Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lecturas de Literatura Española e Hispanoamericana Código 613G02048
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ledo Martínez, Jorge
Correo electrónico
j.ledo@udc.es
Profesorado
Fernández Berrocal, María Encina
Ledo Martínez, Jorge
Correo electrónico
encina.fberrocal@udc.es
j.ledo@udc.es
Web
Descrición xeral Asignatura de carácter práctico na que se levará a cabo unha valoración crítica e estética, así como unha contextualización histórico -filosófica dun corpus de textos literarios seleccionados que se estudarán a partir da elaboración dun comentario de textos. Farase unha introducción metodolóxica que garante ó alumno un bo aprendizaxe por medio dos comentarios propostos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B6
B10
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. A11
B1
Coñecer e aplicar os métodos de análise de textos narrativos e líricos. Ter capacidade para avaliar críticamente un texto lírico e/ou narrativo. Saber facer relacións interdisciplinares. Coñecer a producción poética y narrativa na lingua española. Adquirir capacidade autónoma de criticar textos literarios e valoralos críticamente. Coñecer as propostas literarias do idioma castelán na pensínsula e en hiapanoamérica. A1
A2
A15
B5
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A15
B1
B10
A asignatura propón unha revisión do pensamiento cultural no século XX, partindo do seu fundamento filosófico. Ensinaráse a valorar o pensamiento e o exercicio vanguardista en conxunto, así como a interdisciplinaridade as suas posibilidades como ferramenta dune coñecemento global do fenómeno vangardista. Ensinaráse a valorar a universalidade da arte e do pensamento. A2
A5
A15
B7
O alumno debe saber interpretar modelos culturais e saber as razóns polas que se desenvolven ou fracasan. A7
A11
A15

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Programación do curso
1.2. Bibliografía para unha introdución á literatura española e latinoamericana dos séculos XIX e XX
1.3. Bibliografía para o estudo da teoría literaria do século XX
1.4 Introdución á metodoloxía de traballo ao longo do curso
2. A narración 2.1. Semiótica da narración. O autor e o lector, o narrador e o narratario.
2.2. Gramática da narración. Acontecementos e actantes/axentes
2.3. Gramática da narración. Tempo, modo e voz. 1
2.4. Gramática da narración. Tempo, modo e voz. 2
2.5. De novo coa semiótica do texto narrativo. A narración como obxecto pragmático
2.6. Autonomía da narración. A teoría dos mundos posibles
3. O poema 3.1. Os mecanismos da ficción poética
3.2. A natureza do texto poético. Particularidades formais da poesía hispánica do século XX
3.3. A natureza do texto poético. As formas, as fórmulas e as formulacións
4. O teatro 4.1. A linguaxe teatral (I)
4.2. A linguaxe teatral (II)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A2 A5 A7 A11 A15 2 22.5 24.5
Discusión dirixida A1 A2 A5 A11 B6 B7 6 12 18
Sesión maxistral A7 B10 6 12 18
Actividades iniciais B7 B10 1 0 1
Obradoiro A1 A2 A5 A7 A11 A15 B1 B5 16 32 48
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Consiste na realización de varios comentarios de texto nos que se explicitarán algunhas preguntas e se deixará a liberdade do alumno a selección de outros aspectos salientables e que deben tratarse. A proba incluirá unha mostra das diferentes técnicas que se utilizarán no obradoiro e nas discusións dirixidas.
Discusión dirixida Partindo dun asunto ou idea paraa reflexión proposta polo profesor, os alunos irán elaborando o seu propio discurso crítico utilizando as ferramentas que lles foron proporcionadas. Deberán defender a sua postura como a adecuada, deberán propor argumentos que a sustenten de xeito científico.
Sesión maxistral A sesión maxistral serve para fixar a metodoloxía e a contextualización histórico-estética dos textos cos que se traballará no obradoiro e nas discusión dirixidas.
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de exercicios prácticos diversos nos que se persigue o dominio da disciplina mediante a práctica e a metodoloxía. Os alumnos farán comentarios, manipularán textos, farán exposicións e articulacións de ideas conrecreación intelectual dos contextos históricos e situacións comunicativas,agás da reflexión estética e a contextualización socio-histórica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba mixta
Discusión dirixida
Descrición
O carácter práctico da materia obriga a poñer a atención na singularidade dos alumnos, por iso en cada unha das metodoloxías, e obrigado ter en conta a diversidade e dispor dun tempo axeitado para poder atendela, tarefa que comprende a explicación detallada do que se persegue e a metodoloxía específica que se consideraría máis axeitada para conseguilo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A7 A11 A15 B1 B5 Realización de exercicios encamiñados a adquisicón dun dominio excelente dos textos literarios dende o punto da creación e da crítica literaria, histórica e estética.

Os exercicios poden ser individuais e colectivos e realizaránse dentro da aula, ou fora dela se fora pertinente.
60
Proba mixta A1 A2 A5 A7 A11 A15 Resolución de problemas plantexados en exercicios prácticos. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, os alumnos deben conseguir unha cualificación mínima de cinco (5) en casa una das metodoloxías avaliables: proba mixta e taller neste caso. Os alumnos que non sexan avaliados positivamente na primeira convocatoria, deberán facer unha nova proba mixta, ademais dun traballo individualizado, se o alumno suspendese o taller, dependendo en cada caso das competencias que deba incrementar para chegar á cualificación mínima indicada.

Os alumnos con dispensa académica deberán informar da súa condición ao profesor ao comezo do curso e esa dispensa terase en conta. O profesor deseñará un sistema de avaliación que, ademais doutras actividades, como prácticas textuais e bibliográficas, incluirá unha proba mixta especialmente formulada para un alumno que non participase nas sesións do taller. A avaliación será simétrica na primeira e a segunda oportunidade.

A primeira convocatoria avaliarase cunha proba mixta na que se poderá incluír unha práctica de comentario. 

Cualificarase con «non presentado» aos alumnos que non entreguen as prácticas do obradoiro e/ou non se presenten á proba mixta.


Fontes de información
Bibliografía básica Antonio Machado (1913). A José María Palacio.
Vicente Huidobro (1931). Altazor (selección).
Pablo Neruda (1950). Amor América (1400).
Vicente Huidobro (1916). Arte poética.
Jorge Luis Borges (1960). Borges y yo.
Julio Cortázar (1964). Continuidad de los parques.
Luisa Valenzuela (1982). De noche soy tu caballo.
Horacio Quiroga (1917). El almohadón de plumas.
Quim Monzó (2007). El amor es eterno.
Gabriel García Márquez (1982). El avión de la bella durmiente.
Federico García Lorca ((a. 1936)). El poeta habla por teléfono con el amor.
Elena Poniatowska (1979). El recado.
Enrique Anderson Imbert ((——)). El suicida.
Carmen Conde (1962). Entre la playa de la horadada y el puente de Grecia.
Juan Rulfo (1953). Es que somos muy pobres.
Julio Cortázar (1979). Graffiti.
Augusto Monterroso (1978). Imaginación y destino.
Federico García Lorca (1936). La casa de Bernarda Alba.
Quim Monzó (1994). La fe.
Augusto Monterroso (1969). La honda de David.
Jorge Luis Borges (1941). La lotería de Babilonia.
Juan José Arreola (1952). La mígala.
Antonio Machado (1916). La muerte de Rubén Darío.
Gabriel Celaya (1955). La poesía es un arma cargada de futuro.
Rubén Darío (1905). Lo fatal.
Jorge Luis Borges (([1939] 1949)). Los dos reyes y los dos laberintos.
Julio Cortázar (1956). No se culpe a nadie.
Jorge Luis Borges (1960). Poema de los dones.
Rubén Darío (1896). Responso.
Federico García Lorca (1928). Romance Sonámbulo.
Augusto Monterroso (1959). Sinfonía concluida.
Jaime Sabines (1961). Te quiero a las diez de la mañana….
Eloy Tizón (1992). Velocidad de los jardines.

Dado que esta materia forma parte do programa de estudo dos alumnos do Grao en Galego e Portugués e do Grao en Inglés, os seus contidos foron deseñados con dous obxectivos en mente. En primeiro lugar, familiarizar ao estudante coa literatura española e latinoamericana dos séculos XIX e XX a través da lectura de textos especialmente breves e, en segundo lugar, complementar a análise das obras literarias coa lectura de breves estudos de teoría literaria que permitan que os estudantes se familiaricen co uso de conceptos e de terminoloxía da teoría e da análise literaria.

Con ese fin, creáronse dous dossieres, un de textos literarios (os títulos incorpóranse aquí, por se algún dos estudantes quixese lelos previamente) e outro de textos de teoría literaria, que o estudante poderá adquirir no servizo reprográfico da Facultade antes do comezo do curso. Devanditos dossieres van acompañados dunha bibliografía básica e da programación de lecturas durante o curso. 

As lecturas dos textos teóricos serán guiadas e ao final da sesión de cada semana subirase ao moodle unha guía de lectura que os alumnos deberán completar e levar, como exercicio preparatorio, á sesión seguinte. Dependendo o tamaño do grupo e da participación, completar estas guías poderá equipararse coa proba mixta, sempre a criterio do profesor.

Bibliografía complementaria Rainer Warning (ed.) ([1975] 1989). Estética de la recepción. Madrid: Visor
Tzvetan Todorov ([1957] 2012). Teoría de la literatura de los formalistas rusos, trad A. M. Nethol. Madrid: Biblioteca Nueva
Enric Sullà Álvarez (ed.; trad) (1996). Teoría de la novela: antología de textos del siglo XX. Barcelona: Crítica
Antonio Garrido Domínguez (ed.; trad. ) (1997). Teorías de la ficción literaria. Madrid: Arco Libros

Como se dixo máis arriba, os textos teóricos que acompañan aos textos literarios poderanse recoller en reprografía antes de que comece o curso. Con todo, para aqueles alumnos que queiran familiarizarse con textos de teoría literaria (narratoloxía en especial) antes do curso ou complementar as lecturas do mesmo, recoméndanselles as seguintes antoloxías.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías