Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Teatro en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02047
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
Profesorado
Tato Fontaiña, Laura
Correo electrónico
laura.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado debe coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular. A1
A14
B1
B6
B7
Utilizar as ferramentas básicas das TICs necesarias para ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático e/ou espectacular. A2
A10
B5
Posuír un coñecemento avanzado dos textos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. A11
A17
A18
A19
A20
B1
B6
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. O teatro portugués e o brasileiro. 1.1 Momentos, autores e obras relevantes no teatro portugués. Dos "Autos" de Gil Vicente a "O Marinheiro", de Fernando Pessoa.
1.2. O teatro brasileiro de José de Alencar ao Teatro do Brinquedo de Álvaro Moreyra.
2. O teatro galego 2.1. A renovación dramática galega. D'A lagarada", de Ramón Otero Pedrayo a "Os vellos non deben de namorarse", de Castelao.
2.2. A refundación do teatro galego na segunda metade do século XX.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 0 45 45
Proba mixta A1 A2 A14 B6 B1 2 12 14
Presentación oral A10 A11 B5 B6 B7 1 28 29
Sesión maxistral A10 A17 A18 B7 B8 22 0 22
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas.
Presentación oral Exposición oral en que o/a estudante analizará na aula un texto dramático, unha montaxe ou unha dramaturxia contemporánea.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Os/as alumnos/as poderán contar con axuda personalizada para a preparación da súa proba oral, a resolución de dúbidas levantadas polas lecturas, a realización do seminario e a proba mixta.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A14 B6 B1 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas. 40
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 O control das lecturas será realizado a traves de discusións dirixidas na aula. 30
Presentación oral A10 A11 B5 B6 B7 Exposición oral en que o/a estudante analizará na aula un texto dramático, unha montaxe ou unha dramaturxia contemporánea. 30
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para fixar as condicións da súa avaliación.
Será considerado/a NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente
á proba escrita ou que non realice a proba oral.
Na segunda oportunidade haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira.


Fontes de información
Bibliografía básica Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Biscainho Fernandes, Carlos C. (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Prado, D. de Almeida (2003). História Concisa do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Edusp
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Global Editora

Obras de lectura obrigada:

António Ferreira: Castro

Ramón Otero Pedrayo: A lagarada

A.D. R. Castelao: Os vellos non deben de namorarse

Nelson Rodriguez: Vestido de noiva

 Roberto Vidal Bolaño: As actas escuras

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Galega/613G02012
Literatura Portuguesa 1/613G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías