Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Linguas e Tecnoloxías Código 613G02045
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento na que a información e a comunicación constitúen un papel fundamental.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o concepto de tecnoloxía lingüística A1
A3
A11
A14
A15
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B9
C3
C5
C6
C7
C8
Comprender o papel das tecnoloxías linguísticas na sociedade actual A1
A3
A11
B1
B2
B3
B5
C6
C7
Familiarizarse con diferentes ferramentas e recursos lingüísticos A1
A11
A15
B2
B3
B5
B6
B7
B9
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Lingua e Sociedade do coñecemento 1.1. Panorámica das liñas de investigación
1.2. Concepto de tecnoloxía lingüística
1.3. Concepto de Procesamiento de lingua natural (PLN)
2. Lingüística de corpus 2.1. Concepto de corpus
2.2. Diseño, etiquetado e explotación de corpus
3. Dicionarios electrónicos 3.1. Concepto de dicionario electrónico
3.2. Diseño e explotación dun dicionario electrónico
4. Tecnoloxías da fala 4.1. Recoñecemento e Síntese de voz
4.2. Corpus orais
4.3. Sistemas de diálogo
5. Tecnoloxías do texto 5.1. Ferramentas:
- Lematizadores e etiquetadores morfolóxicos
- Analizadores sintácticos
5.2. Aplicacións
- Axuda á redacción
- Tradución automática
- Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A11 B1 B5 C6 15 11 26
Obradoiro A11 B1 B2 B3 B6 B7 C3 9 6 15
Prácticas a través de TIC A11 A15 B1 B2 B9 C4 C5 5 15 20
Proba mixta A3 A14 B1 B3 B6 B7 1.5 20 21.5
Traballos tutelados A14 B1 B2 C7 C8 6 20 26
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentaranse os contidos teóricos facendo uso de transparencias no Power Point, así como de distintas interfaces na web. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate.
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.
Prácticas a través de TIC O estudantado practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibeis na web.
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple.
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o/a estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Tutorías de libre disposición.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 B1 B2 C7 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 70
Obradoiro A11 B1 B2 B3 B6 B7 C3 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 7.5
Prácticas a través de TIC A11 A15 B1 B2 B9 C4 C5 O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibles na web. 7.5
Proba mixta A3 A14 B1 B3 B6 B7 Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.     O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2.      A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 70% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 15% responderá a PROBA MIXTA  que os estudantes realizarán ao remataren a materia e na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. 

Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidade e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 30% da súa nota final pola PROBA MIXTA e un 70% pola realización dos traballos tutelados.

 3.     CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade, así como a proba mixta final de xullo. Os
profesores farán público en xuño qué actividades fará cada alumno, así como
unha serie de instrucións: o prazo de entrega remata coa celebración da proba
mixta de xullo (2ª oportunidade). A porcentaxe da proba final na 2ª oportunidade será de 30% e a dos traballos un 70%. As mesmas actividades sustitutivas realizaranse tamén no caso da convocatoria adiantada de decembro para alumnado de finalización de estudos.

Cualificación de NP. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas (xaneiro ou xullo) e que, ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA

Allen, J. (1995), Natural Language Understanding, J. Benjamins.

Butler, C. S. (ed.) (1992), Computers and Written Texts, Applied Language Studies, Blackwell: Oxford.

Cal, M. et al. (eds.) (2005), Nuevas tecnologías en Lingüística, Traducción y Enseñanza de lenguas, Universidad de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela.

Gómez Guinovart, J. (1999), La escritura asistida por ordenador, Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo, Vigo

Gómez Guinovart, J. (2000), “Lingüística computacional” en F. Ramallo et al. (eds.), Manual de Ciencias da linguaxe, Edicions Xerais, Vigo, p. 221-268

Grishman, R. (1991), Introducción a la lingüística computacional, Visor: Madrid.

Higueras García, M. (2004), “Internet en la enseñanza de español”, en J. Sánchez Lobato e I. Santos Gargallo (eds.), Vademecum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2)/ lengua extranjera (LE), Madrid: Sgel, p. 1061-1085

Hutchins, W. J. e H. L. Somers (1995), Introducción a la traducción automática Visor: Madrid

Lavid, J. (2005), Lenguaje y Nuevas Tecnologías, Cátedra: Madrid.

Mateus, M.H. e A. Horta (orgs.) (1995), Engenharia da linguagem, Colibri: Lisboa.

Martí Antonín, M. A. (coord.) (2003), Tecnologías del lenguaje, Edicions de l’Universitat Oberta de Catalunya, Barcelona.

McEnery, T. y Wilson, A. (1996): Corpus Linguistics, Edimburgo: Edinburgh University Press. Suplemento web: http://www.ling.lancs.ac.uk/monkey/ihe/linguistics/contents.htm

Mitkov, R. (ed.), (2003), The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press.

Moreno Sandoval, A. (1998), Lingüística computacional, Madrid: Síntesis.

Moure, T. e J. Llisterri (1996), “Lenguaje y nuevas tecnologías: el campo de la lingüística computacional”, en M. Fernández Pérez (coord.), Avances en Lingüística aplicada, Santiago: Universidad de Santiago de Compostela, p. 147-227.

Peña Cervel, S. (2010), “Herramientas para la investigación lingüística”, en R. Mairal et al., Teoría lingüística. Métodos, herramientas y paradigmas, Madrid: Editorial universitaria Ramón Areces, UNED, p. 51-107

Rodrigues, J. H. (2000), Introduçom à Linguística como Corpora, Artabria Fundaçom/ Edicións Laiovento.

Vidal Villalba, J. e J. Busquets Rigat (1996), “Lingüística computacional” en C. Martín Vide (ed.), Elementos de Lingüística, Octaedro: Barcelona, p. 393-446.

FERRAMENTAS DE SOFTWARE

Sistemas de Tradución automática e Correctores de libre acceso na web

Interfaces a corpus en diferentes linguas (CREA, Corpus del español, CORGA, TILGA, Intellitext)

Diccionarios en liña en diferentes linguas

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías