Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) As Linguas Románicas Código 613G02034
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campus.virtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral Estudo conxunto e individualizado das linguas que compoñen a familia románica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A24 Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a familia de linguas románicas e a súa especificidade con respecto a outras familias lingüísticas e á lingua latina. A13
B5
B8
Coñecer o proceso de formación das linguas románicas e a historia externa de cada unha delas. A27
A28
B5
Coñecer a situación sociolingüística e o proceso de estandarización, no seu caso, de cada unha das linguas románicas. A23
A24
A27
A28
B5
B7
B8
C4
Coñecer e saber identificar os trazos de cada unha das linguas románicas. A14
A15
A27
A28
B3
B5
B7
B8
Coñecer a distribución xeográfica e as variedades dialectais de cada unha das linguas románicas. A25
A26
B5
B8
Coñecer a tradición escrita de cada unha das linguas románicas. A7
A27
A28
B5
Saber identificar os elementos comúns e diferenciais das linguas románicas e destas con respecto ao latín. A13
A14
A15
B3
B8
Apreciar a importancia da familia de linguas románicas e do seu coñecemento para o estudo individualizado de cada unha delas e da súa literatura. B3
B5
B7
B8
C6
Apreciar a diversidade lingüística e cultural. B5
B8
Coñecer e saber utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información específicos no estudo das linguas románicas. B1
B2
B3
C3
C6
Saber identificar as fases e os problemas que comporta todo proceso de estandarización lingüística. A15
A24
B7
Saber identificar e tratar os factores que poñen en risco a supervivencia lingüística e aqueles que a posibilitan. A12
A15
A24
B7
B10
C4
C6
Ser capaz de analizar un texto en calquera lingua románica. A1
A2
A7
A9
A10
A11
A15
B5
B7
Ser capaz de identificar os trazos dialectais das linguas románicas. A15
A25
A26
B5
B8
Saber contextualizar calquera trazo ou problema dunha lingua románica no marco global da familia e poñelo en relación coa situación noutras linguas románicas. A1
A14
A15
B5
B6
B7
B8
C6
Saber contextualizar calquera xénero literario no ámbito románico. A7
A14
A15
B5
B7
C6
Saber recoñecer calquera discurso oral en lingua románica. A1
A15
B7

Contidos
Temas Subtemas
1. A familia de linguas románicas. 1.1. Orixe.
1.2. Linguas que a compoñen.
1.3. Especificidade fronte a outras familias lingüísticas e fronte ao latín.
1.4. Importancia da familia de linguas románicas.
2. A clasificación das linguas románicas. 2.1. Diversidade de criterios e clasificacións.
3. A formación das linguas románicas. 3.1. Factores que determinaron a formación.
3.2. Cronoloxía da formación.
4. Estudo individualizado das linguas románicas: localización, historia externa, descrición lingüística, variación dialectal, situación sociolingüística, proceso de estandarización e tradición escrita.
4.1. As linguas iberorrománicas.
4.1.1. O galego.
4.1.2. O portugués.
4.1.3. O asturleonés.
4.1.4. O castelán.
4.1.5. O aragonés.
4.1.6. O catalán.
4.2. As linguas galorrománicas.
4.2.1. O francés.
4.2.2. O occitano.
4.2.3. O francoprovenzal.
4.3. As linguas retorrománicas.
4.3.1. O romanche.
4.3.2. O ladino.
4.3.3. O friulano.
4.4. As linguas italorrománicas.
4.4.1. O italiano.
4.4.2. O sardo.
4.4.3. O caso do corso.
4.5. As linguas iliriorrománicas.
4.5.1. O dálmata ou dalmático.
4.6. As linguas balcanorrománicas.
4.6.1. O romanés.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A9 B5 B7 B8 C6 2 25 27
Sesión maxistral A2 A7 A13 A23 A24 A25 A26 A27 A28 B5 B8 B10 C4 21 0 21
Lecturas A1 A13 A14 A23 A25 A26 A27 A28 0 20 20
Recensión bilbiográfica A14 B3 B5 B7 B8 C6 0 5.75 5.75
Análise de fontes documentais A1 A10 A11 A12 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C3 9.5 23.75 33.25
 
Atención personalizada 5.5 0 5.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realización por parte do alumno dunha proba escrita con preguntas de diferente tipo sobre o temario do curso.
Sesión maxistral Clases teórico-prácticas impartidas pola profesora.
Lecturas Os alumnos deberán realizar determinadas lecturas que se indicarán ao principio do curso.
Recensión bilbiográfica Breve traballo de análise crítica da(s) lectura(s) que se indiquen.
Análise de fontes documentais Análise de textos orais e escritos en diferentes linguas románicas que se realizarán na clase coa participación activa dos alumnos. Algunha destas actividades será entregada por escrito.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
Esta actividade será obxecto dunha atención personalizada por parte da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A10 A11 A12 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C3 Valorarase a destreza na identificación nos textos dos trazos lingüísticos explicados nas clases. 25
Proba mixta A9 B5 B7 B8 C6 Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. 45
Sesión maxistral A2 A7 A13 A23 A24 A25 A26 A27 A28 B5 B8 B10 C4 Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. 10
Recensión bilbiográfica A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a análise completa e a reflexión crítica sobre a(s) obra(s) lida(s), así como a corrección na expresión. 20
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha reestruturación das porcentaxes sinaladas, substituíndo a correspondente á asistencia ás sesións maxistrais. 

O alumno levará a cualificación de NP se non realiza ningunha das actividades avaliables ou se só realiza unha, sempre que esta sexa a recensión ou a análise de fontes documentais. Se se presenta só a proba mixta, será avaliado. 

Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas ou suspensas e acadar a puntuación requirida; se o carácter da proba non o permite, deberá levar a cabo outra actividade similar que será indicada pola profesora.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras. 


Fontes de información
Bibliografía básica Teyssier, P. (2004). Comprendre les langues romanes. Du français à l'espagnol, au portugais, à l'italien et au roumain. Méthode d'intercompréhension. Paris: Chandeigne
Wartburg. W. von (1979). La fragmentación lingüística de la Romaniai. Madrid: Gredos
Posner, R. (1998). Las lenguas romances. Madrid: Cátedra
Wright, R. (1989). Latín tardío y romance temprano. Madrid: Gredos
Fradejas Rueda, J. M. (2010). Lenguas románicas. Madrid: Arco Libros
Gargallo, J. E. (1994). Les llengües romàniques. Barcelona: Empuries
Holtus, G., M. Metzeltin & Chr. Schmidt (eds.) (1986 ss.). Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Niemeyer
Sousa, X. & González Seoane, E. (eds.) (2019). Manual of Galician linguistics. Berlin: De Gruyter
Iliescu, M. & Roegiest (eds.) (2014). Manuel des anthologies, corpus et textes romans. Berlin: De Gruyter
Klump, A., Kramer, J. & Willems, A. (eds.) (2014). Manuel des langues romanes. Berlin: De Gruyter
Tagliavini, C. (1973). Orígenes de las lenguas neolatinas. México: Fondo de Cultura Económica
Camprubi, M. (1999). Questions de linguistique romane contrastive: espagnol, catalan, français. Toulouse: Presses Universitaires du Mirail
Elcock, W. D. (1960). The Romance Languages. New York: Macmillan

Bibliografía complementaria

Irase proporcionando paulatinamente, xunto cos recursos en liña.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías