Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02046
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras e/ou autores relevantes e significativos da narrativa en lingua galega e portuguesa. Estudo do ensaio galego.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B3
B7
C2
Aplicar na práctica o dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
C2
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. A1
A3
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A23
A27
A28
B1
B4
B6
B8
B9
B10
C2
C4
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura das comunidades lusófonas e das comunidades galegas no exterior. A7
A8
A19
A20
A27
A28
B5
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. A narrativa e o ensaio en lingua galega e portuguesa. 1.1. Cuestións xerais e metodolóxicas.
1.2. Caracterización xeral da narrativa. Criterios de periodización, autores, temática, xéneros e estilos nas diferentes literaturas.
1.3. Caracterización xeral e función sociocultural do ensaio nas diferentes literaturas e nas últimas décadas: o caso galego.
1.4. Análise de de textos representativos dos/as autores/as máis centrais nas literaturas galega e portuguesa das últimas décadas.
2. A narrativa na literatura brasileira contemporánea. 2.1. Principais autores e temas nas últimas décadas.
2.2. Análise de textos representativos dos/as autores/as máis relevantes das últimas décadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A18 A20 B5 B8 C4 11 22 33
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 11 17 28
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 4 15 19
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 3 0 3
Presentación oral A11 A15 B7 C2 4 6 10
Recensión bilbiográfica A11 A15 B5 1.5 6 7.5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 2 8 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada alumno/a deberá realizar, ao longo do curso, a leitura analítica dos libros relacionados no Paso 8 deste Guía como "Libros de leitura obrigatoria", así como dos textos breves de diversa tipoloxía (artigos, capítulos de libro, gráficas, audiovisuais, ...) fornecidos ou indicados polo(s) profesor(es) no inicio das sesións.
Uma das leituras de un dos textos breves analisados será obxecto de apresentación oral.
Traballos tutelados Cada aluno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do trabalho tutelado a correspondente Presentación Oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou, de preferencia, en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía vinculados cos obxectivos da materia de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dos materiais para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos, procedimentais e metodolóxicos fornecidos polo docente en sala de aulas,
- elaboración dunha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do(s) docente(s) dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado e da leitura do texto breve seleccionado co(s) profesor(es) na sala de aulas. Durante esas dúas apresentacións orais, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso.
Recensión bilbiográfica Cada alumno/a realizará a recensión bibliográfica de un dos libros de leitura obrigatoria que figuran como tal no paso 8 deste guía. O libro obxecto de recensión será seleccionado de acordo co(s) profesor(es) da materia.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A11 A15 B5 Será avaliada a recensión de un dos libros de leitura obrigatoria.
Nesta recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo.
5
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 20
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria non recensionados polo estudante será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas será realizado nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
5
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. 15
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Presentación oral A11 A15 B7 C2 Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alén da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica Forcadela, Manuel (2006). ensaio no ano 2006. Anuario de estudios literarios galegos
González-Millán, Xoán (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Unha historia social. Vigo: Xerais
Coelho, Jacinto Prado (dir.) (1987). Dicionário de literatura. Literatura portuguesa, brasileira, galega e estilística (5 vols.). Porto. Figueirinhas (3ª ed.) e atualização (2002-03)
Reis, Carlos (coord.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa (9 vols.). Lisboa: Verbo
Stegagno-Picchio, L. (2004). História da Literatura Brasileira. Rio de Janeiro: Nova Aguilar
Hermida, Modesto (1995). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais
Villarino, C. / Rufatto, L. (2011). O conto brasileiro contemporâneo . Santiago de Compostela: Laiovento
Candido, A. (2004). O direito à literatura e outros ensaios. Coimbra: Ângelus Novus
Forcadela, Manuel (2003). O Ensaio galego durante os anos 2002-2003. Anuario de estudios literarios galegos
Forcadela, Manuel (2005). O ensaio galego en 2005. Anuario de estudios literarios galegos
Forcadela, Manuel (2000). O Ensaio no ano 2000. Anuario de estudios literarios galegos
Forcadela, Manuel (2001). O Ensaio no ano 2001. Anuario de estudios literarios galegos
Forcadela, Manuel (2004). O ensaio no ano 2004. Anuario de estudios literarios galegos
Forcadela, Manuel (2007). O ensaio no ano 2007. Anuario de estudios literarios galegos
Vilavedra, Dolores (2000). Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia

Obras de lectura obrigatoria:

1) O conto brasileiro contemporâneo, de Carmen Villarino e Luiz Rufatto (Orgs.; 2011).

2) Pessoa revistado, de Eduardo Lourenço (1973).

3) Selección ad hoc de narrativas breves contemporáneas, galegas e portuguesas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Literatura Portuguesa 2/613G02037

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías