Identifying Data 2015/16
Subject (*) Literatura Galega e Estudos Socioculturais Code 613G02032
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optativa 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinador
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Lecturers
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
General description Estudo da literatura galega desde a perspectiva dos estudos de xénero, sistémicos, identitarios, emerxentes etc.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. A1
A2
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
B1
B2
B7
B9
C1
C4
C6
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega. A1
A2
A3
A4
A7
A11
A14
A15
A17
A23
B1
B3
B7
C1
C4
C6
Comprender os procesos históricos do estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. A3
A7
A17
A19
A23
A27
A28
B5
B8
C4
C6
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos dos procesos da creación literaria. A2
A4
A10
A11
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
C8
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. A7
A14
A17
A18
A19
A20
A23
A27
A28
B5
B7
B8
B10
C1
C4
C6
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos productos artísiticos e das realidades culturais. A4
A10
A11
A14
A15
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C8

Contents
Topic Sub-topic
1.- Literatura e ideoloxía
1.1. Literatura e sociedade: aproximación ao estudo dos temas, métodos e problemas da crítica sociolóxica.
1.2. Aproximación a textos literarios galegos desde unha perspectiva sociolóxica e/ou cultural.
2.- Literatura e estudos de xénero
3.1. O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
3.2. Pensamento feminista e crítica literaria
3.3. A construcción da identidade de xénero na literatura galega
3.4. Aproximación a textos literarios galegos desde a perspectiva de xénero
3.- Literatura e identidade nacional 3.1.- A configuración literaria da nación: o repertorio temático identitario.
3.2. Aproximación a textos literarios galegos desde a perspectiva identitaria

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 1 8 9
Document analysis A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 10 30 40
Workbook A3 A7 A17 A18 A19 A20 B7 B6 C4 6 24 30
Directed discussion A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 9 0 9
Introductory activities A14 B9 C6 C8 0.5 0 0.5
Guest lecture / keynote speech A1 A3 A7 A14 A17 A18 A19 9 13.5 22.5
 
Personalized attention 1.5 0 1.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos nas sesións docentes.
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final.


Document analysis Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc) . Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Workbook Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Directed discussion Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Introductory activities Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Guest lecture / keynote speech Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Workbook
Directed discussion
Description
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados.
De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo final.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Supervised projects A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.

O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, e a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas.
60
Directed discussion A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
20
 
Assessment comments
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado con anterioridade); ademais, para substituir o 40% das actividades presenciais (análise de fontes e discusión), terá que realizar unha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias.

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) ou cando non asista e participe, ao menos, no 50% das sesións presenciais.

Sources of information
Basic (). .
Blanco, C. (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
González Fernández, H. (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Castro, O. / Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Rodríguez Sánchez, F. (1990). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación . Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Figueroa, A. (2001). Nación, Literatura, Identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Xerais
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados.
Complementary Fariña Busto, Mª J. (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas e políticas . Barcelona: Icaria
Queizán, Mª X. (2008). Anti natura. Vigo: Xerais
García Negro, Mª P. ( 2001 ). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Macedo, A. G. / Amaral, A. L. (orgs.) (2005). Dicionário da crítica feminista. Porto : Ediçoes Afrontamento
Rodríguez Sánchez, F. (1993). Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Salinas Portugal, F. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2006). Estudos Galego-Brasileiros 2. A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña
Tato Fontaíña. L. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2009). Estudos Galego-Brasileiros 3. Lingua, Literatura e identidade. UERJ: Rio de Janeiro
Varela, N. (2005). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B
Beltrán, E. et alii (eds) (2001). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza
Tarrío, A. (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV) . Hércules de edicións: A Coruña
González Fernández, H. (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario . Barcelona: Icaria
Vilavedra, D. (1999 ). Historia da Literatura Galega . Vigo: Galaxia
VV. AA.: (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra
Amorós, C. (coord.) (1994). Historia de la teoría feminista. Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer
Blanco, C. (1995). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Bernárdez, C. L. / Insua, E. X. / Millán, X. M. / Rei. M. / Tato, L. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
García Negro, Mª P. (2010). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. Santiago: Sotelo Blanco
Blanco, C. (1995 ). O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo. Vigo: Nigra
Moure, T. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións . Vigo: Galaxia
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal .


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.