Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua Galega: Norma e Usos Código 613G02038
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Profesorado
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Definición e análise das relacións entre norma e usos na lingua galega. Estudo e descrición das linguaxes técnicas e especializadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A10
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Dominar a gramática da lingua galega. A21
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega A23
Coñecer a variación lingüística da lingua galega A25
B8
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía A29
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B2
B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Norma e variación 1.1. O concepto de norma e o seu valor simbólico
1.2. O proceso de estandarización da lingua galega
1.3. A variación lingüística: histórica, xeográfica, social e situacional. A linguaxe técnica e especializada
2. Principais trazos da norma e calidade lingüística 2.1. Aspectos ortográficos, ortolóxicos e ortotipográficos
2.2. Aspectos morfosintácticos
2.3. Aspectos léxico-semánticos
2.4. Aspectos pragmático-textuais
2.5. A necesidade dun uso modelar da lingua galega: a calidade lingüística
3. Desvíos e interferencias da norma 3.1. Desvíos: arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos e enxebrismos
3.2. Interferencias: españolismos e pseudogaleguismos.
3.3. Os empréstimos
4. Os usos lingüísticos 4.1. Lingua inicial, lingua habitual e competencia lingüística
4.2. Usos lingüísticos e ámbitos de uso: familia, amizades, traballo, comercio local, finanzas, escola, administración, saúde, medios de comunicación; oral/escrito; popular/culto; urbano/tradicional
4.3. Usos lingüísticos e identificación lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A15 21 21 42
Obradoiro A1 A29 B1 B7 16 16 32
Lecturas A23 A25 B8 0 12 12
Traballos tutelados B1 B2 B3 C7 C4 1 29 30
Presentación oral A4 B4 C1 1 10 11
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 0 20 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Proba mixta Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado" e da "Presentación oral", mais tamén para as sesións prácticas do "Obradoiro". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 50
Presentación oral A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos e estratexias expositivas empregadas polo alumnado. 10
Obradoiro A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 C7 C4 No TRABALLO TUTELADO valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 30
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo), segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co profesor a través do correo electrónico.

2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):

2.1. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial- integrarase no Traballo Tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da cualificación).

2.2. As metodoloxías que non foren aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):

3.1. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de actividades for inferior ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
Ferreiro, M. (2001). Gramática Histórica Galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento
López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG / ILG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Vidal, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Lagares, X. / Bagno, M. (orgs.) (2011). Políticas da norma e conflitos linguísticos. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC

Bibliografía complementaria Bagno, M. (2005). A norma oculta. Língua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: SNL da UDC
Bagno, M. (2001). Dramática da língua portuguesa. Tradição gramatical, mídia & exclusão social. São Paulo: Edições Loyola
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra

Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías