Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Lingua Galega: Norma e Usos Código 613G02038
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das relacións entre lingua, norma e usos no nivel oral e escrito e a súa plasmación na lingua galega, con atención a aqueles aspectos máis singulares que se producen nos diferentes planos da lingua.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A10
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Dominar a gramática da lingua galega. A21
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega A23
Coñecer a variación lingüística da lingua galega A25
B8
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía A29
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B2
B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Norma, usos e variación 1.1. O concepto de norma e o seu valor simbólico
1.2. Usos lingüísticos
1.3. O proceso de estandarización da lingua galega
1.4. A variación lingüística no galego actual
1.5. A linguaxe técnica e especializada
2. Norma, modelos de lingua e desvíos 2.1. Modelos de lingua: oral/escrita, popular/culta, urbana/tradicional etc.
2.2. Arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos
2.3. Españolismos e pseudogaleguismos
2.4. Empréstimos, neoloxía e terminologia
3. Norma e calidade lingüística 3.1. A necesidade dun uso modelar da lingua galega: a calidade lingüística
3.2. Aspectos ortográficos e fonéticos
3.3. Aspectos morfosintácticos
3.4. Aspectos léxico-semánticos
3.5. Aspectos pragmático-textuais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A15 21 10 31
Obradoiro A1 A29 B1 B7 29 10 39
Lecturas A23 A25 B8 0 21 21
Traballos tutelados B1 B2 B3 C4 C7 0 30 30
Presentación oral A4 B4 C1 1 5 6
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 0 20 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións presenciais, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, exercicios varios etc.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e escollido entre varios temas propostos no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Proba mixta Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado, presencial ou telematicamente a través de Teams ou e-mail, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado" e da "Presentación oral" e tamén para as sesións prácticas do "Obradoiro". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 Na PROBA MIXTA ESCRITA avaliaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 60
Presentación oral A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos expositivos empregados polo alumnado. 10
Obradoiro A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise e corrección de textos, estudo de fontes documentais, comentarios de lecturas etc.) e tamén se avaliarán a asistencia e a participación. 20
Traballos tutelados B1 B2 B3 C4 C7 No TRABALLO TUTELADO porase en valor fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais:
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán seguir as pautas marcadas en cada caso, polo que se se entregaren fóra de prazo ou non cumpriren as pautas non serán obxecto de avaliación. Así mesmo, todos os traballos e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06/07/2018 e pendurado no Campus Virtual no inicio do curso).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica oficial concedida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado, polo deberá contactar co profesorado da materia para adaptar as actividades presenciais.

4. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na 1.ª oportunidade, salvo as actividades prácticas presenciais que pasarán a ser substituídas por outras similares e que se entregarán nos prazos marcados polo profesor. No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización.

5. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na 2.ª oportunidade.

6. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumnado non se presentar á "Proba mixta" e non entregar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

8. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” e no “Regulamento disciplinar do estudantando da Universidade da Coruña”. Así, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

9. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirado, M. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Cpruña: Baía Edicións
Freixeiro Mato, X. R. (2020). Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (coord.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Mateus, M. H. Mira / Cerdeira, (2007). Norma e Variação. Lisboa: Caminho
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG / ILG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Vidal, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Kabatek, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición e innovación no galego actual. Vigo: Xerais
Lagares, X. / Bagno, M. (orgs.) (2011). Políticas da norma e conflitos linguísticos. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2018). Sobre historiografia gramatical e codificación lingüística (1955-1971). A Coruña: UDC / Grupo ILLA

Bibliografía complementaria Bagno, M. (2005). A norma oculta. Língua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: SNL da UDC
Bagno, M. (2001). Dramática da língua portuguesa. Tradição gramatical, mídia & exclusão social. São Paulo: Edições Loyola
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra

Proporcionarase máis bibliografía específica para cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías