Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Normalización e Planificación da Lingua Galega Código 613G02031
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da planificación do corpus e do status da lingua galega

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A24 Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, analizar e interpretar a situación sociolingüística da lingua galega. A1
A2
A9
A11
A14
A15
A23
A24
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C6
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e tamén interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. A1
A2
A4
A9
A11
A14
A15
A19
A23
A24
A27
B1
B3
B4
B8
B9
B10
C1
C4
C8
Coñecer e programar obxectivos e medidas de planificación lingüística A1
A2
A9
A11
A14
A15
A19
A23
A24
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de planificación lingüística 1.1. A planificación lingüística como proceso
1.2. A planificación da lingua galega como derivada e, asemade, axente de normalización
2. A etapa contemporánea. A política lingüística realizada dentro e fóra das institucións
2.1. Características xerais da política lingüística sobre o galego
2.2. Actuacións da Xunta de Galicia
2.3. O desenvolvemento dunha planificación lingüística desde as institucións públicas
2.4. O papel das organizacións non gobernamentais

3. Planificación do corpus da lingua galega. O proceso de estandarización do galego 3.1. Antecedentes. O Rexurdimento e os comezos do século XX
3.2. As propostas normativas do galego moderno
3.3. O acordo normativo de 2003

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C8 12 36 48
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 1.5 6 7.5
Análise de fontes documentais A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C2 3 18 21
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 2 12 14
Lecturas A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 3 18 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento e análise crítica dos apartados do temario
Presentación oral Liñas básicas da exposición pública e de fórmulas para o debate e o consenso no ámbito da planificación lingüística
Análise de fontes documentais Procura e estudo de textos e recursos planificadores na actualidade
Traballos tutelados Seguimento dun aspecto relacionado co temario para afondar criticamente nun elemento conflitivo
Lecturas Coñecemento e reflexión arredor dos textos fundamentais da planificación sociolingüística sobre o galego

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Lecturas
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Precisaremos utilizar recursos expositivos baseados na procura de consensos que fuxan do recurso fácil ao xogo de maiorías e minorías nunha posta en escena que tentará convencer sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas de planificación nun sector ou grupo determinado.

A recensión bibliográfica estará orientada ao coñecemento e á análise crítica das ideas máis polémicas que se poidan tirar da súa lectura.

Os traballos tutelados implicarán un seguimento personalizado desde a propia elección do tema, á súa posíbel orientación e finalmente haberá tamén unha sesión común de valoración dos resultados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. 30
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. 30
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.



Tanto a presentación oral, como o resultado das lecturas, como o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.



O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto coa profesora a través do correo electrónico.

Así mesmo, a principio de curso, deberán definir coa profesora o traballo tutelado que deberán desenvolver.

Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.



Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez Sánchez, F. (1998 [1976]). Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza . Santiago: Laiovento
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión, Laiovento
García Negro, M. P. (2000). Direitos lingüísticos e control político . Santiago de Compostela: Laiovento
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo . Bertamiráns, Ames: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (2010). Lingua e futuro . Ames: Laiovento
Mosquera Carregal, X. (2010). Lingua e Xénero. VI Xornadas sobre Lingua e Usos . A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Pontevedra: Cumio
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
VVAA (1980). Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas . Santiago de Compostela: ASPG
García Negro, M. P. (2009). Sobre o racismo lingüístico . Santiago de Compostela: Laiovento
Carvalho Calero, R. (1992). Umha voz na Galiza . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías