixta: o exame presencial será substituído por unha proba asíncrona que será enviada por correo electrónico ao/á estudante no día anterior á data oficial do exame para realizar na súa casa. Data e hora de entrega telemática: no día oficial do exame, dúas horas depois da hora marcada para o seu inicio.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle, Teams: cando for necesario contactarase persoal ou grupalmente cos estudantes para comunicación de instrucións, atendemento de cuestións e/ou exposición de contidos a través do envío de materiais diversos ou de explicación directa por medio de Teams.

4. Modificacións na avaliación. Observacións:
Obradoiro (10%): Será valorada a actividade derivada das sesións maxistrais durante o período de docencia presencial e tamén as actividades derivadas da docencia non presencial. O seu valor redúcese do 20% ao 10%.
Lecturas (15%): Avaliarase a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos fixados no inicio do curso: capacidade de síntese, rigor e clareza expositiva, calidade lingüística da expresión.
Traballo Tutelado (35%): Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. O valor pasa de 25% ao 35%.
Proba mixta (40%): Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a capacidade analítica de textos, a clareza e rigor expostivo, e a calidade lingüística das respostas.

*Observacións de avaliación:
O resumo (ou resumos) de lectura será(n) entregado(s) telematicamente na(s) data(s) fixada(s) no inicio do curso.
Na 1ª oportunidade a data de entrega do Traballo tutelado será a do exame oficial. A data de remisión por parte do alumnado da Proba mixta (enviada polo profesor na véspera) será a fixada oficialmente para o exame.
Na 2ª oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o Traballo tutelado pasará a ser puntuado con 35%, absorbendo así un 10% do Obradoiro. A Proba mixta será enviada telematicamente na véspera do día do exame e o alumnado deberá remitila ao profesor o día marcado para o exame, dúas horas despois do seu inicio. A data de entrega do Traballo tutelado é a mesma que a fixada oficialmente para a Proba mixta.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A2
A15
B7
C1
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios dos ámbitos galego e portugués aplicando as técnicas de análise textual. A1
A2
A14
A15
B7
C1
C6
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura, críticas etc.). A2
A9
A11
A15
B1
B6
B7
C1
C6
Saber analizar, avaliar e sintetizar criticamente información especializada relativa á edición e comentario de textos galegos e portugueses. A11
A14
B1
B3
B7
C6
Coñecer a edición de textos e a crítica textual. A16
B3
B8
C6
Coñecer a evolución histórica das linguas galega e portuguesa. A27
A28
B3
B8
C6
Coñecer e utilizar os principais recursos web e bibliográficos, así como as bases de datos necesarios para a edición e comentario de textos galegos e portugueses. A11
B1
B3
C6
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. A11
A14
A15
B3
B5
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Ecdótica, crítica textual, textoloxía 1.1. Conceptos xerais: teoría e método
1.2. Introdución á edición crítica
2. A Ecdótica e a Crítica Textual no ámbito galego-portugués 2.1. O período medieval
2.2. A literatura galega
2.3. A literatura portuguesa
3. O comentario de textos 3.1. Textos literarios
3.2. Textos non literarios

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A16 A27 A28 15 22.5 37.5
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B7 C1 C6 14 28 42
Lecturas A11 B3 B6 B7 B8 1 12 13
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 1 12 13
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A16 A27 A28 B7 C1 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica os contidos teóricos e procedementais fundamentais para que o alumnado poda atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
No paso 8 desta Guía, atópase a referencia da obra de lectura obrigada.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico, de edición e comentario etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria, especialmente para a realización do traballo tutelado. Cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A11 B3 B6 B7 B8 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. 15
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B7 C1 C6 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). 20
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A16 A27 A28 B7 C1 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con edición e comentario de textos. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva.
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliables.












O alumnado terá de entregar os traballos e actividades
solicitados no prazo fixado.

Todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesorado para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica. 

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (ficha da obra de lectura obrigada [15%] e traballo tutelado [35%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.


Fontes de información
Bibliografía básica Brea, Mercedes & Lorenzo Gradín, Pilar (1996-). Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa [MedDB 3] <www.cirp.gal>. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Lopes, Graça Videira & Ferreira, Manuel Pedro et al. (2011-). Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online] <www.cantigas.fcsh.unl.pt>. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA
AA.VV. (1986). Comentário de Textos Literários. Madrid: Alhena
Crespillo, Manuel (ed.) (1997). Comentario lingüístico de textos. Málaga: Universidad de Málaga
AA.VV. (1986). Critique Textuelle Portugaise. Actes du Colloque (Paris, 20-24 octobre 1981). Paris: Fondation Calouste Gulbenkian
Marchese, Angelo & Forradellas, Joaquín (2000). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona: Ariel
Marcos Marín, Francisco (1978). El comentario lingüístico (Metodología y práctica). Madrid: Cátedra
Spaggiari, Barbara & Perugi, Maurizio (2004). Fundamentos da Crítica Textual. História. Metodologia. Exercícios. Rio de Janeiro: Lucerna
Azevedo Filho, Leodegário de (1987). Iniciação em crítica textual. Rio de Janeiro: Presença
Martínez-Gil, Víctor (coord.) (2001). L’edició de textos: història i mètode. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya
Blecua, Alberto (1983). Manual de crítica textual. Madrid: Cátedra
Reis, Carlos (1978). Técnicas de Análise Textual. Coimbra: Livraria Almedina
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-). Universo Cantigas [Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesas] <www.universocantigas.gal>. A Coruña: UDC
Obra de lectura obrigada:

Cambraia, César Nardelli (2005).&nbsp;Introdução à crítica textual.&nbsp;São Paulo: Martins Fontes.&nbsp;
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías