Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura Comparada Código 613G02044
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Conceptos e métodos da literatura comparada, e práctica de proxectos comparatistas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado mellorará o coñecemento de métodos e técnicas de análise lingüística e literaria e aplicaraos ao comentario de textos, incluídos os non literarios A3
A7
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
C1
C2
O alumnado ampliará o coñecemento das literaturas española, galega e inglesa e manexará os idiomas necesarios para a lectura de diferentes textos, e mesmo a elaboración de discursos orais e escritos. Deste xeito, aplicará e mellorará a súa capacidade para avaliar, interpretar e sintetizar con espírito crítico a información especializada. A1
A2
A4
A7
B3
B4
B9
C1
O alumnado será quen de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e de interrelacionar os distintos aspectos destes estudos, para o cal, mellorará a utilización de recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. Finalmente, saberá relacionar os seus coñecementos cos das outras áreas e disciplinas. A7
A11
A14
B1
B2
B3
B5
B6
B10
C3
C6
O alumnado terá a capacidade de organizar o traballo, planificando e xestionando o tempo e resolvendo problemas de forma efectiva. Será quen de se comunicar axeitadamente en calquera contorno, detectando a diversidade. Adquirirá competencia en comportamento ético, cidadanía e profesionalidade con responsabilidade social. A4
A5
A9
A11
A15
B3
B4
B8
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución á literatura comparada
I.1. O comparatismo nos estudos literarios.

I.2. Historia e preocupacións actuais da literatura comparada
II. A posta en práctica da literatura comparada II.1 Intertextualidade. Lecturas de Luz Pozo Garza no seu centenario
II.2. Literatura e arte. A écfrase.
II.3. Literatura e indagación histórica. Ficción e documento
II.4. Mitos e lendas na literatura e o cine

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A5 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C4 C6 C7 C8 2 1 3
Estudo de casos A1 A4 A5 A7 A9 A10 A11 A14 A15 3 3 6
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 B6 B7 B9 C5 2 16 18
Obradoiro A1 A2 A4 A5 B4 B5 C1 2 1 3
Presentación oral A4 A7 A9 B4 C1 C3 4 8 12
Sesión maxistral A3 A7 16 27 43
Análise de fontes documentais A3 A11 B1 C2 C3 2.5 22 24.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa O método de traballo na aula conleva este tipo de aprendizaxe
Estudo de casos Estudiaranse na aula casos concretos de análise literaria comparada
Traballos tutelados Os alumnos elaborarán un traballo de literatura comparada
Obradoiro Traballo na aula que será seguido e orientado polo docente
Presentación oral Exposición do traballo na propia aula ou, no seu caso, ante o docente.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o docente exporá os fundamentos da materia e dará cabida á participación do alumno de xeito interactivo. Tamén explicará a teoría relativa á análise de fontes documentais e a preparación do estudo de casos, ata completar o total de clases teóricas das catorce semanas de curso.
Análise de fontes documentais Exame dos documentos necesarios para realizar estudos comparados

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
No traballo, o docente fará un seguimento do achado do tema, fontes documentais utilizadas, orixinalidade e idoneidade do asunto, pasos previstos no seu desenvolvemento, perspectivas e obxectivos marcados.
Na análise de fontes documentais para o estudo comparado, o docente atenderá os problemas de interpretación que lle xurdan a cada estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 B6 B7 B9 C5 A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 80
Presentación oral A4 A7 A9 B4 C1 C3 Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación na aula ou, no seu caso, na explicación oral da segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) realizarase nos últimos días do curso. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega dese traballo tutelado, axeitadamente deseñado e impreso. Será considerado NP o alumno que non o entregue.

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudiante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Os traballos deben expoñerse e redactarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (artículo 14).

Ao alumnado repetidor, se lle
facilitará a realización de actividades. 

O alumnado con exención de asistencia,
por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co
 docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa
docencia. creto. Programaranse titorías presenciais e non presencias para
cursar satisfactoriamente a materia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, I Boletín Galego de Literatura, 33, . Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, II, Boletín Galego de Literatura, 34. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
TÖTÖSY DE ZEPETNEK, Steven (1998). Comparative literature: theory, method, application. Amsterdam, Rodopi
VILLANUEVA, Darío (1991). El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada. Barcelona, Promociones y Publicaciones Universitarias
GUILLÉN, Claudio (2005 (1ª edición, 1985)). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada (ayer y hoy). Barcelona, Crítica
GNISCI, Armando / SINOPOLI, Franca et alii (2002). Introducción a la literatura comparada. Barcelona, Crítica
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Olivia (2015). La literatura comparada en la Península Ibérica desde un enfoque sistémico e interliterario. Madrid, Universidad Complutense
VEGA, María José / CARBONELL, Neus (1998). La literatura comparada: principios y métodos. Madrid, Gredos
BASSNETT, Susan et alii (edición de Dolores Romero López) (1998). Orientaciones en literatura comparada. Madrid, Arco
MARTÍNEZ TEJERO, Crustina; PÉREZ ISASI, Santiago (eds.) (2019). Perspetivas críticas sobre os estudos ibéricos. Venecia, Edizioni Ca’ Foscari.
LLOVET, Jordi ET ALII (2005, 2012). Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona, Ariel

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non faltar a clase durante o curso



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías