Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Portuguesa 2 Código 613G02035
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia profunda na formación de carácter teórico-práctico na descrición e no uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe adquirir todas as competencias do usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), e iniciar a adquisición de competencias do nivel C1, de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron modificacións nos contidos da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes tanto para a 1.ª como para a 2.ª oportunidade; porén, en varias múdase o modo de realización.
Así, a sesión maxistral e a discusión dirixida farase a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase de maneira asíncrona a través de Moodle.
A presentación oral consistirá nun vídeo breve en que o alumnado desenvolverá oralmente un tema prefixado e que enviará a través de e-mail.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías levaranse a cabo por Teams previa cita (que se concertará por e-mail como mínimo con un día de antelación).

4. Modificacións na avaliación
O traballo tutelado entregarase por Moodle.
A proba oral consistirá nun vídeo en que se desenvolverá oralmente un tema prefixado e que se entregará por Moodle.

*Observacións de avaliación:
Ningunha

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A22 Dominar a gramática da lingua portuguesa.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A4
A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A1
A2
A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B2
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. A26
A28
B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. A21
B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. A11
B7
Apreciar a diversidade. A20
A28
B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. A12
A22
C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Relatar ações ocorridas no passado. Descrever pessoas, objetos e lugares no passado.
1.1. Revisão dos tempos de passado.
1.2. Descrições e ações habituais no passado. Falsos amigos.
1.3. Mundo profissional (habilitações, formação, oportunidades, empreendedorismo...).
2. Planificar projetos pessoais. 2.1. Infinitivo Pessoal. Infinitivo impessoal.
2.2. Cultura de Portugal e dos países de língua portuguesa.

3. Expressar condição, probabilidade, desejo, eventualidade, dúvida, finalidade. 3.1. Presente do Conjuntivo (com expressões de desejo, dúvida, sentimento, ordem, etc). Locução conjuncional (quer... quer...). Orações relativas com antecedente indeterminado (há quem...).
3.2. Sociedade portuguesa na atualidade.
4. Narrar viagens e experiências do passado. Fazer planos para os tempos livres/férias. Falar de situações eventuais no futuro. Expressar possibilidade. 4.1. Futuro do Conjuntivo. Pronomes relativos.
4.2. Atividades culturais, desportivas e de tempos livres. Turismo.
5. Dar e pedir pontos de vista pessoais. Argumentar. Produzir enunciados formulando hipóteses. Fazer sugestões. Realizar uma reclamação. 5.1. Indicativo / Conjuntivo / Infinitivo Pessoal. Imperfeito do Conjuntivo. Condicional. Se + Futuro do Conjuntivo / Imperfeito do Conjuntivo. Verbos derivados de vir, ver, ter, pôr, pedir, fazer.
5.2. Comunidades rurais e urbanas. Relações entre gerações e povos.
6. Contar o argumento dum filme, dum livro ou dum conto. Dar opinião sobre convenções sociais (pontualidade, formas de saudação, hospitalidade, vestuário, gastronomia, etc.) e culturas diferentes à própria. 6.1. Consolidação dos tempos do Conjuntivo. Pretérito Mais-que-Perfeito Simples do Indicativo (uso literário). Causa e consequência. Expressões idiomáticas. Provérbios.
6.2. Artes, gastronomia e festas tradicionais.
7. Resumir uma história. Expor projetos de vida, sonhos e ambições. Exprimir intenção. Apresentar diferentes pontos de vista a respeito duma situação. 7.1. Revisões dos tempos verbais. Pretérito Mais-que-Perfeito Composto do Conjuntivo. Orações Condicionais.
7.2. Histórias de vida.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A2 A8 A10 A12 A15 B4 B5 B7 C2 C4 14 14 28
Prácticas a través de TIC A8 B1 B2 B3 C2 0 10 10
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 1 1 2
Resumo A8 A11 A15 B3 B6 B7 C2 0 12 12
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 1 16 17
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 A28 B1 B3 B5 B7 C2 3 4 7
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 14 14 28
Sesión maxistral A8 A15 A21 B4 B5 B8 C2 C4 15 16 31
Lecturas A1 A8 A15 B1 B7 B8 C2 C4 0 11 11
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, co obxectivo de facilitaren unha correcta comprensón
Traballos tutelados Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, cada, estudante levará a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Discusión dirixida Enténdese por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do profesor ou da profesora. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. En tales sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o estudantado terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o alumno ou a alumna informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, cada estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20 % da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 A28 B1 B3 B5 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10 % da nota final. 10
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS

1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na
proba obxectiva deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder
sumar os restantes elementos de avaliación.

2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial e / ou
dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá
pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes
que na oportunidade anterior.


5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva.

6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado
da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).

7. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).


Fontes de información
Bibliografía básica Coelho, J. (2014). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Matos, M. (2013). Dicionário ilustrado de português. Lisboa: Lidel
Oliveira, C. / Coelho, L. (2007). Gramática Aplicada, Níveis Intermédio e Avançado. B2 e C1. Lisboa: Texto Editora
Paiva Raposo, E. et al. (2013). Gramática do Português - Vols. I, II, III. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian
Malcata, H. (2011). Guia prático de fonética. Acentuação e pontuação. Lisboa: Lidel
Ventura, H.; Caseiro, M. (2011). Guia prático de verbos com preposições . Lisboa: Lidel
Monteiro, D.; Pessoa, B. (2011). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel
Cintra, L.; Cunha, C. (2013 ). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Figueirinhas
S/A (2013). Prontuário da Língua Portuguesa. Porto: Porto Editora

Bibliografía complementaria Coelho, L.; Oliveira, C. (2008). Aprender Português 2. Lisboa: Texto Editora
Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Aprender Português 3. Texto: Texto Editora
Tavares, A. / Tavares, M. (2012). Avançar em português. Lisboa: Lidel
S/A (2009). Bom português. Porto: Porto Editora
Gonçalves, L. (2012). Cozinhar em Português . Lisboa: Lidel
Albino, S. (2015). Cultura e História de Portugal 2. Porto: Porto Editora
Pascoal, J. / Oliveira, T. (2013). Exames de Português B2 – Preparação e Modelos. Lisboa: Lidel
Rente, S. (2013). Expressões idiomáticas ilustradas. Lisboa: Lidel
Santos, S. (2015). Falar pelos cotovelos. Lisboa: Lidel
Díaz Ferrero, A. (2013). Falsos Amigos. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2012). Gramática Ativa 1 - versão brasileira. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2012). Gramática Ativa 2. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2014). Gramática Ativa 2 - versão brasileira. Lisboa: Lidel
Malcata, H. (2013). Português atual 2. Lisboa: Lidel
Malcata, H. (2014). Português atual 3. Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2013). Português em Direto. Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2011). Praticar Português . Lisboa: Lidel
Freitas, F.; Henriques, T. (2011). Qual é a dúvida?. Lisboa: Lidel
Rosa, L. (2011). Vamos Lá Continuar! - Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa: Lidel
Ruela, I. (2015). Vocabulário temático. Lisboa: Lidel

RECURSOS WEB

Bibliotecas digitais

Biblioteca Digital Camões: http://e-portugues.co.uk/?p=5581

Biblioteca de livros digitais (infanto-juvenis): http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/bibliotecadigital/

Biblioteca Nacional Digital: http://purl.pt/index/geral/PT/index.html

Domínio Público (BR): http://www.dominiopublico.gov.br/pesquisa/PesquisaObraForm.jsp


Cinema, vídeo e TV

Canal Lusitano: https://www.youtube.com/user/1CanaLusitano/videos

Curtas.pt: http://www.curtas.pt/

Documentários HD (port.do Brasil): https://www.youtube.com/user/MrDocumentariosHd/videos

Filmes portugueses: http://filmesportugueses.com/

Filmes portugueses antigos:   https://www.youtube.com/playlist?list=PL8CA97E24D332C4E7

Rádio Televisão Portuguesa: http://www.rtp.pt/homepage/

Tuganimado: http://tugaanimado.net/

Sapovídeos: http://videos.sapo.pt/


Dicionários e recursos linguísticos

Ciberdúvidas: http://ciberduvidas.sapo.pt/

Conjuga-me Net: http://www.conjuga-me.net

Corpus do português: http://www.corpusdoportugues.org/x.asp

Dicionário Michaelis: http://michaelis.uol.com.br

Dicionários da Porto Editora: http://www.infopedia.pt/

Dicionário Priberam: http://www.priberam.pt/

Dicionário Universal da Língua Portuguesa: http://www.universal.pt/

Moderno Dicionário Michaelis: http://www2.uol.com.br/michaelis/

Portal da Língua Portuguesa: http://www.portaldalinguaportuguesa.org/

Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa: http://voc.cplp.org/index.php


Expressões idiomáticas e calão

Dicionário de calão e expressões idiomáticas: http://natura.di.uminho.pt/~jj/pln/calao/dicionario.pdf

Exercícios e fraseologia do Instituto Camões: http://cvc.instituto-camoes.pt/exercicios/index1.html

Expressões idiomáticas: http://casota.org/expressions/

Expressões idiomáticas dos países de língua portuguesa: https://pt.wikipedia.org/wiki/Lista_de_express%C3%B5es_idiom%C3%A1ticas

Provérbios, adágios, rifões, ditados populares e anexins: http://www.folclore-online.com/proverbios/menu.html#.WVqJUen-s2x


Ferramentas de pronunciação

Forvo: https://pt.forvo.com/languages/pt/

Omniglot: http://www.omniglot.com/writing/portuguese.htm

Prontuário sonoro RTP: http://www.rtp.pt/wportal/sites/prontuario/index.php. 

SitePal: http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal


Imprensa

Blitz (revista de música): http://blitz.sapo.pt

Diretório de imprensa escrita em Portugal: http://www.prensaescrita.com/portugal.php


Sites institucionais

Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP): https://www.cplp.org/

Governo Português: http://www.portugal.gov.pt/pt/

Instituto Camões (IC): http://www.instituto-camoes.pt/

Instituto Internacional da Língua Portuguesa: http://iilp.cplp.org

Museu da Língua Portuguesa: http://www.museudalinguaportuguesa.org.br

Observatório da Língua Portuguesa: http://www.observalinguaportuguesa.org/pt

Pordata - Base de dados do Portugal contemporâneo: http://www.pordata.pt/Portugal

Portal do Cidadão: https://www.portaldocidadao.pt/home

Sociedade Internacional de Português Língua Estrangeira (SIPLE): http://www.siple.org.br/

Turismo de Portugal: https://www.visitportugal.com/pt-pt


Sites para a aprendizagem da língua

Centro Virtual Camões: http://www.instituto-camoes.pt/cvc/aprender.html

Omniglot: http://www.omniglot.com/writing/portuguese.htm

CiberEscola da Língua Portuguesa: http://www.ciberescola.com

Ensina RTP: http://ensina.rtp.pt

Programa "Bom português": http://www.rtp.pt/programa/tv/p22815


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Portuguesa 1/613G02022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Galega 2/613G02014
Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa/613G02027
Literatura Portuguesa 2/613G02037
Literaturas de Lingua Portuguesa/613G02039

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías