Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Teatro en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02047
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Axeitos Valiño, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.axeitos@udc.es
Profesorado
Axeitos Valiño, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.axeitos@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado deberá posuír un coñecemento avanzado dalgúns dos monumentos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. A11
A17
A18
A19
A20
B1
B8
O alumnado deberá coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular e ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático ou dun espectáculo teatral. A2
A11
A14
B1
O alumnado deberá ser capaz de presentar oralmente os resultados das súas análises dunha maneira rigorosa e efectiva, demostrando a súa capacidade de síntese e de xerarquización da información. B6
B7
O alumnado deberá saber pór en relación a información presentada pol@s compañeir@s coas lecturas realizadas e facer comentarios retroalimentadores que demostren a súa capacidade para identificar os valores dun texto dramático e trazar pontes cos outros textos das diferentes dramaturxias en lingua galega e portuguesa. A11
A17
A18
A20
B5
B7
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo na procura de exemplos de dramaturxias e encenacións posdramáticas, ben como de expor os seus resultados de maneira crítica e rigorosa nunha discusión dirixida asíncrona. A11
A14
B1
B6
B7

Contidos
Temas Subtemas
1. Teatro: literatura e encenación 1.1. Reflexións sobre a representación no século XX. Experiencias no ámbito galego-portugués:
__ Teatro Livre de Lisboa
__ Conservatorio Nacional de Arte Galega

1.2. Teatro sen fixación escrita
__ Barriga Verde e a comunicación das subalternas
__ O teatro mozambicano

1.3. O metateatro en lingua galego-portuguesa
2. Teatro Modernista no Brasil e en Portugal e Teatro de Arte na Galiza 2.1. O proxecto de Teatro da Arte de Castelao e as achegas de Otero Pedrayo

2.2. A renovación estética do teatro de Oswaldo de Andrade

2.3. O teatro modernista portugués e as súas dificultades por atinxir os palcos
3. Dramaturgas 3.1. Historiografías dramáticas masculinizadas e autoras invisibilizadas

3.2. Teatro feminista na Galiza e nos países lusófonos

4.3. Dramaturgas dos séculos XX e XXI
4. A actividade teatral fronte ás ditaduras e ao xugo colonial
4.1. A refundación do teatro galego desde 1965

3.2. O teatro portugués e o 25 de abril

3.3. O teatro brasileiro e a resistencia á ditadura

3.5. O teatro de Pepetela e a Angola da pos-independencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 2 32 34
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A11 B8 2 4 6
Discusión dirixida A11 A14 B1 B5 B7 7 21 28
Presentación oral A2 A11 B1 B6 B7 10 20 30
Sesión maxistral A11 A17 A18 B7 B8 8 4 12
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras teatrais que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. Alén destas, o docente fornecerá artigos e estudos especializados sobre os contidos tratados na materia.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento específico escollido entre os propostos polo docente nas primeiras sesións, ora unha representación teatral, ora unha palestra sobre teatro en lingua galega ou portuguesa.
Discusión dirixida Através do espazo de traballo colaborativo en liña o alumnado participará nunha discusión dirixida polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas presenciais após as presentacións orais individuais. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior ás mesmas, demostrando a asimilación das lecturas por medio de comentarios retroalimentadores.
Presentación oral Exposicións orais individuais, na aula, en que se exporá a análise e comentario dun texto dramático en función das pautas fornecidas polo docente e os contidos tratados nas sesións. Cada estudante deberá realizar dúas exposicións de textos diferentes.
En función do número total de alumnado da materia, a segunda presentación poderá realizarse asincronamente, subíndoa ao espazo virtual da materia. Neste caso, a discusión dirixida posterior terá lugar por escrito.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Presentación oral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Discusión dirixida
Descrición
Os/as alumnos/as contarán con axuda personalizada para a preparación das súas presentacións orais e para solventar as dificultades levantadas polas lecturas, a participación na discusión dirixida e as exposicións maxistrais.
Nas primeiras aulas acordaranse as datas e horas das sesións telemáticas conxuntas destas titorías, cuxo acompañamento por parte do estudantado forma parte da planificación da cadeira.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 O control das lecturas será realizado por medio da participación na aula nos diálogos posteriores ás presentacións orais individuais. 30
Presentación oral A2 A11 B1 B6 B7 O/a estudante deberá realizar un mínimo de dúas presentacións de monumentos dramáticos escritos en lingua galega ou portuguesa, unha síncrona presencial e a outra, gravada. Se o número de persoas matriculadas fose elevado, o/a docente poderá propor que se a presentación síncrona presencial se realice por parellas.
Avaliarase a capacidade de focar os aspectos centrais da obra e a súa singularidade, así como de a pór en relación coas temáticas e correntes comentadas nas sesións expositivas. Tamén se ponderará a escolla e comentario oral dun fragmento da mesma.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A11 B8 O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo.
O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado.
10
Discusión dirixida A11 A14 B1 B5 B7 As sesións de aula comenzarán coa posta en común dos lecturas preparatorias previas, nunha rolda voluntaria en que o alumnado desambiguará os termos centrais do texto, focará os aspectos máis significativos, levantará cuestións derivadas e porá en relación os aspectos recollidos na lectura con outros contidos da materia. Esta participación ao longo do cuadrimestre será avaliada até ao 15% da cualificación final.
Aliás, o estudantado participará -nun contexto formal e coas claves da redacción académica- nun foro de discusión asíncrona aberto no Moodle en que o docente proporá unhas liñas temáticas ou preguntas sobre un dos contidos da materia. Para unha correcta participación será preciso realizar unhas lecturas previas sinaladas desde a primeira sesión.
Serán avaliados tanto a interiorización das lecturas e a capacidade de identificar os aspectos máis relevantes, como o diálogo estabelecido co resto de integrantes da turma (para o que será preciso unha lectura demorada dos seus comentarios).
30
 
Observacións avaliación

As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao efecto.

Para superar a materia será requisito indispensábel a realización das presentacións orais e a participación na discusión dirixida. Quen non realizar ambos os exercicios será considerada/o NON PRESENTADA/O.

Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. A presentación oral presencial e a discusión dirixida síncrona sobre a mesma realizaranse en diálogo co docente (e as outras persoas da oportunidade de xullo, se as hober) no día e hora marcados para o exame final oficial. Nese momento tamén se realizará unha proba mixta en que se presentará ao alumnado un texto dramático para pór en relación coas lecturas, que serán avaliadas através desa proba.

As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír.

Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC".


Fontes de información
Bibliografía básica Figueiredo, César Alessandro (2015). "A ditadura militar no Brasil e o teatro: memória e resistência da classe artística", Revista Eletrônica de Ciência Política 6, n. 2. file:///Users/carlosbiscainho/Downloads/44240-167761-1-PB.pdf
Biscainho-Fernandes, C-C (2019). "A dramaturxia galega feminina no século XXI", eHumanista IVITRA, 15, Monogràfic III, Santa Bárbara (California) (Estados Unidos), UC Santa Barbara, 2019, pp. 324-341.
Tato Fontaíña, L. (2009). "A renovación dramática na Galiza e no Brasil: a muller como problema", en Laura Tato Fontaíña & Mª Amparo Tavares Maleval (eds.): Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, Literatura, Ident. Rio de Janeiro
Tato Fontaíña, L. (2009). "Frustracións parapelas: Teatro Modernista Brasileiro e Teatro de Arte Galego", . en Olivia Rodríguez González (ed.): Novas achegas ao mundo da cultura galega. Enfoques literarios e
Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Vasques, Eugénia (1999). "O teatro português e o 25 de abril", . Instituto Camoes
Biscainho-Fernandes, C-C (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Caetano, Cristina Maia (2004). Conhecer o teatro em Moçambique. Pinhel: Pinhel Editora.
Caetano, Ana Cristina Maia (2003). Contributos para o Estudo do Teatro em Moçambique. Dissertaçao de Mestrado
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Garcia Mendes, Miriam (1993). O negro e o teatro brasileiro. Sao Paulo-Rio de Janeiro-Brasília: Hucitec-IBAC
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do teatro brasileiro. São Paulo: Global
Campoi García, Comba (2018). Sen medo ao demo: resistencia simbólica na Galiza da Posguerra:o teatro de títeres de Barriga Verde. Allariz: Dr. Alveiros
Lourenço Módia, C. & Biscainho-Fernandes, C-C (2000). Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999). Ourense: Abano
(2003). Teatro galego. Setepalcos 4. Coimbra: Cena Lusófona
Biscainho-Fernandes, C-C (2008). Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego. Compostela: Xunta de Galicia

TÍTULOS DRAMÁTICOS PARA TRABALLAR NAS SESIÓNS

Manuel Laranjeira,  …Amanhã
Marcelino Mesquita, Uma anedota
Xaime Quintanilla, Alén
Otero Pedrayo, Teatro de máscaras
Oswald de Andrade, A morta

Almada Negreiros, Deseja-se mulher

María Xosé Queizán,  Antígona
Hilda Hilst, O novo sistema
María Estela Guedes, A boba

Vidal Bolaño,  Laudamuco Señor de Ningures
Manuel Lourenzo, Defensa de Helena
Prista Monteiro, A bengala
Chico Buarque et al., Roda viva
Pepetela, A corda

 

TEXTOS DRAMÁTICOS SUSCEPTÍBEIS DE SEREN PRESENTADOS

Xaime Quintanilla, Donosiña.

Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte, O Mariscal

Luís Manteiga, A mecada

Nelson Rodrigues, Álbum de família

Oswald de Andrade, O Homem e o Cavalo

Cotarelo Valledor, Hostia

Rafael Dieste, A fiestra valdeira

Fernando Pessoa, O Marinheiro

Almada Negreiros, O Público em Cena

Xohana Torres, A outra banda do Iberr

Fiama Hasse Pais Brandão, Auto de família

Sílvia Gomez, O céu cinco minutos antes da tesmpestade

Vanessa Sotelo, Nome: Bonita

AveLina Pérez, Os cans non comprenden a Kandinsky

Luís Seoane, A soldadeira

Álvaro Cunqueiro, O incerto Señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

Euloxio R. Ruibal, Zardigot

Daniel Cortezón, Xelmírez ou a gloria de Compostela

Francisco Taxes, O velorio

Manuel Lourenzo, Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca

Manuel Lourenzo, Defensa de Helena

Sttau Monteiro, Felizmente há luar

Bernardo Santareno, Português, escritor, 45 anos de idade

Oduvaldo Vianna Filho, “Vianinha”, Papa Highirte

Gianfranco Guarnieri, Eles não usam black-tie

Bibliografía complementaria Tato Fontaíña, L. (2001). A construción dun teatro nacional en Castelao. Castelao. Co pensamento en Galiza. Actas do Congreso. Pontevedra: AS-PG / Concello de Pontevedra. pp
Fernández Castro, X.M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia | Bertamiráns: Laiovento
Franco, Camilo (2012). Dez obras na vida de Vidal Bolaño. A Coruña: Biblos
Tato Fontaíña, L. (2013). Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Carvalho Calero, R (2000). Escritos sobre teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Vidal Ponte, R. (2014). Fóra de portas. Santiago: Positivas
Cruz, I. (2001). Historia do teatro português. Lisboa: Verbo
Vasques, Eugénia (2001). Mulheres que escreveram teatro no século XX em Portugal . Lisboa: Colibri
Martínez Teixeiro, Alva (2009). O Herói Incómodo. Utopia e Pessimismo no Teatro de Hilda Hilst. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Cruz, I. (2005). O teatro português. Estrutura e transversalidade. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Prado, Décio de Almeida (1993). Peças, pessoas, personagens. O teatro brasileiro de Procópio Ferreira a Cacilda Becker. Sao Paulo: Companhia das Letras
Pascual, Roberto (2013). Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, L. (2013). Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro. Noia: Toxossoutos
Barbosa, Pedro (2005). Teoría do Teatro Moderno. A hora zero. Porto: Edições Afrontamento
Pena, M. & Enríquez, G. (2013). Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Vigo: Galaxia
Pérez, Marta & Vanesa Sotelo (2013). “Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia”. En Revista Galega de Teatro nº 73: 7-16..


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Galega/613G02012
Lingua Portuguesa 1/613G02022
Literatura Portuguesa 1/613G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Portuguesa 2/613G02035
Literatura Portuguesa 2/613G02037

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia ten continuidade en "Literatura e espectáculo", do Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías