Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo Fin de Grao Código 613G02041
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Ferreiro Fernandez, Manuel
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Lourido Hermida, Isaac
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
ramon.freixeiro@udc.es
isaac.lourido@udc.es
carlos.pereiro@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web http://www.udc.gal/export/sites/udc/filo/_galeria_down/TFG/normativa/Regulamento_TFG.pdf_2063069239.pdf
Descrición xeral O traballo de fin de grao supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, dunha memoria ou dun estudo concreto sob a supervisión de un/ha ou máis directores/as. Neste traballo deben ser integrados e desenvolvidos os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de buscar, xestionar, organizar e interpretar datos nos estudos lingüísticos e/ou literarios co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes deste ámbito de estudos, demostrando ademais un pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. A1
A2
A3
A6
A9
A10
A14
A15
A18
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B9
B10
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
O contido específico do traballo acordarase co titor ou titora dentro do marco da liña do TFG asignada. Os que xurdiren durante o desenvolvemento do traballo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 120 130
Presentación oral A9 B4 B6 C1 1 9 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O/A estudante realizará o traballo baixo a dirección dun/ha profesor/a, que orientará, realizará un acompañamento do proceso de elaboración e autorizará a presentación e defensa do mesmo.
Presentación oral O día sinalado no calendario académico do centro, o/a alumno/a presentará e defenderá o seu traballo perante unha comisión avaliadora nomeada pola Xunta de Facultade, nun tempo máximo de 15 minutos en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
O Traballo Fin de Grao elaborarase baixo a coidadosa supervisión do profesorado asignado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Será valorado polo/a director/a do traballo segundo o seguinte:

1. Aspectos formais (20%): adecuación ao formato establecido, presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos etc.), corrección lingüística.

2. Contido (60%): estrutura do contido (coherente e adecuada ao tema), clareza expositiva, selección e utilización da bibliografía, resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%): organización, temporalización, autonomía.
70
Presentación oral A9 B4 B6 C1 Será valorada polo tribunal segundo o seguinte:

1. Exposición (35%): axustada ao tempo, clara e estruturada, corrección e adecuación lingüística.

2. Contido do discurso (35%): capacidade de síntese, atención aos aspectos relevantes do traballo.

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): resposta axeitada a todas as observacións e preguntas.

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%): utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio.
30
 
Observacións avaliación
A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal.

Serán cualificados con NON PRESENTADO/A os/as alumnos/as que non realizaren a presentación oral pública ante o tribunal.

Calquera falta de honradez académica (plaxio ou outras formas) penalizarase co suspenso automático do TFG. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

------------------------------------------------

A estrutura do Traballo de Fin de Grao axustarase a estas características:

1. Capa, que incluirá, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace manuscrito do director ou da directora co seu nome, e o ano de presentación. Non se numerará.

2. Índice do traballo con paxinación.

3. Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.

4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.

5. Traballo.

6. Conclusións.

7. Referencias bibliográficas.

8. Anexos (se os houber).

O Traballo de Fin de Grao terá unha extensión mínima de 9000 e máxima de 11000 palabras. Para o cómputo non se terán en conta os apartados 1, 2, 3, 7 nin 8.
Presentarase en formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado duplo e letra de 12 puntos.
A paxinación dos apartados 2 e 3 realizarase en numeración romana.













Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías