Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02046
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Profesorado
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao ensaio na literatura galega contemporánea e estudo de diferentes prácticas narrativas desenvolvidas en lingua portuguesa, en varios sistemas literarios, na segunda metade do século XX e no século XXI

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B3
B7
C2
Aplicar na práctica o dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
C2
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. A1
A3
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A23
A27
A28
B1
B4
B6
B8
B9
B10
C2
C4
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura das comunidades lusófonas e das comunidades galegas no exterior. A7
A8
A19
A20
A27
A28
B5
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. O ensaio na literatura galega contemporânea 1.1. Práticas ensaísticas e emergência cultural: as Irmandades da Fala.
1.2. Géneros no sistema literário galego atual. Legitimação do ensaio e tendências repertoriais.
2. Ficção, história e pós-colonialismo na narrativa contemporânea em língua portuguesa 2.1. Questões teóricas e metodológicas.
2.2. Guerra e libertação nacional na narrativa dos PALOP.
2.3. A memória colonial no romance português contemporâneo.
3. A narrativa brasileira contemporânea 3.1. Questões gerais e problemas metodológicos.
3.2. Referências para o estudo da narrativa brasileira atual. Autores/as, repertórios e tendências.
3.3. Género negro e representações da violência.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A18 A20 B5 B8 C4 11 22 33
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 8 16 24
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 6 18 24
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 3 14.5 17.5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa. O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar dúas para o seu estudo monográfico.
Traballos tutelados Cada alumno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do traballo tutelado a correspondente presentación oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía, vinculados de preferencia á lectura dalgunha das obras propostas.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 30
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Traballo en que ao alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario, de preferencia relacionado cunha ou con varias das lecturas de obras ensaísticas ou de ficción. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

Todas as actividades orais e escritas, o traballo tutelado e a proba mixta deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística. No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade serán aplicados as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que na oportunidade anterior. A proba mixta será realizada na data marcada pola Facultade de Filoloxía. Ese mesmo día será o último para a entrega do traballo tutelado, no caso de non ter sido entregado na oportunidade anterior.

O sistema de avaliación na convocatoria adiantada de decembro consistirá nunha proba mixta (50%) e nun traballo tutelado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antelación.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica

TEMA 1

Casas, Arturo. "A axencia político-cultural das Irmandades e a emerxencia de práticas protoensaísticas na Galiza do seu tempo". Henrique Monteagudo e María Dolores Sánchez Vales (eds.). No tempo das Irmandades: fala, escrita, prelos. A Coruña: Real Academia Galega, 2017, 39-52.

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (ed.). As Irmandades da Fala, cen anos despois. A Coruña: Universidade da Coruña, 2016.

Figueroa, Antón. Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Xerais, 2001.

Figueroa, Antón. Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Ames: Laiovento, 2010.

González-Millán, Xoán. “O discurso literario galego e a configuración dun espacio público nacional no primeiro tercio do século XX: un marco de reflexión”. Arturo Casas (coord.),Tentativas sobre Dieste. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1995, 13-29.

Monteagudo, Henrique. “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-20)”, Anuario de Estudos Literarios Galegos 1995, 1996, 63-108.

TEMA 2

Basto, Maria Benedita. A guerra das escritas : Literatura, nação e teoria pós-colonial em Moçambique. Lisboa: Vendaval, 2006.

Chaves, Rita. Angola e Moçambique. Experiência colonial e territórios literários. Cotia: Ateliê Editorial, 2005.

Melo, João de (org.). Os anos da guerra. 1961-1975. Os portugueses en África. Crónica, ficção e história. Lisboa: Círculo de leitores, 1988.

Moutinho, Isabel. The Colonial Wars in Contemporary Portuguese Fiction. Woodbridge: Tamesis, 2008.

Ribeiro, Margarida Calafate. Uma história de regressos. Império, Guerra Colonial e Pós-Colonialismo. Porto: Edições Afrontamento, 2004.

Teixeira, Rui de Azevedo. A guerra colonial e o romance português. Agonia e catarse. Lisboa : Notícias, 1998

Vecchi, Roberto. Excepção Atlântica. Pensar a literatura da guerra colonial. Porto: Afrontamento, 2010.

TEMA 3

Carneiro, F. No país do presente – Ficção brasileira no início do século XXI. Rio de Janeiro: Rocco, 2010.

Chiarelli, S. / Dealtry, G. / Vidal, P. (org.). O futuro pelo retrovisor: inquietudes da literatura brasileira contemporânea. Rio de Janeiro: Rocco, 2013.

Martínez Teixeiro, Alva; Martínez Pereiro, Carlos Paulo. “Da escala de cinza da escrita negra brasileira”. Abriu, 3 (2014), 29-49.

Martínez Teixeiro, A. “Uma possível topografia da narrativa brasileira contemporânea (A problematização da violência, o questionamento da identidade e a hibridação da escrita)”. Joaquim Coelho Ramos, Šarka Grauová, Jaroslava Jindrová (eds.). Língua portuguesa na Europa central: estudos e perspetivas. Praga: Karolinum Press, 2016, 26-41.

Pereira, H. Bonito (org.). Ficção brasileira no século XXI. São Paulo: Mackenzie, 2009.

Rocha, J. C. de Castro. Literatura Brasileira Hoje. Revista Pessoa (Digital), 2015.

Bibliografía complementaria

TEMA 1

Alonso Alonso, María. Transmigrantes. Fillas da precariedade. Rianxo: Axóuxere, 2017.
Ledo Andión, Margarita. Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega. A Coruña: Real Academia Galega, 2009.
Miguélez-Carballeira, Helena. Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela: Através Editora, 2014.
Moure, Teresa. Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas. Compostela: Através Editora, 2014.
Reimóndez, María. Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora, en diálogo con Erín Moure. Santiago de Compostela: Concello de Santiago, USC, 2017.

TEMA 2
Alegre, Manuel. Jornada de África (Romance de Amor e Morte do Alferes Sebastião). Lisboa: Dom Quixote, 1989.
Antunes, António Lobo. Os cus de Judas. Lisboa: Dom Quixote, 1997 [1979]
Cardoso, Dulce Maria. O retorno. Lisboa: Tinta da China, 2011.
Chiziane, Paulina. O alegre canto da perdiz. Lisboa: Caminho, 2008.
Couto, Mia. Vinte e Zinco. Lisboa: Caminho, 1999.
Figueiredo, Isabela. Caderno de memórias coloniais. Coimbra: Angelus Novos, 2009.
Gersão, Teolinda. A árvore das palavras. Lisboa: Dom Quixote, 1997.
Honwana, Luis Bernardo. Nós matamos o cão tinhoso. Porto: Afrontamento, 1972.
Jorge, Lídia. A costa dos murmúrios. Lisboa: Dom Quixote, 1988.
Melo, João de. Autópsia de um mar de ruínas. Lisboa: Dom Quixote, 1992.
Pepetela. Mayombe. Lisboa: Edições 70, 1988 [1980]
Vieira, José Luandino. Nós, os do makulusu. Porto: Edições 70, 1985 [1975]

TEMA 3
Bellotto, Tony. Os insones. São Paulo: Companhia das Letras, 2007.
Férrez. Manual prático do ódio. Rio de Janeiro: Objetiva, 2003.
Fonseca, Rubem. Mandrake: a Bíblia e a Bengala. São Paulo: Companhia das Letras, 2005.
Garcia-Roza, Luiz Alfredo. O silêncio da chuva. São Paulo: Companhia das Letras, 2005.
Maia, Ana Paula. A guerra dos bastardos. Rio de Janeiro: Língua Geral, 2007.
Melo, Patrícia. Inferno. São Paulo: Companhia das Letras, 2000.

* Ao longo do quadrimestre poderão ser fornecidas novas referências bibliográficas, especialmente no que diz respeito às obras de ficção

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Literatura Portuguesa 2/613G02037

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías