Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Poesía en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02043
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
laura.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras e/ou autores relevantes e significativos da poesía en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise literaria. A1
A2
A3
A10
A15
B7
C1
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á poesía en lingua galega e portuguesa. A11
A14
B1
B3
B7
C6
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. A7
A11
A14
A15
B9
B10
C1
C6
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. A14
B7
B8
C6
Ter un coñecemento amplo da poesía en lingua galega e portuguesa. A17
A18
A19
A20
B8
C6
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura etc.). A2
A4
A9
A11
A15
B1
B6
B7
C6
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. A11
A14
A15
B3
B5
C6
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. A4
A9
A15
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A poesía en lingua galega e portuguesa 1.1. Cuestións xerais
1.2. Periodización e caracterización.
2. A poesía galega de 1939 a 1980 2.1. Antecedentes e referentes.
2.2. A posguerra. O socialrealismo
2.3. O cambio: Álvaro Cunqueiro e X. L. Méndez Ferrín
2.4. Ricardo Carvalho Calero
3. A poesía galega desde 1980
2.1. A xeración dos 80. O culturalismo
2.2. Pilar Pallarés
2.3. A xeración dos 90.
2.4. As primeiras décadas do século XX
4. A poesía portuguesa actual 3.1. Fases e caracterización
3.2. Adília Lopes
3.3. Valter Hugo Mãe
3.4. Golgona Anghel

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 B9 B8 20 8.5 28.5
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A19 A20 B10 20 20 40
Lecturas A7 A17 A18 B3 B6 B7 0 12 12
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 2 15 17
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 2 10 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas.
Lecturas Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido pola profesora, e escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma, a capacidade de análise, o comentario textual e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
As profesoras orientarán os e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a a escolla da obra de lectura e para a realización dos traballos, especialmente en cuestións como a procura do tema / corpus textual, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A19 A20 B10 Valoración do traballo de análise e comentario dos textos e paratextos traballados durante o curso. 20
Lecturas A7 A17 A18 B3 B6 B7 Terán de realizarse con aproveitamento as lecturas obrigatorias cuxa avaliación será realizada dentro da proba mixta. 10
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. 50
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade analítica e o rigor da pesquisa, así como a correcta organización do traballo, a clareza expositiva e a calidade da expresión. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coas profesoras para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto coas profesoras aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica. 

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos mesmos traballos solicitados para a primeira. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Barbosa, Beatriz (1998). "O livro das devoracions: a dor de ser e a dor de non ser", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Nogueira, María Xesús (2017). 13 Antoloxía da poesía galega próxima. Santiago de Compostela: Chan de pólvora & papelesmínimos
Mato Fondo, Miguel Anxo (1991). A mazá e a cinza. A poesia galega após 1976. Pontevedra: Edicións do Cumio
Guimarães, Fernando (2002). A poesia contemporânea portuguesa do final dos anos 50 aos anos 90. Lisboa: Quasi Edições
Casas, Arturo (ed.) (2003). Antoloxía da poesía consultada (1976-2000). Lugo: TrisTram
Tato Fontaíña, Laura (2000). Carvalho Calero poeta, narrador, dramaturgo. Grial 147, tomo XXXVIII, pp 441-460
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1998). Historia da literatura galega. vols. 3 e 4. Vigo: AS/PG & A Nosa Terra
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura III. De 1916 a 1936. Vigo Xerais
Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Vigo Xerais
Lopes, Óscar & Marinho, Maria Fátima (dir.) (2001-2002). História da Literatura Portuguesa. Vol. 7. Lisboa: Alfa
Bernárdez, C. L. & Insua, E. X. & Millán Otero, X. M. & Rei Romeu, M. & Tato Fontaí (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
VV. AA. (2016). No seu despregar. Antoloxía poética. A Coruña: Apiario Editora
Castelao, Manuel (2009). Novoneyra. Celso Emilio. Os Eidos. Longa noite de pedra. Santiago de Compostela: Laiovento
Rodríguez, Luciano & Seara, Teresa (1997). Para saír do século. Nova proposta poética. Vigo: Xerais
Rodríguez Fer, Claudio (1989). Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo Xerais

Obras de lectura obrigada:

Ricardo Carvalho Calero: Reticencias...

Pilar Pallarés: Tempo fósil

Olga Novo: Feliz idade

Yolanda Castaño: O puño e a letra. Antoloxía en comic poético

Golgona Anghel: Vim porque me pagavam

A bibliografía específica para cada tema será entregada nas aulas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías