Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Comparada Código 613G02044
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Conceptos e métodos da literatura comparada, e práctica de proxectos comparatistas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non será necesaria modificación algunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas: Sesións maxistrais, Obradoiro, Estudo de casos, Análise de fontes, Aprendizaxe colaborativo, Traballo tutelado, Presentación oral.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías que se manteñen só presentan unha modificación: levaranse a cabo por medios telemáticos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente para realizar consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente, de acordo coa necesidade do alumnado. Disponse de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as actividades de obradoiro, lecturas, recensións ou traballos tutelados.
Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica a avaliación (80% da nota) do traballo tutelado nin a súa presentación oral (20%) por medios telemáticos (no caso de fallar nalgún caso individual algún estudante con problemas de acceso ás canles electrónicas, esta parte da avaliación quedaría substituída, para todo o alumnado, polo que se entende por avaliación continua: a participación activa do estudante ao longo do curso nos aspectos mencionados en Metodoloxías).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
1. O tratamento axeitado dos contidos do curso aplicados ao traballo.
2. A habilidade para o comentario de textos desde a literatura comparada.
3. A utilización de fontes documentais da bibliografía e webgrafía da materia, así como doutros recursos, aos que en todo momento o estudante fará referencia.
4. A competencia lingüística suficiente para unha redacción apropiada.

*Observacións de avaliación:
Seguirán sendo válidas as indicadas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se requiren modificacións neste punto.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A6
A7
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A6
A7
A8
A9
A11
A12
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega B7
B12
B13
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A13
A14
A18
A19
A26
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A14
B8
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A1
A2
B9
C5
C6
C7
C8
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A3
A4
A5
A15
A16
A17
A20
A25
A27
A28
A29
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A21
A22
A23
A24
B5
B10
B11
B13
C3
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. A4
A27
A28
A29
B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. A2
C4
C6
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B11
B13
C8
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. A13
A21
B7
B8
Apreciar a diversidade. B5
B6
B7
B10
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. A28
A29
C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C5
C8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. C4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A9
B12
C1
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. A14
A21
A22

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución á literatura comparada
I.1. O comparatismo nos estudos literarios.

I.2. Historia e preocupacións actuais da literatura comparada
II.A posta en práctica da literatura comparada II.1 Mitos e lendas na literatura
II.2. Literatura comparada ibérica: poetas de denuncia social na segunda metade do s. XX
II.3. Literatura e arte: a linguaxe narrativa e a linguaxe cinematográfica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A5 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B11 B13 B10 C4 C5 C6 C7 C8 2 1.5 3.5
Estudo de casos A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A24 A23 A28 A29 3 6 9
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 4 16 20
Obradoiro A1 A2 A4 A5 A13 A21 A22 A25 A26 B5 2 2 4
Presentación oral A4 A7 A8 A9 A27 B4 B9 B12 B13 C1 C3 4 8 12
Sesión maxistral A7 A8 8 27 35
Análise de fontes documentais A11 B1 C2 C3 4 22 26
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa O método de traballo na aula conleva este tipo de aprendizaxe
Estudo de casos Estudiaranse na aula casos concretos de análise literaria comparada
Traballos tutelados Os alumnos elaborarán un traballo de literatura comparada
Obradoiro Traballo na aula que será seguido e orientado polo docente
Presentación oral Exposición do traballo na propia aula ou, no seu caso, ante o docente.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o docente exporá os fundamentos da materia e dará cabida á participación do alumno de xeito interactivo. Tamén explicará a teoría relativa á análise de fontes documentais e a preparación do estudo de casos, ata completar o total de clases teóricas das catorce semanas de curso.
Análise de fontes documentais Exame dos documentos necesarios para realizar estudos comparados

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
No traballo, o docente fará un seguimento do achado do tema, fontes documentais utilizadas, orixinalidade e idoneidade do asunto, pasos previstos no seu desenvolvemento, perspectivas e obxectivos marcados.
Na análise de fontes documentais para o estudo comparado, o docente atenderá os problemas de interpretación que lle xurdan a cada estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 80
Presentación oral A4 A7 A8 A9 A27 B4 B9 B12 B13 C1 C3 Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación na aula ou, no seu caso, na explicación oral da segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) realizarase nos últimos días do curso. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega dese traballo tutelado, axeitadamente deseñado e impreso. Será considerado NP o alumno que non o entregue. 

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudiante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Os traballos deben expoñerse e redactarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, I Boletín Galego de Literatura, 33, . Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, II, Boletín Galego de Literatura, 34. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
TÖTÖSY DE ZEPETNEK, Steven (1998). Comparative literature: theory, method, application. Amsterdam, Rodopi
VILLANUEVA, Darío (1991). El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada. Barcelona, Promociones y Publicaciones Universitarias
GUILLÉN, Claudio (2005 (1ª edición, 1985)). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada (ayer y hoy). Barcelona, Crítica
GNISCI, Armando / SINOPOLI, Franca et alii (2002). Introducción a la literatura comparada. Barcelona, Crítica
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Olivia (2015). La literatura comparada en la Península Ibérica desde un enfoque sistémico e interliterario. Madrid, Universidad Complutense
VEGA, María José / CARBONELL, Neus (1998). La literatura comparada: principios y métodos. Madrid, Gredos
BASSNETT, Susan et alii (edición de Dolores Romero López) (1998). Orientaciones en literatura comparada. Madrid, Arco
LLOVET, Jordi ET ALII (2005, 2012). Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona, Ariel

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non faltar a clase durante o curso



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías