Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Cultura Latina Medieval Código 613G02033
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo de diversos aspectos do sistema literario da Idade Media latina, en particular relacionados coa produción do texto: fontes básicas, relación con outras culturas, xéneros, etc. Dada a pertenencia da materia ao Grado en galego e portugués, prestarase especial atención á relación entre a cultura literaria latina da Idade Media e a galego-portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria no campo dos estudos latinos medievais A1
A29
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios latinos da Idade Media utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A16
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina da Idade Media. A11
A13
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información especializados no campo dos estudios latinos medievais. B1
Adquirir capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos medievais. B3
B6
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, particularmente a historia das literaturas medievais vernáculas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento, de exercer o pensamento crítico e apreciar a diversidade cultural. B7
B8

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións preliminares. 1.1. Cuestións de concepto: obxetivos e límites da materia.
1.2. Periodización da literatura latina medieval.
1.3. O latín medieval: características básicas.
1.4. Características da producción e difusión literaria medieval.
1.5. Fontes da cultura medieval: a tradición clásica e a tradición cristiana.
2. A literatura na Gallaecia tardoantiga 2.1. Os séculos IV-V: panorama xeral
2.2. Paulo Orosio
2.3. Hidacio de Chaves
3. A literatura na Gallaecia do século VI 3.1. O século VI: panorama xeneral
3.2. Martín de Braga. Estudio particular do De correctione rusticorum
3.3. Pascasio de Dumio.
4. Os séculos VII-IX 4.1. Os séculos VII-IX: panorama de autores e obras
4.2. As Etymologiae de Isidoro de Sevilla. A súa difusión e influencia durante a Idade Media
4.3. Fructuoso e Valerio do Bierzo
4.4. As crónicas asturianas
5. Séculos XI-XII 5.1. Panorama xeneral
5.2. A Historia Compostellana
5.3. O Liber Sancti Iacobi
5.4. A Vida de San Rosendo de Celanova

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A2 A16 16 16 32
Traballos tutelados A11 B6 0 16.5 16.5
Lecturas B1 B3 B8 0 30 30
Análise de fontes documentais A1 A2 A29 0 15 15
Proba mixta B5 B7 2 0 2
Sesión maxistral A13 16 0 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Pequenos traballos que se irán indicando ao longo do curso relativos aos temas de aprendizaxe colaborativa, onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta.
Lecturas Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise dos textos medievais que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Indicaranse ao longo do curso os textos e as traducións recomendadas.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, recensións de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos no horario de titorías ou previa cita co alumno.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 Asistencia ás aulas. Para obter a puntuación deste apartado é necesario que o alumno asista como mínimo ó 70 % das sesións. 10
Aprendizaxe colaborativa A2 A16 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 15
Traballos tutelados A11 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia e deberá facerse durante a penúltima semana de clase. 25
Proba mixta B5 B7 Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas coma nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en tradución, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade ca os que teñan sido comentados e estudiados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros finalicen a proba e entreguen o exame. Requerirase unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para dar por superada esta proba. 50
 
Observacións avaliación

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades e/ou probas non superadas ou non presentadas anteriormente.

Os/as estudantes que, por teren dispensa académica, non asistan ás sesións maxistrais e prácticas deberán preparar pola súa conta os traballos e actividades programados para a avaliacion da materia. A cualificación ponderada será: 50% (traballos); 50% (proba final) 

Os estudantes recibirán a cualificación de Non Presentado en caso de non asistiren ás probas finais das oportunidades de maio e xulio. 


Fontes de información
Bibliografía básica Moralejo Álvarez, J.L. (1980). "Literatura hispano latina", en: Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 15-137. Madrid
(). Bibliotheca Augustana <http://www.fh-augsburg.de/~harsch/a_alpha.html>.
López Díaz, X. (trad.) (2013). Códice Calixtino. O liber Sancti Iacobi en galego. Santiago de Compostela
Amado, T. (). Estudos Clásicos e Bibliografía: http://www.gfc-usc.org/?q=es/node/98.
Dronke, P. (1995). La lírica en la Edad Media. Barcelona
Moralejo Álvarez, J. L. (2002). La poesía latina medieval: apuntes para una clasificación genérica. León
(). Latin Library <http://www.thelatinlibrary.com/>.
Leonardi, C. (ed.) (2002). Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale. Firenze
Curtius, E. R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina. México-Madrid-Buenos Aires
Cavallo, G.-Leonardi, C.-Menestò, E. (eds.) (1993-). Lo spazio letterario del Medioevo. 1. Il Medioevo latino. Roma
Dronke, P. (1968). Medieval Latin and the Rise of European Love-Lyric. Oxford
López Pereira, J.E. (1989). O primeiro espertar cultural de Galicia: cultura e literatura nos séculos IV e V. Saantiago de Compostela
Genicot, L. (dir.) (1972-). Typologie des sources du Moyen Âge occidental. Turnhout
Díaz y Díaz, M. (1985). Visiones del más allá en Galicia durante la Alta Edad Media. Santiago de Compostela

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria indicarase con cada tema


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías