Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Poesía en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02043
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Profesorado
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de procesos, tendencias, produtos e traxectorias relevantes e significativos da poesía en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise literaria. A1
A2
A3
A10
A15
B7
C1
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á poesía en lingua galega e portuguesa. A11
A14
B1
B3
B7
C6
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. A7
A11
A14
A15
B9
B10
C1
C6
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. A14
B7
B8
C6
Ter un coñecemento amplo da poesía en lingua galega e portuguesa. A17
A18
A19
A20
B8
C6
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura etc.). A2
A4
A9
A11
A15
B1
B6
B7
C6
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. A11
A14
A15
B3
B5
C6
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. A4
A9
A15
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A poesía galega de 1975 á actualidade 1.1. Coñecemento construído: historia e crítica. Procesos de canonización. A función das antoloxías.
1.2. Centros e periferias do subsistema poético: institucións, grupos, traxectorias e tendencias repertoriais.
2. A poesia portuguesa após o 25 de abril 2.1. A poesía na configuración do campo literario portugués actual. Discursos historiográficos e críticos, e procesos de canonización.
2.2. Tendencias repertoriais, traxectorias consagradas e escritas marxinais.
3. Poesía e emerxencia literaria na literatura dos PALOP 3.1. Emerxencia literaria e procesos de independencia. Funcións das prácticas e dos repertorios poéticos.
3.2. Repertorios poéticos e modelos socioculturais: identidade, nación, xénero.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 B8 B9 16 32 48
Lecturas A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 6 12 18
Seminario A2 A3 B6 B7 C1 6 12 18
Traballos tutelados A1 A2 A4 A14 A17 A20 B6 B7 B10 C1 1.5 6 7.5
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 2 16 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Lecturas O profesorado estabelecerá un conxunto de lecturas para cada un dos temas. Comprenderán obras historiográficas, críticas e de creación (antoloxías e obras de autoría individual).
Seminario Serán organizadas sesións en que o alumnado, con orientación e supervisión do profesorado, presentará a súa análise dunha parte dos contidos e dos materiais da materia, previamente traballados de maneira autónoma.
Traballos tutelados Cada estudante deberá desenvolver un traballo tutelado sobre algún dos aspectos do temario. Contará coa orientación inicial e o acompañamento continuado por parte do profesorado.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
O profesorado estará dispoñible para atender de maneira personalizada todo o alumnado da materia, a través dos medios dispoñibles: correo electrónico, plataforma Teams e atención presencial. A atención personalizada será imprescindible para o desenvolvemento do traballo tutelado e dalgunha das sesións de seminario.

A atención personalizada, a través dos medios dispoñibles, será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica.

A cadeira poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A14 A17 A20 B6 B7 B10 C1 No traballo tutelado será valorada a correcta delimitación do tema, o aproveitamento dos materiais bibliográficos, os resultados finais e a calidade lingüística e expositiva.
25
Lecturas A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 As lecturas obrigatorias serán avaliadas a través de actividades de diferente tipo (recensión crítica, comentario de texto, cuestionario), ao longo de todo o cuadrimestre. 20
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. 40
Seminario A2 A3 B6 B7 C1 As actividades de seminario serán desenvolvidas nas aulas presenciais e nelas será avaliada a lectura e a análise dos materiais propostos, a participación de cada estudante, o traballo colaborativo e o desenvolvemento do pensamento crítico. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán porse en contacto co profesorado para organizar o seu seguemento da materia. Serán avaliadas de acordo co seguinte sistema: proba mixta (40%), traballo tutelado (30%) e lecturas (30%). Tamén deberán porse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral sexa incompatíbel co seguemento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será outorgada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

Na segunda oportunidade (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación que na primeira. As persoas que concorreren á segunda oportunidade deberán realizaar unicamente as actividades non superadas na primeira. As datas de entrega serán indicadas polo profesorado con antecedencia suficiente. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no
caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo
alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a
detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta
ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de
que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as
medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña" (artigo 14.4). A
falta de honradez académica na proba conlevará a cualificación de 0
nesa convocatoria e, nos traballos titorizados e outros elementos de
avaliación, a reprobación da actividade
concreta.


Fontes de información
Bibliografía básica Laranjeira, J. L. Pires (1992). De letra em riste identidade, autonomia e outras questões nas literaturas de Angola, Cabo Verde, Moçambique e S. Tomé e Príncipe. Porto: Afrontamento
Nogueira, María Xesús (2017). 13 Antoloxía da poesía galega próxima. Santiago de Compostela: Chan de pólvora & papelesmínimos
Mato Fondo, Miguel Anxo (1991). A mazá e a cinza. A poesia galega após 1976. Pontevedra: Edicións do Cumio
Guimarães, Fernando (2002). A poesia contemporânea portuguesa do final dos anos 50 aos anos 90. Lisboa: Quasi Edições
González Fernández, Helena (2001). A tribo das baleas. Poetas de arestora.. Vigo: Xerais
Reis-Sá, Jorge (2001). Anos 90 e agora. Uma antologia da nova poesia portuguesa. Vila Nova de Famalicão: Quasi Edições
García, Xosé Lois (1998). Antología da poesía feminina dos PALOP (Países africanos de língua oficial portuguesa). A Coruña: Espiral Maior
Casas, Arturo (ed.) (2003). Antoloxía da poesía consultada (1976-2000). Lugo: TrisTram
Rodríguez, Luciano (1986). Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega. Barcelona: Sotelo Blanco
Martelo, Rosa Maria (2004). Em parte incerta. Estudos de poesia portuguesa moderna e contemporanea. Lisboa: Campo das Letras
García, Xosé Lois (1993). Floriram cravos vermelho. Antologia poética de expressão portuguesa em Africa e Asia. A Coruña: Espiral Maior
VV.AA. (2000). Galicia. Literatura. A literatura desde 1936 ata hoxe : poesía e teatro. A Coruña: Hércules de Ediciones.
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1998). Historia da literatura galega. vols. 3 e 4. Vigo: AS/PG & A Nosa Terra
Lopes, Óscar & Marinho, Maria Fátima (dir.) (2001-2002). História da Literatura Portuguesa. Vol. 7. Lisboa: Alfa
Bernárdez, C. L. & Insua, E. X. & Millán Otero, X. M. & Rei Romeu, M. & Tato Fontaí (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Laranjeira, J. L. Pires (1995). Literaturas Áfricanas de expressão portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
Salinas Portugal, Francisco (2006). Literaturas africanas en lengua portuguesa. Madrid: Síntesis
Laranjeira, J. L. Pires (org.) (2000). Negritude Áfricana de língua portuguesa textos de apoio (1947-1963). Coimbra: Angelus Novus
VV. AA. (2016). No seu despregar. Antoloxía poética. A Coruña: Apiario Editora
Kiobucka, Ana M. (2009). O formato mulher. A emergência da autoria femenina na poesia portuguesa. Coimbra: Angelus Novus

Será fornecida bibliografía específica para cada tema.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías