Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Literaturas de Lingua Portuguesa Código 613G02039
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo introdutorio, a través dos textos, das principais etapas, movementos, autores e obras da
literatura brasileira e das literaturas africanas de língua portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a avaliación crítica ao estilo dun texto e á formulación de propostas alternativas e correccións. A10
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B3
B7
Identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
B1
B3
Aplicar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B3
Resolver problemas coa capacidade de autoformación adquirida. A2
A20
B3
B6
B7
Aplicar as capacidades de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. A15
B1
B3
B6
B7
Aplicar analítica e sinteticamente a avaliación ponderada, o coñecemento e o exercicio do pensamento crítico. A2
A10
A11
A20
B1
B7
Resolver a capacidade de expresión e comprensión da forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura brasileira. Noções preliminares. 1.1. Unidade e diversidade
1.2. Parâmetros definitórios básicos
2. A literatura brasileira no século XIX 2.1. O Romantismo e a nacionalidade literária: Gonçalves Dias, Castro Alves e José de Alencar
2.2. Realismo e Naturalismo: Machado de Assis
3. A literatura brasileira nos séculos XX e XXI 3.1. O Modernismo: Mário de Andrade, Oswald de Andrade e Manuel Bandeira.
3.2. Tendências narrativas e poéticas do século XX: Graciiano Ramos, Guimarães Rosa, Clarice Lispector, Drumond de Andrade.
3.3. A atualidade literária brasileira.
4. As literaturas africanas de língua portuguesa 4.1. A literatura angolana: Agostinho Neto, Luandino Vieira, Pepetela e Boaventura Cardoso.
4.2. A literatura mozambicana: Honwana, Craveirinha, Mia Couto, Ba Kha Khosa e Paulina Chiziane.
4.3. A literatura caboverdiana: Baltasar Lopes, Jorge Barbosa y Corsino Fortes. As literaturas santomense e guineense.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A20 14 21 35
Obradoiro A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 22 33 55
Lecturas A2 A14 A20 B3 B6 B7 1 30 31
Traballos tutelados A2 A11 A14 A15 1 10 11
Recensión bilbiográfica A11 A15 1 4 5
Presentación oral A11 A15 B3 B7 C2 1 1 2
Proba mixta A2 A10 A11 A20 C2 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria.
Recensión bilbiográfica Reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas.
Presentación oral Presentación oral dalgún(s) dos comentarios de textos realizados.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A10 A11 A20 C2 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Recensión bilbiográfica A11 A15 Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. 5
Presentación oral A11 A15 B3 B7 C2 Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
10
Traballos tutelados A2 A11 A14 A15 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. 15
Obradoiro A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 20
Lecturas A2 A14 A20 B3 B6 B7 Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O
alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro,
con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera
outra particularidade especial deberá pórse en contacto cos profesores
ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro. En
todos estes casos (e salvo excepcións motivadas e xustificadas), haberá que superar as mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias antes indicadas para a primeira convocatoria (ordinaria).

Na segunda oportunidade, para superar a materia, tamén haberá que realizar as mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias que na primeira (ordinaria).

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%

___________________

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

_______________

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle).


Fontes de información
Bibliografía básica
–Bosi, A.: História concisa da literatura brasileira (São Paulo: Cultrix).

–Candido, A.: Iniciação à literatura brasileira – Resumo para principiantes (Humanitas/USP-FFLCH, São Paulo, 1999).

–Ferreira, M. Literatura africana de expressão portuguesa (Lisboa: ICALP [2 vols.])

–Salinas Portugal, F.: Rosto negro – O contexto das literaturas africanas (Santiago de Compostela: Laiovento)

–Stegagno Picchio, L.: Storia della letteratura brasiliana (Torino: Giulio Einaudi Editore).

Bibliografía complementaria
Lecturas obrigatorias:

1) Dom Casmurro de Machado de Assis

2) Claro Enigma de Carlos Drummond de Andrade / Laços de Família, de Clarice Lispector (a escoller unha)

3) Velhas estórias de Luandino Vieira / Jerusalem de Mia Couto (a escoller unha)

4) Unha narrativa actual (selección individual baixo a orientación del professor)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Unha parte dos contidos do programa –en concreto do subtema 3.2. ("Tendências narrativas e poéticas do século XX: Graciliano Ramos, Guimarães Rosa, Clarice Lispector, Drumond de Andrade")– está previsto que sexa impartido, como docente convidada (ERASMUS+), por Alva Martínez Teixeiro, Profesora de Literatura e Cultura Brasileiras da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías