Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua e Variación no Espazo Código 613G02042
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Análise teórico-práctica dos principais factores que inciden na variación lingüística, ben como dos fenómenos dialectais máis salientábeis do ámbito galego-portugués.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B8 Apreciar a diversidade.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria A1
A10
A15
A25
A26
B3
B5
B8
C7
C8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Coñecer a variación lingüística da lingua galega A25
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa A26
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Apreciar a diversidade B8
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade B1
B2
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A variación lingüística 1.1. Perspectivas sobre os tipos de variacionismo
1.2. Orixe e limites da variación
1.3. Lingua, dialecto, variedade: denominacións e criterios de distinción
2. A dialectoloxía 2.1. Definición e orientacións
2.2. Cuestións de método
2.3. O caso da Galiza
2.4. Tipoloxía dos fenómenos de variación lingüística
3. Dialectoloxía, filoloxía e lingüística 3.1. Dialectoloxía e lingüística histórica
3.2. Dialectoloxía e onomástica
3.3. Dialectoloxía, estruturalismo e xenerativismo
4. Variación diatópica nos falares galegos 4.1. Introdución
4.2. Principais fenómenos de variación
5. Variación diatópica nos falares portugueses 5.2. Introdución
5.2. Principais fenómenos de variación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A25 A26 B2 B5 15 22.5 37.5
Obradoiro A15 A10 B8 14 28 42
Lecturas A10 B1 B3 B5 1 12 13
Traballos tutelados A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 1 12 13
Proba mixta A15 A25 A26 B5 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística.
Proba mixta Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada nortéase cara á orientación dos traballos tutelados (tema, focaxe, bibliografía adecuada etc.) e á solución de dúbidas e lacunas que os alumnos ou as alumnas puideren presentar.
A orientación será realizada de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A15 A10 B8 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (comentarios de texto, discusión de casos etc.). 20
Proba mixta A15 A25 A26 B5 Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. 40
Lecturas A10 B1 B3 B5 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. 15
Traballos tutelados A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. 25
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos dun 50% do número de actividades totais.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Rei, F. et al. (1996). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
ILG [Instituto da Lingua Galega] (1990 / 1995 / 1999 / 2002 / 2005). Atlas Lingüístico Galego. Vol. I. Morfoloxía verbal. Vol. II. Morfoloxía non verbal. Vol. III. Fonética. Vol. IV. Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. Vol. V. Léxico. O corpo humano (I). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Francis, F. N. (1989 [1983]). Dialectology. An introduction . London: Longman
Fernández Rei, F. (2001 [1990]). Dialectoloxía da lingua galega . Vigo: Xerais
Álvarez, R. et al. (eds.) (2002). Dialectoloxía e Léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1987 [1901]). Esquise d’une Dialectologie Portugaise . Lisboa: Instituto de Investigação Científica
Cintra, L. F. Lindley (1995). Estudos de Dialectologia Portuguesa . Lisboa: Sá da Costa
Gärtner, E. et al. (eds.) (2000). Estudos de Geolingüística do Português Americano. Frankfurt: TFM
Beaud, S. et. al. (2007). Guia para a Pesquisa de Campo. Produzir e Analisar Dados Etnográficos. Petrópolis: Vozes
Mollica, M. C. et al. (2003). Introdução à Sociolingüística. O tratamento da Variação. São Paulo: Contexto
Chambers, P. et al. (1994). La dialectología . Barcelona: Visor
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Laiovento
Álvarez, R. et al. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1928). Opúsculos. Vol. II. Dialectologia . Coimbra: Universidade de Coimbra
Vasconcellos, J. Leite de (1985). Opúsculos. Vol. VI. Dialectologia . Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda
Britain, D. et. al. (eds.) (2003). Social Dialectology. In Honour of Peter Trudgill. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins Publishing Company
Biber, D. (1988). Variation across Speech and Writing . New York / New Rochelle / Melbourne / Sidney: Cambridge University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías