Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura Galega e Estudos Socioculturais Código 613G02032
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Letras
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Axeitos Valiño, Ricardo
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Rivadulla Costa, Diego
Correo electrónico
ricardo.axeitos@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
diego.rivadulla@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo da literatura galega desde a perspectiva dos estudos de xénero, sistémicos, identitarios, emerxentes, etc. Neste curso académico, a análise dos textos literarios realizarase a partir do paradigma dos estudos de xénero.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar o papel do xénero na organización da vida pública e da vida privada a través de fontes literarias. A2
A3
A4
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A20
B3
B5
B7
B8
B10
C4
C6
C8
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais A1
A2
A3
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C4
C6
Comprender os procesos históricos do estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. A1
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A27
B2
B3
B5
B7
B8
B10
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos dos procesos da creación literaria. A1
A2
A4
A10
A11
A14
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C4
C6
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. A11
A14
A15
A17
A19
A20
A23
A27
A28
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C4
C6
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. A1
A2
A4
A11
A14
A15
B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C7
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos productos artísiticos e das realidades culturais. A1
A2
A4
A9
A11
A14
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C7
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. A2
A4
A11
A14
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C7
Saber empregar o xénero e a sexualidade como categorías de análise das representacións da subxectividade inscritas nos textos literarios. A2
A4
A11
A14
A15
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1.- Literatura e estudos de xénero
1.1. Introdución: A teoría feminista e a redefinición da realidade
1.2 O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
2. Crítica literaria e pensamento feminista 2.1. Nesgos de xénero no estudo da literatura
2.2. Canon e androcentrismo
2.3 Feminismos e crítica literaria
3. Aproximación a textos literarios galegos desde unha perspectiva de xénero 3.1. A obra de Rosalía de Castro: a construción da identidade fronte á norma
3.2. Imaxes de mulleres e discurso de xénero na narrativa de Ramón Otero Pedrayo e de Alfonso R. Castelao
3.3. Eduardo Blanco-Amor: unha reflexión sobre xéneros, identidades e estereotipos
3.4. Mª Xosé Queizán: cuestionamento de estereotipos e das identidades de xénero desde o discurso feminista

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A3 A7 A10 A11 A17 A19 A2 A4 A9 A14 A15 B2 B9 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C1 C4 C6 8 16 24
Lecturas A1 A18 A20 A23 A27 A28 B1 B5 B6 B8 B2 C3 C6 C4 C7 0 16 16
Discusión dirixida A2 A4 A14 A15 A1 A11 B3 B4 B5 B8 B10 B10 C1 C4 8 0 8
Actividades iniciais B8 B9 C1 1 0 1
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B8 B5 C6 C7 C8 2 2 4
Proba de ensaio A17 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B5 B7 B1 B3 B6 B8 C1 C3 C6 C4 2 20 22
Solución de problemas A1 A10 A17 A2 A4 A9 A11 A15 B6 B3 B5 B8 C4 C1 2 14 16
Sesión maxistral A1 A7 A17 A19 A20 A27 A1 B5 B8 B9 C6 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Proba de ensaio Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Esta actividade permite avaliar a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade da/do estudante. Implica, por tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de actividades prácticas ou traballo tutelado sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar á docente nas datas marcadas.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Proba de ensaio
Sesión maxistral
Lecturas
Discusión dirixida
Solución de problemas
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados. De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega da proba de ensaio final.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A3 A7 A10 A11 A17 A19 A2 A4 A9 A14 A15 B2 B9 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C1 C4 C6 O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Proba de ensaio A17 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B5 B7 B1 B3 B6 B8 C1 C3 C6 C4 Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación, dimensións e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor no desenvolvemento do tema seleccionado, así como a clareza expositiva e expresiva.
40
Discusión dirixida A2 A4 A14 A15 A1 A11 B3 B4 B5 B8 B10 B10 C1 C4 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
20
Solución de problemas A1 A10 A17 A2 A4 A9 A11 A15 B6 B3 B5 B8 C4 C1 Actividades prácticas non presenciais que deberán ser entregadas nos prazos marcados.
Avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a aplicación dos contidos teóricos á práctica, para alén da corrección na análise e na expresión escrita.
20
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e colgado en Moodle).

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Análise de fontes documentais e Discusión dirixida). Así, a valoración estará composta polo 50% das actividades englobadas no apartado "Solución de problemas" (unha das cales será presentada de modo oral) e o 50% da "Prueba de ensaio", que deberá ir tamén acompañada dunha presentación oral. A entrega dos traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta
oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a de modo similar á segunda
oportunidade (xullo). A valoración estará composta polo conxunto de actividades
(50%) que se engloban na epígrafe de "Solución de problemas" (unha
das cales será presentada de modo oral) e o 50% da "Proba de ensaio",
que deberá ir tamén acompañada dunha presentación oral. A entrega dos
traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data
oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a  imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non presente a "Proba de ensaio" e, alén diso, cuxo número de actividades avaliadas for inferior ao
50 %.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta. 

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de
Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)." 

 


Fontes de información
Bibliografía básica Blanco, Carmen (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
García Marín, Jorge (2019). Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Vigo: Galaxia
Martín, Sara (2007). "Los estudios de la masculinidad. Una mirada al hombre a partir del feminismo" en Meri Torras (ed.), Cuerpo e identidad I. Barcelona: Edicions UA
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Varela, Nuria (2005 ). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B Libro
Castro, Olga / Reimóndez, María (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Blanco, Carmen (1995 ). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar (2010 ). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo . Santiago: Sotelo Blanco
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados.
Bibliografía complementaria Fariña Busto, Mª Jesús / Suárez Briones, Beatriz / Martín Lucas, Mª Belén (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas e políticas . Barcelona: Icaria
Queizán, Mª Xosé (2008). Anti natura. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar ( 2001 ). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Forcadela, Manuel / Noia, Camiño (coords.) (2011). Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais
Macedo, Ana G. / Amaral, Ana L. (orgs.) (2005). Dicionário da crítica feminista. Porto : Ediçoes Afrontamento
Rodríguez Sánchez, Francisco (1993). Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Adán, Carme (2018). Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión . Vigo: Galaxia
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Beltrán, Elena et alii (eds) (2001). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza
González Fernández, Helena (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario . Barcelona: Icaria
Vilavedra, Dolores (1999 ). Historia da Literatura Galega . Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.) (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra
Amorós, Celia (coord.) (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer
Bernárdez, Carlos L. / Insua, Emilio X. / Millán, Xosé M. / Rei. Manuel / Tato, Laura (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Blanco, Carme (1995 ). O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo. Vigo: Nigra
Moure, Teresa (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións . Vigo: Galaxia
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal .


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías