Identifying Data 2022/23
Subject (*) Narrative and Essays in Galician and Portuguese Code 613G02046
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Galician
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Axeitos Valiño, Ricardo
E-mail
ricardo.axeitos@udc.es
Lecturers
Axeitos Valiño, Ricardo
Mariño Mexuto, Marta
E-mail
ricardo.axeitos@udc.es
m.marinom@udc.es
Web
General description Estudo particularizado de procesos, tendencias e autores relevantes e significativos da narrativa e do ensaio en lingua galega e portuguesa.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.
A28 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Aplicar a análise e o comentario críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B3
B7
C2
Aplicar na práctica o dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
C2
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. A1
A3
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
A18
A19
A23
A27
A28
B1
B4
B6
B8
B9
B10
C2
C4
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura galega, portuguesa e mais das comunidades lusófonas A7
A8
A19
A20
A27
A28
B5
B8
C2

Contents
Topic Sub-topic
1. A narrativa na literatura galega contemporánea. 1.1.A narrativa do Rexurdimento. Modernización na época das Irmandades da Fala.
1.2. Recuperación durante o franquismo. A Nova Narrativa Galega.
1.3. Diversificación do xénero de 1975 á actualidade: autores/as, obras, tendencias e procesos de canonización.
2. A narrativa en lingua portuguesa na contemporaneidade. 2.1. Portugal. Evolución nos séculos XIX e XX. Principais tendencias do XX e posición da narrativa no canon. Correntes actuais.
2.2. Brasil. Construción e lexitimación dunha narrativa nacional. O canon da narrativa brasileira do XX: Autores/as, estéticas e funcións. Tendencias do século XXI.
2.3. Literaturas dos PALOP. A narrativa no contexto da emerxencia política e cultural. Principais autores, obras e tendencias.
3. O ensaio en lingua galega. 3.1. Ensaio e emerxencia cultural: as Irmandades da Fala.
3.2. O ensaio na segunda metade do XX: subxéneros, temáticas e autorías canonizadas. Funcións e principais correntes da actualidade.
4. O ensaio no ámbito literario lusófono. 4.1. Desenvolvemento na literatura portuguesa do XIX e do XX. Principais tendencias actuais.
4.2. Formación histórica do ensaio na literatura brasileira. Tipos e temáticas máis representativas no século XXI.
4.3. A precariedade do ensaio nas literaturas dos PALOP. Causas e factores histórico-literarios.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A7 A17 A18 A19 A20 B5 B8 C4 16 24 40
Workshop A1 A2 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C2 C4 10 20 30
Workbook A2 A4 A8 A10 A11 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 1.5 18 19.5
Supervised projects A2 A3 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B9 1 12 13
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 1 7 8
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Sesións de traballo en que o profesorado explica os contidos teóricos e procedementais fundamentais para que o alumnado poda atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Workbook O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa.
O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar varias delas para o seu estudo monográfico.
Supervised projects Cada estudante realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía.
Mixed objective/subjective test Proba escrita relativa aos contidos do programa que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá contactar co profesorado ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 20
Workbook A2 A4 A8 A10 A11 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 O control das lecturas dos libros de lectura obrigatoria será realizado a través da entrega de fichas de lectura e/ou en sesións específicas na sala de aulas. O control das lecturas breves realizadas terá lugar nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de comprensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da lectura, en relación cos contidos focados e as competencias previstas na materia.
15
Supervised projects A2 A3 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B9 Traballo en que o alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 25
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto o rigor expositivo como a precisión e calidade expresiva na exposición dos contidos. 40
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliábeis. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades
solicitados no prazo fixado. Asemade, todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña"
(artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo
parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co
profesorado para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán
pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral
for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as
condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes
comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da
dispensa académica. 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberase contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, alternativamente, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

As persoas que non superaren a
materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía
para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado [50%] e
superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na
convocatoria adiantada de decembro.


Sources of information
Basic González-Millán, Xoán (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (ed.) (2016). As Irmandades da Fala, cen anos despois. A Coruña: UDC
Núñez Sabarís, Xaquín (2020). Cartografías da narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia
Reis, Carlos (coord.) (1993-2005). História crítica da literatura portuguesa (vols. 5-9) . Lisboa: Verbo
Stegagno Picchio, Luciana & Bosi, Alfredo (2004). História da literatura brasileira. Rio de Janeiro: Editora Nova Aguilar
VV.AA. (1996). Historia da Literatura Galega (5 vols.). Vigo: A Nosa Terra
Saraiva, José António & Lopes, Óscar (1992). História da literatura portuguesa. Porto : Porto Editora
Figueroa, Antón (2010). Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Santiago de Compostela: Laiovento
Monteagudo, Henrique (ed.) (2016). Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. A Coruña: Real Academia Galega
Dalcastangè, Regina (2012). Literatura brasileira contemporânea. Um território contestado. Vinhedo, SP: Horizonte
Pires Laranjeira, José Luís (1995). Literaturas africanas de expressão portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
Salinas Portugal, Francisco (2006). Literaturas africanas en lengua portuguesa. Madrid: Síntesis
Regueira, Mario (2020). Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais
Villarino Pardo, Carmen & Ruffato, Luiz (orgs.) (2011). O conto brasileiro contemporâneo. Santiago de Compostela: Laiovento
Salinas Portugal, Francisco (1997). O texto nas margens. Ensaios de literaturas em língua portuguesa. Santiago de Compostela: Laiovento
Vilavedra, Dolores (2000). Sobre narrativa galega contemporánea. Estudios e críticas. Vigo: Galaxia
Casas, Arturo (2017). “A axencia político-cultural das Irmandades e a emerxencia de práticas protoensaísticas na Galiza do seu tempo”, en H. Monteagudo & M. D. Sánchez Vales (eds.), No tempo das Irmandades. A Coruña: Real Academia Galega
Monteagudo, Henrique (1996). “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-20)”, Anuario de Estudos Literarios Galegos 1995, pp. 63-108. Vigo: Galaxia
Sobrino Freire, Iria (2004). “O ensaio”, en Arturo Casas (coord.), Elementos de crítica literaria, pp. 471-490.. Vigo: Xerais
Complementary

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Portuguese Literature 1/613G02026
Portuguese Literature 2/613G02037

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.