Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02046
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao ensaio na literatura galega actual, así como á narrativa nas literaturas de lingua galega e portuguesa da segunda metade do século XX e no século XXI, cunha atención particularizada e mais extensa ao estudo de diferentes prácticas narrativas desenvolvidas na literatura brasileira contemporánea, completada cunha aproximación ao ensaio no mesmo período de este último sistema literario.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán modificacións

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Traballos tutorizados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
– Obradoiros (computa na avaliación)
– Lecturas (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
– A Proba Mixta non se realizará, sendo substituída por “estudo de casos”.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. A demanda do alumnado. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutorizados
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Haberá encontros regulares, con base na planificación inicial da materia, para o atendemento do alumnado, o acompañamento dos traballos, así como para pór en praática o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. No Moodle serán disponibilizados, explicados e atribuídos todos os elementos relacionados cos “estudos de caso” sustitutivos da proba mixta, así como o "aggiornamento" necesario (máis de pormenor) de calqueira outro aspecto do desenvolvemento da materia.
– Teams: Unha sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutorizados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións "ad hoc" necesarias para o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”.

4. Modificacións na avaliación
– Traballos tutorizados (30%): En relación cos traballos tutorizados serán obxecto de avaliación o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional, así como a elaboraciónn de reflexións críticas e a profundidade dos contidos expostos.
– Lecturas (10%): En relación coas lecturas serán obxecto de avaliación a adecuación dos resumos das mesmas, así como a pertinencia das reflexións persoais sobre elas, no contexto dos coñecementos adquiridos e dos contidos desenvolvidos que lles digan respecto.
– Obradoiros (20%): En relación cos obradoiros serán obxecto de avaliaciónn a capacidade analítica dos temas abordados, a cualidade da exposición oral e/ou escrita e a adecuación aos contidos e aos obxectivos propostos derivados das previas lecturas atribuídas.
– Estudo de casos (40%): En relación co estudo de casos será obxecto de avaliación tanto a precisión expresiva e dos contidos, como a adecuación ás competencias xerais da materia dos comentarios, análises e reflexións realizados.
*Observacións de avaliación:
– Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10.
– O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos PRAZOS fixados.
Todas as actividades realizadas por escrito deberán cumprir unhas exixencias mínimas de CORRECCIÓN LINGUÍSTICA. No caso de deficiencias linguístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección linguística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
– Na OPORTUNIDADE DE XULLO serán aplicados, no seu caso, as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que figuran para o caso de continxencia. Todas as actividades previstas serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polo profesorado.
– O alumnado con MATRÍCULA PARCIAL E/OU DISPENSA ACADÉMICA deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá porse en contacto co profesorado através do correo electrónico coa suficiente antecedencia.
– O sistema de avaliación na CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO consistirá nunha proba mixta ou estudos de caso equivalentes (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia.
– A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non tiver entregado ningunha das actividades contempladas no apartado de “avaliación” para o caso dunha posíbel situación de continxencia.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Realizaránse os axustes necesarios para que o estudantado, na medida do posíbel, poida dispor de todos os materiais de traballo precisos en formato dixital en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B3
B7
C2
Aplicar na práctica o dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
C2
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. A1
A3
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A23
A27
A28
B1
B4
B6
B8
B9
B10
C2
C4
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura das comunidades lusófonas e das comunidades galegas no exterior. A7
A8
A19
A20
A27
A28
B5
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. O ensaio na literatura galega contemporânea 1.1. Práticas ensaísticas e emergência cultural: as Irmandades da Fala.
1.2. Géneros no sistema literário galego atual. Posição do ensaio e tendências repertoriais.
2. A narrativa nas literaturas de língua galega ou portuguesa 2.1. Questões procedimentais, gerais e metodológicas
2.2. Percurso histórico e processos de canonização
3. Introdução à narrativa e ao ensaio brasileiros contemporâneos 3.1. Questões gerais e pressupostos metodológicos.
3.2. Referências para o estudo da narrativa e do ensaio brasileiros atuais. Autores/as, repertórios e tendências.
3.3. Textos e contextos histórico-sociais.
3.4. Linhas de continuidade, renovação, inovação e rotura.
4. Tendências da narrativa brasileira contemporânea 4.1. A ficção policial e as representações da violência.
4.2. A ficcionalização das identidades.
4.3. As novas narrativas das ‘margens’ sociais.
4.4. Os novos realismos.
4.5. A vária ficção da ‘literatura exigente’.
4.6. Outras modas e modos ficcionais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A18 A20 B5 B8 C4 11 22 33
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 8 16 24
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 6 18 24
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 3 14.5 17.5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa. O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar dúas para o seu estudo monográfico.
Traballos tutelados Cada alumno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 20
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas terá lugar nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Traballo en que ao alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario, de preferencia relacionado con os contidos do tema 2. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia, sobre un total de 10 puntos, será o
resultado do sumatorio da avaliación –até catro puntos– correspondente
aos temas 1 e 2, impartidos polo Prof. Roberto Samartin Lopez-Iglesias, e da avaliación
–até seis puntos– correspondente aos temas 3 e 4, impartidos polo Prof. Carlos Paulo Martínez Pereiro.

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

Todas as actividades orais e escritas, o traballo tutorizado e a proba mixta deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística. No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico antes de que finalize o mes de febreiro.

Na oportunidade de xullo serán aplicados as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que na oportunidade anterior. A proba mixta será realizada na data marcada pola Facultade de Filoloxía. As outras actividades serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polos docentes.

O sistema de avaliación na convocatoria adiantada de decembro consistirá nunha proba mixta (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior a 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica

TEMAS 1 e 2

A) Manuais / Historias da Literatura

Bosi, Alfredo: História concisa da literatura brasileira, Sao Paulo: Cultrix [ca. 1992].

Gavilanes, José Luis; Apolinário, António (eds.): Historia de la literatura portuguesa. Madrid: Cátedra [2000].

Pires Laranjeira: Literaturas Africanas de expressão portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta, 1995.

Reis, Carlos (dir.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. Lisboa: Verbo (9 vols.)

Saraiva, António José; Lopes, Óscar: História da literatura portuguesa . Porto: Porto Editora [ca. 1992].

Tarrío, Anxo (coord.) Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV). Hércules de edicións: A Coruña.

Vilavedra, Dolores: Historia da literatura galega . Vigo: Galaxia [1999].

VV.AA. (1996). Historia da Literatura Galega (5 vols.). A Nosa Terra: Vigo (http://literaturagalega.as-pg.gal/)

B) Outros contributos

1) Casas, Arturo. “A axencia político-cultural das Irmandades e a emerxencia de prácticas protoensaísticas na Galiza do seu tempo”. Henrique Monteagudo e María Dolores Sa?nchez Vales (eds.), No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos. A Coruña: Real Academia Galega, 2017, 39-52.

2) González-Millán, Xoán (1995): “O discurso literario galego e a configuración dun espacio público nacional no primeiro tercio do século xx: un marco de reflexión”, en Arturo Casas (coord.), Tentativas sobre Dieste. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 13-29.

3) Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (ed.). As Irmandades da Fala, cen anos despois . A Coruña: Universidade da Coruña, 2016.

4) Figueroa, Antón. Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia . Vigo: Xerais, 2001.

5) Figueroa, Antón. Ideoloxía e autonomía no campo literario galego . Ames: Laiovento, 2010.

6) Monteagudo, Henrique (1996): “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-20)”, Anuario de Estudos Literarios Galegos 1995 , 63-108.

7) Weinberg, Liliana (2012): “El lugar del ensayo”, CELEHIS. Revista del Centro de Letras Hispanoamericanas 24: 13-36.

________________________________________________________________________


TEMAS 3 e 4

A) Referencias bibliográficas básicas

—Candido, Antonio. O direito à literatura e outros ensaios. Coimbra: Ângelus Novus, 2004.

—Carneiro, Flávio. No país do presente: ficção brasileira do século XXI. Rio de Janeiro: Rocco, 2005.

—Chiarelli, S.; Dealtry, G.; Vidal, P. (org.). O futuro pelo retrovisor: inquietudes da literatura brasileira contemporânea. Rio de Janeiro: Rocco, 2013.

—Dalcastagnè, Regina (org.). Literatura brasileira contemporânea: um território contestado. Rio de Janeiro: Editora Uerj, 2012.

—Duarte, Eduardo de Assis (org.). Poéticas da diversidade. Belo Horizonte: UFMG/FALE, 2002.

—Esteves, Antônio. O romance histórico brasileiro contemporâneo (1975-2000). São Paulo: Ed. UNESP, 2010 (ebook).

—Garramuño, Florencia. Frutos estranhos: sobre a inespecifidade na estética contemporânea. Rio de Janeiro: Rocco, 2014.

—Ginzburg, Jaime. “O narrador na literatura brasileira contemporânea”, Tintas. Quaderni di letterature iberiche e iberoamericane 2, 2012: 199-221.

—Gomes, Gínia Maria (org.). Narrativas contemporâneas: recortes críticos sobre literatura brasileira. Porto Alegre: Libretos, 2012.

—Krieger Olinto, Heidrun; Schøllhammer, Karl Erik; Simoni, Mariana (orgs.). Literatura e artes na cri?tica contemporânea. Rio de Janeiro, PUC-Rio, 2016.

—Martínez Teixeiro, Alva; Martínez Pereiro, Carlos Paulo. “Da escala de cinza da escrita negra brasileira”, Abriu 3, 2014: 29-49.

—Massi, Fernanda. O romance policial do século XXI: manutenção, transgressão e inovação do gênero. São Paulo: Cultura Acadêmica, 2011.

–Pereira, Helena Bonito (org.). Ficção brasileira no século XXI. São Paulo: Mackenzie, 2009.

—Perrone-Moisés, Leyla. Mutações da literatura no século XXI. São Paulo: Companhia das letras, 2016.

—Pinto, Manuel da Costa. Literatura brasileira hoje. São Paulo: Publifolha, 2004.

—Reimão, Sandra Lúcia . Literatura policial brasileira. Rio de Janeiro: Jorge Zahar, 2005.

—Resende, Beatriz. Contemporâneos: expressões da literatura brasileira do século XXI. Rio de Janeiro: Casa da Palavra, 2008.

—Schøllhammer, Karl Erik. Ficção brasileira contemporânea. Rio de Janeiro: Civilização brasileira, 2009.

—Süssekind, Flora; Dias, Tânia (org.). Cultura brasileira hoje: diálogos [recurso eletrônico]. 3 vols. Rio de Janeiro: Fundação Casa de Rui Barbosa, 2018.

— Martínez Teixeiro, Alva.“Relato de un cierto oriente (La visión de la identidad y de la alteridad respecto a los referentes árabes en la literatura brasileña contemporánea)”, 1616: Anuario de Literatura Comparada 3, 2013: 63-85

—Martínez Teixeiro, Alva. “Uma possível topografia da narrativa brasileira contemporânea (A problematização da violência, o questionamento da identidade e a hibridação da escrita)”, en Ramos, Joaquim Coelho; Grauová, Šarka; Jindrová, Jaroslava (eds.). Língua portuguesa na Europa central: estudos e perspetivas. Praga: Karolinum Press, 2016, 26-41.

—Rocha, João Cezar de Castro. Literatura Brasileira Hoje. Revista Pessoa (Digital), 2015.
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif—Villarino, Carmen; Rufatto, Luiz. [org.] (2011). O conto brasileiro contemporâneo. Santiago de Compostela: Laiovento, 2011.


B) Obras de leitura obrigatoria

1) Ginzburg, Jaime. “O narrador na literatura brasileira contemporânea”, in Tintas. Quaderni di letterature iberiche e iberoamericane, n. 2, 2012, pp. 199-221

2) Martínez Teixeiro, Alva. “Uma possível topografia da narrativa brasileira contemporânea (A problematização da violência, o questionamento da identidade e a hibridação da escrita)”, en Ramos, Joaquim Coelho; Grauová, Šarka; Jindrová, Jaroslava (eds.). Língua portuguesa na Europa central: estudos e perspetivas. Praga: Karolinum Press, 2016, 26-41.

3) Villarino, Carmen; Rufatto, Luiz. (org.). O conto brasileiro contemporâneo. Santiago de Compostela: Laiovento, 2011.

4) Antologia ad hoc de narrativas (breves) brasileiras contemporâneas.

Bibliografía complementaria

* Ao longo do cuadrimestre poderán ser fornecidas novas referencias bibliográficas, especialmente de obras ficcionais.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Literatura Portuguesa 2/613G02037

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías