Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Teatro en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02047
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado debe coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular. A1
A14
B1
B6
B7
Utilizar as ferramentas básicas das TICs necesarias para ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático e/ou espectacular. A2
A10
B5
Posuír un coñecemento avanzado dos textos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. A11
A17
A18
A19
A20
B1
B6
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Destaques na historia do teatro galego A renovación dramática galega do primeiro terzo de século XX
O teatro galego no exilio americano
A refundación do teatro galego
Dramaturgos, compañías, espazos escénicos e premios na década de 90
2. Destaques na historia do teatro portugués Gil Vicente e o nacemento do teatro portugués
O Renacemento no teatro portugués: Sá de Miranda e António Ferreira
O teatro barroco: Francisco Manuel de Melo e o Judeu
Literatura de cordel
O romantismo de Almeida Garrett
O marinheiro de Pessoa
3. A contemporaneidade nos teatros galego e portugués Novas tendencias na escrita dramática en Portugal e Galiza
O teatro levado aos palcos: principais autores/as e obras; liñas dramatúrxicas
Dramaturxias postdramáticas galegas e portuguesas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 4 32 36
Proba oral A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 6 10 16
Obradoiro A1 A2 A10 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B6 B7 C3 14 32 46
Sesión maxistral A10 A11 A17 A18 B7 B8 10 2 12
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre.
Proba oral Exposición oral individual, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dunha das lecturas obrigatorias. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior, demostrando a lectura da obra.
Obradoiro Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro.
Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Os/as alumnos/as poderán contar con axuda personalizada para a preparación da súa presentación oral, a resolución de dúbidas levantadas polas lecturas e a realización do seminario.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 O control das lecturas será realizado a traves de discusións dirixidas na aula posteriores ás presentacións orais individuais. 25
Proba oral A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 Esta proba, realizada na aula, servirá para o alumnado expor individualmente a súa análise e comentario dunha das lecturas obrigatorias.
A seguir de cada presentación realizarase un diálogo cos/coas compañeiros/as.
25
Obradoiro A1 A2 A10 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B6 B7 C3 O alumnado deberá realizar a análise grupal de dramaturxias e encenacións contemporáneas acordadas co profesor. 50
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para fixar as condicións da súa avaliación. 

Para superar a materia será requisito indispensábel a realización da proba oral e a participación no obradoiro. Quen non realizar ambos os exercicios será considerado/a NON PRESENTADO/A.

Na segunda oportunidade haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira.

Os/as alumnos/as que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberan contactar co profesor antes de concluír o mes de novembro.


Fontes de información
Bibliografía básica Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Biscainho-Fernandes, C-C (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Lourenço Módia, C. & Biscainho-Fernandes, C-C (2000). Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999). Ourense: Abano
(2003). Teatro galego. RSetepalcos 4. Coimbra: Cena Lusófona
Biscainho-Fernandes, C-C (2008). Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego. Compostela: Xunta de Galicia

Obras de lectura:

Castelao: Os vellos non deben de namorarse

Otero Pedrayo: A lagarada

Vidal Bolaño: A burla do Galo

Cándido Pazó: Commedia, un xoguete para Goldoni

Gil Vicente: Farsa de Inês Pereira

António Ferreira: Castro

Casquilharia por força

Pessoa: O marinheiro

Bibliografía complementaria Tato Fontaíña, L. (2001). A construción dun teatro nacional en Castelao. Castelao. Co pensamento en Galiza. Actas do Congreso. Pontevedra: AS-PG / Concello de Pontevedra. pp
Fernández Castro, X.M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia | Bertamiráns: Laiovento
Franco, Camilo (2012). Dez obras na vida de Vidal Bolaño. A Coruña: Biblos
Tato Fontaíña, L. (2013). Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Carvalho Calero, R (2000). Escritos sobre teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Vidal Ponte, R. (2014). Fóra de portas. Santiago: Positivas
Cruz, I. (2001). Historia do teatro português. Lisboa: Verbo
Vasques, E. (2001). Mulheres que escreveram teatro no século XX em Portugal. Lisboa: Colibrí
Cruz, I. (2005). O teatro português. Estrutura e transversalidade. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Pascual, Roberto (2013). Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, L. (2013). Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro. Noia: Toxossoutos
Pena, M. & Enríquez, G. (2013). Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Vigo: Galaxia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Galega/613G02012
Literatura Portuguesa 1/613G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías