Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua Inglesa 1 Código 613G01003
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece formación teórico-práctica na descrición e uso da lingua inglesa de maneira que se garanta un dominio práctico da mesma a un nivel intermedio-alto. O alumnado debería conseguir consolidar –unha vez que se cubran os contidos da materia– todas as competencias do nivel B1 e unha boa parte das competencias do nivel B2, dentro dos seis niveis que se distiguen no Marco Europeo de Referencia. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes empecen o curso cun nivel intermedio e inglés (como mínimo un nivel B1 do Marco Europeo).

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seguir unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de expresar sorpresa, felicidade, tristeza, interese, indiferenza etc. A6
B4
C2
Entender as ideas principais dun discurso oral ou escrito sobre asuntos cotiáns, de actualidade, ou sobre temas persoais, separándoas dos detalles específicos. A6
B4
C2
Comprender a descrición de acontecementos, de sentimentos e de desexos en cartas persoais e en textos relacionados cos campos semánticos do programa. A6
B3
C2
Localizar información relevante en textos longos ou obter información de distintas partes do texto ou de varios textos para resolver un problema específico, así como identificar as conclusións en textos de argumentación claros e recoñecer a liña desa argumentación. A6
A15
B5
B6
C2
Expoñer e cohesionar de forma máis ou menos elaborada experiencias, desexos, opinións, proxectos, reaccións etc. A6
A9
A15
B4
C2
Comentar as opinións doutras persoas, comparando e contrastando alternativas, avaliando que facer, a onde ir, ou que elixir. A6
A9
A15
B4
C2
Presentar un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados o outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A9
A15
B1
B3
B5
B6
C3
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas que son coñecidos ou de interese persoal e describir experiencias e impresións así como formular peticións ou solicitudes concretas de xeito sinxelo. A6
A9
A15
B3
B4
B6
C2
Entender as ideas principais dun discurso oral ou escrito sobre asuntos cotiáns, de actualidade, ou sobre temas persoais, e separalas dos detalles específicos. A1
A6
A10
B3
B4
B7
B8
C1
C5
C7
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas que son coñecidos ou de interese persoal e describir experiencias e impresións así como formular peticións ou solicitudes concretas de xeito sinxelo. A9
A11
B3
B4
C1
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1.Gramática 1.1. Formación de preguntas
1.2. Determinantes, cuantificadores e nomes
1.3. Adxectivos e adverbios
1.4. Tempos verbais
1.5. A voz pasiva
1.6. Os verbos modais
1.7. Verbos con partícula e frases idiomáticas

2.Vocabulario 2.1. Educación e aprendizaxe
2.2. Personalidade, apariencia e carácte
2.3. Viaxe e movimento
2.4. Actividades deportivas e de ocio
2.5. Comida e bebida
3.Comprensión lectora Faranse lecturas de relatos e usaranse textos variados de distintas fontes para introducir ou expoñer algúns dos temas, para consolidar o vocabulario dos estudantes e como base para exercicios de comprensión lectora, tanto dentro como fóra da aula.
4. Expresión escrita


O estudantado terá que entregar varias tarefas de expresión escrita durante o cuadrimestre relacionadas cos temas de gramática e vocabulario traballados na aula.Daranse instruccións específicas para cada tarefa.
5.Comprensión auditiva

Esta parte do curso centrarase na práctica de exercicios de comprensión auditiva ou audiovisual, extraídos de libros de texto ou de materiais auténticos. Faranse na aula ou fóra dela como parte do proceso de autoaprendizaxe.
6. Expresión oral Practicarase na aula mediante a participación durante as sesións pero principalmente en grupos pequenos a través de actividades comunicativas propostas polo profesorado ou o alumnado. Ademáis o inglés será o vehículo de comunicación habitual entre alumnado e profesorado dentro da aula.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 B4 2 0 2
Sesión maxistral A6 A15 B3 B4 B5 C2 C7 10 15 25
Seminario A6 A9 A15 B3 B4 B5 13 15 28
Discusión dirixida A6 A9 A15 B4 B5 C2 C4 7 3 10
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 0 6 6
Lecturas A6 A11 B1 B3 B6 C2 0 10 10
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 C3 C5 0 15 15
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 2 18 20
Proba mixta A1 A6 A9 A15 B1 B3 B6 C1 C2 3 15 18
Aprendizaxe colaborativa A10 B3 B4 B6 B7 B8 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Lecturas Nesta materia chamarémoslle lecturas a todo o material que o estudantado terán que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de reading comprehension así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos desde o primeiro día de clase.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado así como a aprendizaxe colaborativa e as relacións entre a universidade e o entorno sociocultural no que se asenta. O "project" exporase en clase e entregarase tamén unha versión por escrito.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesorado, o que lle permite visualizar o progreso do alumnado. Na nosa materia deberá incluirse no portafolios todo o traballo persoal que o alumnado desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia. Valorarase especialmente a inclusión dun diario de aprendizaxe escrito en inglés e feito con orixinalidade e creatividade.
Proba mixta
Nesta materia a proba mixta consistirá nunha proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
O profesorado corrixirá ao longo do curso un máximo de catro redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta os seus erros ou carencias e comentalos coas profesoras antes de reescribir os traballos. Asemade, poderán facer todo tipo de consultas ou peticións de orientación sobre o material de autoaprendizaxe que queiran manexar.

Para a realización do traballo tutelado é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo na aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A6 A11 B1 B3 B6 C2 Será obrigatorio ler un mínimo de dúas narracións breves en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre elas por escrito.
Ademáis realizarase unha proba na aula nas últimas semanas do cuadrimestre OU na data oficial no período de avaliación, na que o alumnado deberá contestar a certas preguntas sobre un texto que se lles proporcionará no momento da proba.
15
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2
O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 6 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final.
10
Proba mixta A1 A6 A9 A15 B1 B3 B6 C1 C2
Ao longo do curso o alumnado realizará dúas probas de uso da lingua, que avaliarán todo o traballo feito nas aulas. Se non acadan máis dun 5, deberán realizar a proba final de Use of English na data oficial de xaneiro.
30
Seminario A6 A9 A15 B3 B4 B5 A avaliación das competencias de comprensión auditiva que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través de dous exercicios de "listening comprehension" (15 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre.
A asistencia e participación activa nas distintas partes da materia poderá supoñer ata un 5% da nota.
20
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 C3 C5
O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre.
10
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 No portafolios avaliaremos as tarefas de produción escrita (un mínimo de dúas) realizadas ao longo do curso. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a implicación persoal e a transversalidade. 15
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables
deberá ser 5 sobre
10, tendo en conta que a cualificación
mínima
das probas obxectivas de Use of English e das probas que
avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que
acaden máis dun 5 nas probas prácticas de "Use of English" feitas ao
longo do cuadrimestre estarán exentos do exame de "Use of English" na
proba de xaneiro.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen
causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0.     

Os alumnos/as que non se presenten o día das probas
obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron
máis do 50% de actividades durante o curso.

A participación dinámica nas diferentes
tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o
alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na
nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou
calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado
e aceptada polo profesorado.

OPORTUNIDADE de XULLO: Os/as estudantes que
en xuño non superen a materia ou aqueles que teñan menos dun 4
nalgunha das partes
–aínda que a nota total sexa superior a 5– deberán ir á
oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter
alcanzado as
competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas
destrezas coa seguinte distribución de porcentaxes: comprensión auditiva
(15%), redaccións sustitutorias das feitas na aula (15%) , traballo
escrito e
defensa do mesmo en sustitución do "project" (10%), comprensión lectora
(15%), unha entrevista oral individual co profesorado (10%) e proba
mixta (35%). 

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade:

Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.


Fontes de información
Bibliografía básica Mann, M. & S. Taylore-Knowles (2006). Destination B2. Grammar and Vocabulary.. MacMillan Publishers (WITH KEY(
Thomas, B, Hashemi, L. & L. Matthews (2015). Grammar and Vocabulary for First (with answers). Cambridge University Press
Outros libros de interés:


· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin.

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin.

· Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann.

· Brook-Hart, G. 2008. Complete First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P

· Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Littlejohn, A. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: C.U.P.

· McCarthy, M. & F. O’Dell. 2002. English Vocabulary in Use. Cambridge: C.U.P.

· Murphy, R. 1990. English Grammar in Use. Intermediate. 1985. Cambridge: C.U.P.

· Prodromou, L. 1999. Grammar and Vocabulary for First Certificate. Harlow: Longman.

· Redston, C. & G. Cunningham. 2007. Face2Face Upper-intermediate. Cambridge: Cambridge University Press.

· Swan, M. & C. Walter. 1997. How English Works. Oxford: O.U.P.

· Swan, M. 1996. Practical English Usage. Oxford: O.U.P.

· Thomson, A.J. & A.V. Martinet. 1993. A Practical English Grammar. Oxford: O.U.P. (4th edition; this grammar is supplemented with two exercise books with answer key).

· Vince, Michael. 2009. First Certificate Language Practice. English Grammar and Vocabulary. MacMillan Publishers. 


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías