Identifying Data 2016/17
Subject (*) Lingua e Cultura Clásica Code 613G01006
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First FB 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Filoloxía Española e Latina
Coordinador
Ferraces Rodriguez, Arsenio
E-mail
a.ferraces@udc.es
Lecturers
Ferraces Rodriguez, Arsenio
E-mail
a.ferraces@udc.es
Web
General description Estudo da lingua latina e doutros aspectos da cultura latina da Antigüidade, con especial atención á comprensión, explicación e tradución de textos.

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina A1
A23
B1
C3
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A2
B7
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa pervivencia na civilización occidental A13
B8
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos A11
B7
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e outras ferramentas de procura de información adquirindo capacidade de autoformación no campo de estudos da filoloxía latina. A11
B1
B3
C3
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia das literaturas española, galega e inglesa A14
B5
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8

Contents
Topic Sub-topic
1. Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado 1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo da cultura clásica e da lingua latina
1.2 Outros recursos dispoñibles na web
2. Morfoloxía nominal da lingua latina I
2.1 Concepto de caso e de declinación
2.2 A flexión dos substantivos
2.3 A flexión dos adxectivos

3. Morfoloxía nominal da lingua latina II 3.1 A flexión dos pronomes persoais
3.2 A flexión dos pronomes demostrativos
3.3 A flexión dos pronomes fóricos
3.4 A flexión do pronome relativo
4. Morfoloxía verbal da lingua latina 4.1 As formas do tema de presente
4.2 As formas do tema de pasado
4.3 As formas da voz pasiva
4.4 Infinitivos, xerundio e participios
5. Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo 5.1 Funcións e usos dos casos
5.2 Sintagmas preposicionais
5.3 As oracións de relativo
6. Sintaxe da lingua latina II: a subordinación substantiva 6.1 As oracións de infinitivo (AcI)
6.2 As oración ssubordinadas substantivas sindéticas (conxuncións quod, ut, ne)
7. Sintaxe da lingua latina III: a subordinación adverbial 7.1 Oracións causais
7.2 Oracións temporais
7.3 Oracións finais
7.4 Oracións consecutivas
7.5 Oracións condicionais
7.6 Oracións concesivas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A13 A14 B3 22 22 44
Workbook A13 B8 0 20 20
Document analysis A1 A2 A11 B5 B7 C3 22 44 66
Objective test A23 B1 B6 2 16 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Workbook Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor.
Document analysis Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales. A aprendizaxe da lingua e da cultura clásicas serán simultáneas, explicándose esta última tamén a través da lectura e comentario dos textos latinos.
Objective test Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Description
O estudante poderá asistir a tutorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas. Para evitar esperas innecesarias, recoméndase, ainda que non é obrigatorio, concertar unha cita co profesor. De ser necesario, a cita non terá por qué limitarse ó horario de tutoría establecido oficialmente. O profesor intentará acomodarse ás necesidades do alumno, sempre que non llo impidan as súas restantes obrigas docentes e investigadoras.
Salvo excepcións xustificadas ou casos de urxencia maior, as tutorías terán lugar de maneira individual e presencial, non a través do correo electrónico. A eventual entrega de traballos ó profesor deberá facerse tamén persoalmente. Calqueira entrega non feita por esta vía, por exemplo deixando material en conserxería ou no casilleiro do profesor, non será tida en conta no proceso de avaliación.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A13 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor. 10
Document analysis A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. 40
Objective test A23 B1 B6 Proba escrita individual de carácter práctico que se efectuará unha vez rematado o período de clases. Constará de dúas partes: a primeira conterá exercicios sobre cuestións básicas de morfoloxía e de sintaxe latinas e dará lugar ó corenta por cento da nota deste apartado; a segunda parte, que aportará o sesenta por cento restante, consistirá na explicación da lingua e do contido dun ou de varios textos latinos propostos polo profesor. Este especificará se o alumno debe ou non efectuar a tradución do texto ó galego ou ó castelán. En ningún caso recibirá puntuación unha resposta que non se ateña estrictamente á pregunta realizada. Non será posible superar a materia se na parte relativa a morfoloxía e sintaxe latina non se acada un mínimo de cinco puntos sobre dez. Unha vez acadada esta puntuación sumarase a puntuación que lle corresponde á explicación dos textos latinos, así como a do apartado de lecturas e de análise de fontes documentais. 50
 
Assessment comments
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.

Sources of information
Basic Georges Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Atenea
J. Molina Yévenes (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona
Tomás González Rolán e Lisardo Rubio (1985). Nueva gramática latina. Madrid
Lisardo Rubio (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones clásicas
J.M. Baños Baños (2009). Sintaxis del latín clásico. Madrid. Liceus

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

 

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

Analecta Malacitana (Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm 

 

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

 

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

 

Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

 

Traducións castelás da Eneida

 

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida_(Ochoa) (Traducción de Eugenio de Ochoa)

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida (traductor desconocido)

 

Traducións inglesas da Eneida

http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=722084 (Dryden)

http://www.bibliomania.com/0/2/173/1106/frameset.html

 

A Eneida na Wikipedia

http://en.wikipedia.org/wiki/Aeneid

http://es.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://gl.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://pt.wikipedia.org/wiki/Eneida

 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
É imprescindible que os estudantes teñan coñecementos asentados sobre o morfoloxía e a sintaxe da linguas en xeral, e en particular do galego e do castelán, así como unhas nocións básicas acerca do funcionamento do sistema morfolóxico da lingua latina.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.