Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Normalización e Planificación da Lingua Galega Código 613G02031
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Profesorado
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral Análise dos procesos de planificación do status e do corpus da lingua galega, da situación actual e das principais metodoloxías para a súa normalización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A24 Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, analizar e interpretar a situación sociolingüística da lingua galega. A1
A2
A9
A11
A14
A15
A23
A24
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C6
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e tamén interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. A1
A2
A4
A9
A11
A14
A15
A19
A23
A24
A27
B1
B3
B4
B8
B9
B10
C1
C4
C8
Coñecer e programar obxectivos e medidas de planificación lingüística A1
A2
A9
A11
A14
A15
A19
A23
A24
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A intervención sobre as linguas 1.1. Os conceptos de política lingüística, normalización e planificación; relación entre eles
1.2. A planificación lingüística: orixe, definición, tipos e fases
1.3. A planficación lingüística na Galiza
2. A planificación do status da lingua galega 2.1. Ámbito institucional
2.2. O papel das organizacións non gobernamentais
2.3. O Plan xeral de normalización da lingua galega
3. A planificación do corpus da lingua galega 3.1. Antecedentes decimonónicos
3.2. As propostas normativas no século XX
3.3. O acordo normativo de 2003
4. Metodoloxías para a planificación da lingua galega 4.1. Modelos, procedementos e recursos xerais
4.2. Planos e proxectos de normalización lingüística: elaboración, aplicación e avaliación
4.3. Metodoloxías complementares: implantación e dinamización lingüísticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C8 12 36 48
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C2 3 18 21
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 1.5 6 7.5
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 2 12 14
Lecturas A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 3 18 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado presentará e desenvolverá os contidos que integran o temario. Estas sesións servirán como base para o desenvolvemento das outras metodoloxías e estarán orientadas á consecución dos resultados de aprendizaxe previstos.
Obradoiro Serán propostas actividades prácticas de diferente tipo que permitan relacionar os contidos presentados nas sesións maxistrais coas outras metodoloxías desenvolvidas na materia. Estas actividades promoverán a reflexión teórica e metodolóxica e o pensamento crítico do alumnado.
Presentación oral Cada estudante seleccionará, de acordo co profesorado, unha acción de planificación lingüística relacionada cos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3, que explicará e analizará criticamente nunha das sesións presenciais.
Traballos tutelados Cada estudante deseñará unha proposta de planificación para a lingua galega, cuxo obxecto e orientación metodolóxica serán acordados previamente co profesorado en sesións de seguimento. O resultado será presentado e debatido nunha sesión conxunta final.
Lecturas O profesorado proporá a realización de lecturas obrigatorias e complementares ao longo do curso. Os seus contidos serán desenvolvidos e analizados criticamente a través de actividades prácticas de diferente tipo, como exercicios, comentarios e debates.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Lecturas
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Alén do labor de titorización no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente ao apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 As lecturas farán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán de ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. O profesorado estabelecerá lecturas obrigatorias para cada tema e poderá exixir a elaboración de comentarios de análise crítica sobre elas. 25
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 O/a estudante terá de explicar e analizar criticamente unha acción de planificación lingüística desenvolvida nos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3 dos contidos. 25
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Cada estudante terá de desenvolver unha proposta de planificación lingüística, cuxo obxecto e orientación metodolóxica requirirá o visto e prace do profesorado en sesións de seguimento. Os traballos serán presentados e debatidos nunha sesión conxunta final. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación global igual ou superior a 5 valores sobre 10, e deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 no traballo tutelado.

Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non entregaren o traballo tutelado e/ou non fixeren a presentación oral.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema da primeira oportunidade. De ser o caso, só deberá entregar aquelas actividades e traballos non realizados na primeira oportunidade ou que non atinxiron unha cualificación do 40% da nota máxima prevista para cada actividade ou traballo.

O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado de acordo co mesmo sistema de avaliación que se aplica ao alumnado con matrícula ordinaria. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente.

Na convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade. O/a estudante deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente.

Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).


Fontes de información
Bibliografía básica Muljacic, Z. (1995). "A estandardización do galego á luz de procesos análogos noutras linguas minorizadas", en Monteagudo, H. (ed.) (1995), 19-25. Vigo: Galaxia
Núñez Singala, M. (2001). "Algunhas reflexións verbo da elaboración de plans de política lingüística". Cadernos da lingua, 23: 35-52
Calvet, L.-J. (1998). "As políticas lingüísticas, a liberdade dos falantes e o poder dos planificadores", en Aula Castelao de Folosofía (ed.), Filosofía e lingua. A loita polas palabras, 55-66. Santiago de Compostela: Laiovento.
Lorenzo Suárez, A. M. (2005). "Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego". Cadernos de Lingua 27. 37-59
Lamuela, X., & Monteagudo, H. (1996). "Planificación lingüística", en Fernández Pérez, M. (ed.), Avances en lingüística aplicada, 229-301. Santiago de Compostela: Universidade.
Falcón, X. (2000). "Planificación lingüística", en Ramallo, F., Rei-Doval, G., & Rodríguez Yáñez, X. P. (eds.), Manual de ciencias da linguaxe, 409-442.. Vigo: Xerais
Boix, X. & Vila, F. X. (1998). "Polítiques i planificació lingüística", en Sociolingüística de la llengua catalana, 271-340. Barcelona: Ariel
Monteagudo, H. (1997). "Quince anos de política lingüística en Galicia (1981-96). Notas para un balance". Grial 136, 527-548
Calvet, L.-J. (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela: Laiovento
Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez, A. M., & Ramallo, F. (2008). A planificación lingüística nos centros educativos. [Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Calvet, L.-J. (2007). As políticas lingüísticas. São Paulo: Parábola)
García Negro, M. P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Ames, Laiovento
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Cooper, R. (1997). La planificación lingüística y el cambio social. Cambridge: Cambridge University Press
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Sánchez Vidal, P. (2010). O Debate Normativo da Lingua Galega (1980-2000) . A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa: Edicións do Cumio.
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Galanes Santos, I. (1998). Os procesos de implantación lingüística. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Vaquero Quintela, I. (2012). Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Carvalho Calero, R. (1992). Umha voz na Galiza. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Samartim, R. (2005). “Ideia de língua e vento português na Galiza do tardofranquismo: O caso de Galaxia”. Agália 83/84: 9-53
Bibliografía complementaria Muljacic, Z. (1999). "Estandardización de linguas románicas 'baixo presión': unha proposta tipolóxica", en Fernández Rei, F., & Santamarina, A. (eds.), Estudios de sociolingüística románica, 11-26. Santiago de Compostela: Universidade
Subiela, X. (2002). "Política lingüística", en A normalización lingüística a debate, 131-171. Vigo: Xerais
Rodríguez Sánchez, F. (2016). Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza. Ames: Laiovento
Herrero Valeiro, Mário (2011). Guerra de grafias. Conflito de elites. Compostela: Através Editora
Sanmartín Rei, G. (ed.) (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
Mosquera Carregal, X. (ed.) (2010). Lingua e Xénero. VI Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
Fagim, Valentim (2015). O galego (im)possível. Ainda mais. Compostela: Através Editora
Bouzada, X., Fernández Paz, A., & Lorenzo, A. (2003). O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), vol. 2, Educación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento
Martínez Lema, P. & Sanmartín Rei, G. (eds.) (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías